Ettore Scola, nado en Trevico (Italia) o 10 de maio de 1931 e finado en Roma o 20 de xaneiro de 2016, foi un director e guionista italiano.
Scola entrou na industria cinematográfica como guionista en 1953 e debutou como director en 1964, con Se permettete parliamo di donne. O seu primeiro éxito internacional chegou dez anos despois con C'eravamo tanto amati, que retrata a vida e a política italiana despois da segunda guerra mundial.
Scola dirixiu case corenta filmes en corenta anos. Passione d'amore, baseado nunha novela do século XIX, foi adaptado como musical por Stephen Sondheim e James Lapine.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ettore Scola |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Ettore Scola, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.