Ensalada César: Ensalada de leituga romana e anacos de pan torrado adubados

A ensalada César é unha ensalada de leituga romana, anacos de pan torrado adubados (chamados croutons en francés, ou ben picatostes en castelán).

O inventor desta ensalada foi o cociñeiro César Cardini, no restaurante homónimo, do que recibe o nome a ensalada. É moi popular no mundo enteiro e é posíbel atopala tanto en restaurantes como en supermercados en formato de bolsa.

Ensalada césar
Ensalada César: Historia, Características, Notas
Tipo Ensalada
Orixe Tijuana, Ensalada César: Historia, Características, Notas México
Ingredientes
Orixe animal Parmesano
Anchoa
Orixe vexetal Pan
Limón
Leituga romana
Allo
Aceite de oliva

Historia

Ensalada César: Historia, Características, Notas 
Ensalada César servida nun restaurante.

Existen moitas versións respecto da orixe da ensalada. A máis coñecida e comunmente aceptada, é que a ensalada foi creada por un chef italiano radicado en México chamado Alex Cardini e xunto co seu irmán propietario dun restaurante en Tijuana denominado "Cesar's Place". Alex Cardini, cuxo apelido está relacionado coa gastronomía en 1924 do famoso Hotel Peñafiel de Tehuacán, Puebla (México) viaxou a Tijuana a un concurso gastronómico onde a súa ensalada resultou premiada. O ingrediente secreto da ensalada, era o adubo, que logo se fixo popular en diversos sitios de California.

Outra versión di que foi creada nunha das cidades de Tijuana ou Ensenada (México) polo mesmo cociñeiro, César Cardini, a finais da década de 1930. Non se sabe se foi exactamente en cal das dúas cidades. Esta versión narra como uns pilotos norteamericanos pediron no hotel unha simple ensalada e á falla de tomates ou outros ingredientes típicos, o Chef Cardini seguiu unha vella receita familiar que a súa nai facía no sur de Italia en tempos difíciles: leituga romana, ovos, anaquiños de pan frixidos en aceite, queixo seco, vinagre, azucre, aceite de oliva, unhas pingas de salsa inglesa, salsa a base de anchoas e zume de limón. A ensalada foi todo un éxito e foi bautizada inicialmente coma "ensalada dos aviadores" ( "Aviator's Salad").

Co tempo, xa en 1948, César Cardini rexistrouna nos Ánxeles como propia e internacionalizouna. O que patentou foi en realidade o mollo da ensalada que a denominou "Cardini's Original Caesar Dressing Mix". Ao final foi comercializada por unha compañía baixo o seu nome que se denominaba "Cardini Foods" en Culver (California).

Características

Ensalada César: Historia, Características, Notas 
Ensalada César con polo á prancha.

A receita inicial é de moi simple execución, contén só leituga romana, allo, croûtons (anacos de pan torrados) e un adubo simple a base de aceite de oliva, queixo parmesano relado, anchoas e limón.

O propio Cesar Cardini, que murreu en 1956, loitou por evitar a inclusión en salga na ensalada que leva o seu nome. Algunhas testemuñas de persoas que asistiron ao local de "Caesar's Place" nos anos 20 mencionan que as follas de leituga servíanse enteiras para seren empregadas coma cubertaría coméndose cgos dedos.

Co tempo a receita foi modificada para a degustar con anacos de carne de polo (xeralmente asada), ovo duro, lardo frixido e crocante, queixo parmesano relado (nalgúns restaurantes mexicanos emprégase queixo Cotija no seu lugar), gambas e outros moitos ingredientes.

A receita orixinal non se prepara con anchoas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Receita de ensalada César (en castelán) Arquivado 17 de maio de 2014 en Wayback Machine.

Tags:

Ensalada César HistoriaEnsalada César CaracterísticasEnsalada César NotasEnsalada César Véxase taménEnsalada CésarEnsaladaLingua casteláLingua francesaPan

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Álex FidalgoAlmibreAbrente. Boletín de la AnunciadaMickey Mouse ClubhouseCandela PeñaSetaCanle (enxeñaría)AguaneiroHans ZimmerExeria (escritora)Ledicia CostasXabier DíazNintendo DSTimothée ChalametLareiraAdejeAfonso X o SabioDominio públicoAquí no hay quien vivaGisela LladóGinger RogersSólido platónicoLeninismoGrupo EroskiXosé Luís Franco GrandeWilliam ShakespeareEduardo López BudénIgnacio Rivera QuintanaElena RivoLeire MartínezEncoroParalelismoRúa das Rodas (Santiago de Compostela)Irene FerrerasManuel Lugrís FreireJoselu MatoEmilia Pardo BazánGroenlandiaSonsoles EspinosaGata CattanaPere AragonèsPartido Popular25 de abrilFreixoMadridSílvia OrriolsVigoInés ReySalvador IllaSilledaXosé RepresasBispoDiego Rivas RegoLa Voz de GaliciaBaionaRosalía de CastroPosición do coito lateralAdolf HitlerLingua betawiLista das aves de GaliciaEmma WatsonJuan Ramón JiménezEuropaAC-960Océano ÍndicoArcos, CuntisSérgio TannusWiiFávila (duque)IraqCaldas de ReisApioGame Boy ColorProvincia de OurenseAntonio Fernández Rivadulla🡆 More