Marcello Mastroianni, nado en Fontana Liri, Italia, o 28 de setembro de 1924 e finado en París, Francia, o 19 de decembro de 1996, foi un célebre actor italiano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Marcello Vincenzo Domenico Mastrojanni 28 de setembro de 1924 Fontana Liri, Italia (pt) |
Morte | 19 de decembro de 1996 (72 anos) París, Francia |
Causa da morte | Morte natural (Cancro de páncreas ) |
Lugar de sepultura | Campo di Verano (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia (1946–1996) Reino de Italia (1924–1946) |
Educación | Universidade de Roma La Sapienza |
Actividade | |
Ocupación | actor , actor de cinema |
Período de actividade | 1938 - 1996 |
Lingua | Lingua italiana |
Familia | |
Cónxuxe | Flora Carabella (1950, 1948–1996) |
Parella | Anna Maria Tatò (1976–1996) Catherine Deneuve (1971–1975) Faye Dunaway (1968–1971) Ursula Andress Anouk Aimée Claudia Cardinale Lauren Hutton (pt) |
Fillos | Chiara Mastroianni () Catherine Deneuve Barbara Mastroianni (en) () Flora Carabella (pt) |
Pai | Otteno Mastroianni (en) |
Irmáns | Ruggero Mastroianni |
Parentes | Federica Mastroianni (sobriño) |
Premios | |
|
Nado en Fontana Liri, unha pequena poboación dos Apeninos, Mastroianni creceu en Turín e Roma. Durante a segunda guerra mundial foi recluído nun campo de concentración nazi, pero logrou escapar e permaneceu escondido en Venecia ata que pasou o perigo.
En 1945 comezou a traballar como figurante para unha compañía cinematográfica á vez que tomaba leccións de interpretación. Debutou na gran pantalla en 1947 con I Miserabili, adaptación da novela de Victor Hugo.
En moi pouco tempo, Mastroianni converteuse nunha estrela grazas ás súas interpretacións en filmes como Rufufú, de Mario Monicelli. Federico Fellini escolleuno para protagonizar La dolce vita xunto a Anita Ekberg quen, malia o seu pequeno papel na película, foi un considerable reclamo publicitario. A colaboración con Fellini, moi frutífera a longo prazo, continuou en 8½. Mastroianni interpretaba a Guido Anselmi, un director de cine frustrado e mullereiro, con trazos autobiográficos do propio Fellini.
En 1948 casou coa actriz italiana Floriana Clarabella, con quen tivo unha filla, Barbara. Floriana acompañouno ata o seu pasamento, como tamén o fixo Catherine Deneuve, amante deste e nai de Chiara Mastroianni, a segunda das súas fillas.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Marcello Mastroianni, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.