Fernando Sánchez Dragó

Fernando Sánchez Dragó, nado en Madrid o 2 de outubro de 1936 e finado en Castilfrío de la Sierra (provincia de Soria) o 10 de abril de 2023, foi un escritor e xornalista español.

Infotaula de personaFernando Sánchez Dragó
Fernando Sánchez Dragó
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de abril de 2023 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Castilfrío de la Sierra, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónColegio Nuestra Señora del Pilar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura española e filoloxía hispánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , presentador de televisión , crítico literario , político , escritor , filólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTelevisión Española Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa, ensaio, antropoloxía, mitoloxía
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
18 de outubro de 2018Q69366108 Traducir
14 de marzo de 2018Manifesto for History and Freedom (en) Traducir
14 de xullo de 2014manifesto «Libres e Iguais»
19 de xuño de 2002Manifesto Against the Death of the Spirit and the Earth (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosAyanta Barilli Editar o valor em Wikidata
PaiFernando Sánchez Monreal Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina websanchezdrago.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0844704 Dialnet: 158762 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Familia

Sánchez Dragó era sobriño-neto de Modesto Sánchez Ortiz, director de La Vanguardia, e era neto de Gerardo Sánchez Ortiz, un dos fundadores da Asociación da Prensa de Madrid.​​

Foi o fillo máis vello de Elena Dragó Carratalá​​ e o fillo único e póstumo do periodista Fernando Sánchez Monreal, que fora redacto-xefe do diario La Voz, e que tamén fora director e propietario do periódico Noti-Sport e director da axencia de noticias Febus cando se produciu a Guerra civil española e durante a que foi asasinado en Burgos en setembro de 1936.

Primeiros anos

Naceu no barrio de Salamanca,​ e ten afirmado que, de neno, pasaba moito tempo falando co seu anxo da garda, chamado Jai.

Estudou no Colegio del Pilar, de Madrid e estudou e se licenciou en Filoloxía Románica (1959) e Linguas Modernas, na especialidade de italiano (1962) e acadou o doutoramento en Letras pola Universidade de Madrid, cunha tese sobre Valle-Inclán.

Foi militante comunista durante a súa mocidade e pasou pola prisión varias veces pola súa oposición ao franquismo. Porén, as súas posturas foron evolucionando ata o liberalismo e un orientalismo espiritual esotérico que rexeita a modernidade, influenciado por Vicente Risco xunto coa filosofía grega.

Pasamento

O 10 de abril de 2023, faleceu na súa casa de Castilfrío de la Sierra logo de sufrir un ataque ao corazón.

Vínculos con Galicia

En 1979 publicou Gárgoris y Habidis. Una historia mágica de España, que tivo moito éxito e recibiu o Premio Nacional de Ensaio. Foi unha obra transgresora e heterodoxa que rachaba co nacionalcatolicismo e centralismo oficiais no franquismo. Nela, analizaba os mitos e lendas dun posíbel inconsciente colectivo ibérico. Influído por Vicente Risco, abórdanse temas vinculados a Galicia como o megalitismo, os celtas, Hércules, o priscilianismo, o camiño de Santiago, a figura do Apóstolo Santiago, a Raíña Lupa o Santo Graal do Cebreiro, un capítulo dedicado a Galicia cun punto de vista galeguista, as relacións entre Galicia e Irlanda, a licantropía, as cidades somerxidas, os druídas, Fisterra, San Brandán, Santo André de Teixido e o cabo Ortegal, a Estaca de Bares, a Santa Compaña, Casitérides, o nó de Salomón, os mouros, a escritura ógmica, Oestrimnios, o curandeirismo.

Entre outras influencias da abondosa bibliografía de máis de mil volumes están autores galegos, Benito Jerónimo Feijoo algúns da Xeración Nós como López Cuevillas e Otero Pedrayo ademais de Manuel Murguía, Antonio Fraguas, Bouza-Brey, Victoria Armesto, Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Carré Aldao, Xosé Filgueira Valverde, Méndez Ferrín ou Federico Maciñeira. Tamén se documentou coa Revista Nós.

O autor chegou a afirmar que a obra influíu no galeguismo, e foi eloxiada por Eduardo Blanco Amor ou José Saramago, amigos do autor. Tamén por Carlos Casares, que o definiu como un "exercicio estilístico sen precedentes". Sobre Dragó declarou:

Apaixonado e reflexivo, independente, irrespectuoso, iconoclasta, cristián, místico, visceral, lúcido, teimón, arbitrario, seguro, sarcástico, despectivo, intelixente e incriblemente culto Carlos Casares

A obra tamén foi eloxiada polos historiadores Claudio Sánchez-Albornoz, Domínguez Ortiz e José Antonio Maravall. O estilo da obra está inspirado en Valle-Inclán, e influíu, do mesmo xeito, na obra de Ramón Sainero.

En 1984 publicou Finisterre. Sobre viajes, travesías, naufragios y navegaciones, obra na que colaborou Valentín Paz Andrade; e, en 1999, publicou Historia mágica del Camino de Santiago.

Polémicas

Nunhas declaracións no seu libro Dios los cría y ellos hablan de sexo, drogas, España, corrupción… (2010) presumiu de ter abusado de dúas nenas menores de idade, de trece anos, cando vivía no Xapón nos sesenta e era profesor de literatura. Segundo a versión do propio Sánchez Dragó, afirmou que se tratou de ficción.

Obra

  • España viva (Muchnik Editores, 1967)
  • Gárgoris y Habidis. Una Historia mágica de España (Libros Hiperión, 1978)
  • La España mágica: Epítome de Gárgoris y Habidis (Alianza Editorial, 1983)
  • Eldorado (Editorial Planeta, 1984)
  • Finisterre. Sobre viajes, travesías, naufragios y navegaciones (Editorial Planeta, 1984)
  • Ideas para una nueva política cultural (Ediciones Almar, 1984)
  • Las fuentes del Nilo: protocolos del camino de Damasco (Editorial Planeta, 1986)
  • Del priscilianismo al liberalismo. Doble salto sin red (Editorial Prensa y Ediciones Iberoamericanas, 1987)
  • Volapié. Toros y tauromagia (Espasa-Calpe, 1987)
  • El camino del corazón (Editorial Planeta, 1990), coa que quedou finalista no Premio Planeta.
  • Diario de un guerrero. La Dragontea, I (Editorial Planeta, 1992)
  • La prueba del laberinto (Editorial Planeta, 1992)
  • Calendario espiritual (Temas de Hoy, 1992)
  • Discurso numantino. Segunda y última salida de los ingeniosos hidalgos Gárgoris y Habidis (Editorial Planeta, 1995)
  • La del alba sería. Mis encuentros con lo invisible (Editorial Planeta, 1996)
  • Diccionario de la España Mágica (con Antonio Ruiz Vega) (Espasa-Calpe, 1997)
  • En el alambre de Shiva. La Dragontea, II (Editorial Planeta, 1997)
  • El camino hacia Ítaca. La Dragontea, III (Editorial Planeta, 1998)
  • Historia mágica del Camino de Santiago (Editorial Planeta, 1999)
  • Carta de Jesús al Papa (Editorial Planeta, 2001)
  • El Sendero de la Mano Izquierda (Martínez Roca, 2002)
  • Sentado alegre en la popa. La Dragontea, IV (Editorial Planeta, 2004)
  • Kokoro: A vida o muerte. Dragó entrevista a Dragó (La Esfera de los Libros, 2005)
  • Muertes paralelas (Editorial Planeta, 2006)
  • Libertad, fraternidad, desigualdad. Derechazos (Editorial Áltera, 2007)
  • Diario de la Noche. Los textos más polémicos del informativo nocturno más personal (Editorial Planeta, 2007)
  • Y si habla mal de España... es español (Editorial Planeta, 2008)
  • Soseki. Inmortal y tigre (Editorial Planeta, 2009)
  • con Albert Boadella: Dios los cría... (Editorial Planeta, 2010)
  • El lobo feroz (Editorial Áltera, 2011)
  • Esos días azules. Memorias de un niño raro (Editorial Planeta, 2011)
  • con Ayanta Barilli: Pacto de sangre (Editorial Planeta, 2013)
  • La canción de Roldán: Crimen y castigo (Editorial Planeta, 2015)
  • Shangri-La: El elixir de la eterna juventud (Editorial Planeta, 2016)
  • España vertebrada (Editorial Planeta, 2019)
  • España guadaña. Arderéis como en el 36 (Editorial Almuzara, 2019)
  • Galgo corredor. Los años guerreros. 1953-1964 (Editorial Planeta, 2020)
  • Habáname (Harkonnen Books, 2021)
  • Un paseo por el honor y la muerte (Editorial Almuzara, 2022)

Premios

Como escritor

  • Premio Nacional de Ensaio (España) Gárgoris y Habidis. Una historia mágica de España (1979)
  • Premio Planeta por La prueba del laberinto (1992)
  • Premio Espiritualidad Martínez Roca por El Sendero de la Mano Izquierda (2002)
  • Premio Fernando Lara de novela por Muertes paralelas (2006)
  • Premio Castela e León das Letras (2022)

Como xornalista

Como xornalista de prensa, radio e televisión traballou en diversos países. Foi Premio Ondas (1988) por El mundo por montera e Premio Nacional de Fomento da Lectura, do ano 2000, por Negro sobre blanco.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Fernando Sánchez Dragó TraxectoriaFernando Sánchez Dragó Vínculos con GaliciaFernando Sánchez Dragó PolémicasFernando Sánchez Dragó ObraFernando Sánchez Dragó PremiosFernando Sánchez Dragó NotasFernando Sánchez Dragó Véxase taménFernando Sánchez Dragó10 de abril19362 de outubro2023Castilfrío de la SierraEscritor, escritoraEspañaMadridProvincia de SoriaXornalismo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Nacho VidalUniversidade de Santiago de CompostelaSonsoles EspinosaTeresa MoureVento feridoVulgarismoCacheiras, Teo30 de abrilBlogDoraemonEstañoRamón Otero PedrayoFingeringPegaCarlo AncelottiNelson MandelaO comparativo galegoContactorXosé Luís BernalRenda básica universalMiticulturaAndy da FonteNava CastroCaliforniaAlfonso Basterra CamporroPenélope CruzManuel Curros EnríquezLingua neerlandesaFerrolBipartito galegoBueuFelipe GonzálezCortegazas, Cortegazas, AviónLista das canles de YouTube máis subscritasCastro de Punta do BicoSantiago RomayAlfabeto galegoTamara CanosaPoloniaDe NinghuresArroazTacianoHLA-FClaudio GiráldezXestaJulio Alén MontesOs ÁnxelesJosé López CamposEmilio Quiroga LosadaMarie CurieSunnismoA poeta analfabetaElvira Fernández BalboaCangas, Cangas, CangasValentín Lamas CarvajalPornografíaMiguel Anxo BastosBloque Nacionalista GalegoEscola da TebraSegunda República EspañolaCastelo da PicoñaEduardo PondalEscherichia coliFrancisco Castro VelosoIndonesiaSeseoZakat al-FitrPortadaJosé Antonio Vázquez TaínCarlos CasaresProvincias de EspañaVivir sin permisoConfederación Intersindical GalegaMónica González Conde🡆 More