O emblema nacional de Tailandia (en tailandés: ตราแผ่นดินของไทย), chamado Phra Khrut Pha (transl.
Emblema de Tailandia | |
---|---|
Versións | |
Versión coas ás separadas e a autorización real | |
Detalles | |
Armiger | Bhumibol Adulyadej |
Adoptado | 1911 |
Escudo | • Garudá |
Uso | • Rei de Tailandia • Documentos oficiais do Goberno de Tailandia |
Garudá é unha figura mítica no hinduísmo e no budismo. No escudo tailandés e nos estandartes dos membros da familia real aparece representado como unha criatura de cor vermella que porta unha coroa. Ten un torso e brazos humanos e unhas patas e plumas de ave. Neste emblema fai referencia ao Krut Pha, é dicir, Garudá actuando como vehículo do deus Vishnu. Garudá tamén aparece no Escudo de Indonesia e no da cidade de Ulán Bátor, capital de Mongolia.
En 1873, o rei Chulalongkorn de Siam (Rama V) decidiu adoptar un escudo de armas co estilo que posuía a heráldica en Occidente. Aproximadamente corenta anos despois o mesmo monarca decidiu que había que modificar de novo o escudo porque posuía un carácter excesivamente occidentalizado e non figuraba no mesmo o Garudá, que fora o símbolo da autoridade real dende os tempos do Reino de Ayutthaya.
Chulalongkorn encargou ao seu irmán, o príncipe Naris, realizar un novo brasón. O príncipe Naris deseñou unhas armas nas que figuraban Garudá, Nāga e o deus Vishnu. Estas armas aparecían colocadas dentro dun círculo, co deseño característico dun selo, foron utilizadas durante un curto período posto que o monarca solicitou que se retirasen as imaxes de Vishnu e Nāga.
Despois do reinado de Chulalongkorn, o rei Vajiravudh ordenou crear unha nova versión do escudo. Esta contiña as armas do rei Chulalongkorn ás que se engadiu outro bordo na súa parte exterior para incluír o nome cerimonial do monarca. Desta forma, cando era coroado un novo rei, modificábase o escudo para incluír o nome cerimonial que lle correspondese. En 1935, despois da abdicación do rei Prajadhipok, o novo rei Ananda Mahidol non chegou a ser coroado, o seu nome cerimonial non foi engadido ao escudo e este non volveu figurar nas armas dos monarcas tailandeses.
Na súa versión actual, o emblema nacional tailandés consiste nunha imaxe de Garudá sen ningún círculo. Realízanse esculturas do Garudá Real, que son concedidas polo monarca tailandés como distintivo da autorización real a compañías que gozan da súa confianza e coas que realiza contratos comerciais.
Entre 1873 e 1910 Siam contou cun escudo co estilo característico da heráldica occidental. Este escudo foi adoptado durante o reinado do rei Chulalongkorn (Rama V), que encargou ao seu primo o príncipe Pravij Jumsai elaborar un escudo de estilo europeo. Este escudo, que foi coñecido como o escudo de armas do Rei de Siam (en tailandés: พระราชลัญจกรประจำแผ่นดินสยา), contou cos elementos propios da tradición heráldica europea. A súa descrición ou brasoamento é a seguinte:
Escudo partido e mantelado en xefe. Na primeira partición, de ouro, un elefante de tres cabezas, de fronte e de prata por Siam; na segunda, de goles, un elefante pasante de prata encadeirado de ouro, por Laos; na terceira partición, de goles (representado de cor rosa), dúas Kris de ouro postas en souter pola Suzeranía de Malaisia.O escudo acolado da Espada da Vitoria e do Bastón do monarca tailandés, de ouro, sobre un manto de prata, gornecido de ouro, alzado cunha cinta de gules (representado de cor rosa). Por soportes, na destra, un león-elefante e, na sinistra, o "Rei dos Leóns", de carnación e de ouro sobre unha terraza surmontada de dous pantuflas do mesmo; os tenantes ou soportes sosteñen dous parasois reais de sete niveles do mesmo metal. Ao timbre os emblemas do Chakra e Trisula surmontados da Gran Coroa da Vitoria. O todo rodeado polos colares da Antiga e Auspiciosa Orde das Nove Xemas e da Moi Ilustre Orde de Chula Chom Klao.
Por divisa ou lema "สพฺเพสํ สงฺฆภูตานํ สามคฺคี วุฑฺฒิ สาธิกา", "Sabbesam Sanghabhutānam Sāmaggī Vuḍḍhi Sādhiga" que en pali significa "A Unidade Brinda Ledicia", de ouro, nunha lista ou cinta de goles bordeada de ouro e de sínople.
Este escudo foi retirado en 1910 ao considerar que posuía un estilo demasiado occidentalizado. Esta decisión tamén puido responder a que Siam foi obrigada a renunciar a Laos polos franceses (entre 1893 e 1904) e a Malaisia polos británicos (en 1909). O escudo de 1873 continúa figurando na insignia utilizada nos chaopeus da Policía Real Tailandesa e é o emblema da Real Academia Militar de Chulachomklao.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Emblema de Tailandia, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.