Estación De Bioloxía Mariña Da Graña: Institución científica dependente da Universidade de Santiago de Compsotela

A Estación de Bioloxía Mariña da Graña é unha institución científica pertencente á Universidade de Santiago de Compostela que está situada na parroquia da Graña no concello de Ferrol, e dentro da ría de Ferrol.

A finalidade desta institución, dirixida por Victoriano Urgorri, é o maxisterio e a investigación da bioloxía mariña en xeral e o asesoramento e difusión en todos os temas e estudos relacionados coa fauna e flora mariñas de Galicia. Tamén serve como un instrumento para as relacións e intercambios de coñecementos científicos entre outras institucións semellantes e universidades do estado español e o resto do mundo.

Estación de Bioloxía Mariña da Graña
Estación De Bioloxía Mariña Da Graña: Institución científica dependente da Universidade de Santiago de Compsotela
Tipoinstituto de investigación
EnA Graña
PaísGalicia
43°28′44″N 8°15′39″O / 43.478851357126, -8.2607500178827
Na rede
https://www.usc.gal/gl/servizos/ebmg/
editar datos en Wikidata ]

A Estación está composta de dous edificios singulares, a Casa do Hórreo e a Casa da Estrela. Estas dúas antigas construcións foron rehabilitadas con fondos europeos para adecualas á investigación. Conta cunha superficie duns 900 m² e os equipamentos seguintes:

    • 4 laboratorios.
    • Biblioteca e sala de ordenadores.
    • 8 cuartos cun total de 28 prazas.
    • Sala de mergullo.
    • Sala de lecer, comedor e cociña.
    • Aula e sala de mergullo.
    • 2 cámaras de conxelación.
    • Cámara de investigación con control de temperatura e fotoperíodo.
    • Tanque de auga de mar de 15 m³.
    • 2 barcos de 12 e 5,25 m de eslora respectivamente.

Imaxes da Estación

Tags:

A Graña, FerrolFerrolRía de FerrolUniversidade de Santiago de CompostelaVictoriano Urgorri

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

María del Socorro Ortega RomeroAlberto Núñez FeijóoRamón Otero PedrayoXabier DíazEstoicismoCándido Conde-Pumpido VarelaJavier IruretaPapoulaAnne HathawayIslandiaTwitterAlbert EinsteinBaby ReindeerCatedral de Santiago de CompostelaMario CaneiroAna Pastor GarcíaDos arquivos do trasnoPonferradaHugh JackmanTeixugoMahathir bin MohamadExército Guerrilheiro do Povo Galego CeiveFútbolSusana DíazEnforcamentoAna PeleteiroDía das Letras GalegasNogueira de RamuínRaquel Sánchez-SilvaSidro LabregoIntranetPoloniaPirámide (xeometría)Regulamento xeral de protección de datosRibadeoJude BellinghamHannah ArendtCantigas de Santa MaríaEsther EstévezListenbourgRafael Fernández CasasCando petan na porta pola noiteZíngaroCarballo comúnLista de cidades de IsraelLuz FandiñoFollas novasOza Juvenil Sociedad DeportivaRamón CamposLista das aves de GaliciaJéssica AlbiachCentral nuclearGuerra de VietnamNeon Genesis EvangelionYolanda CastañoMickey MouseOs pazos de UlloaFrancisco Vázquez VázquezMúsica dos países islámicosTito AsoreyAltriRaúl López LópezArteixoPili PampínMichael SchumacherLalínNuria Vilán PradoGuerra de Sucesión EspañolaLos IribarnesClub de Rugby SantanderBipartito galegoMeninxiteFrancisco FrancoXela Arias🡆 More