1922 El Despertar Gallego

El Despertar Gallego foi un periódico editado en Buenos Aires pola Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales na República Arxentina entre 1922 e 1930.

El Despertar Gallego
1922 El Despertar Gallego
Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadeBuenos Aires
Na rede
Galiciana: 3872
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

Subtitulado Órgano mensual de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en la República Argentina, comezou a editarse o 1 de xaneiro de 1922, dirixido por Antón Alonso Ríos. Posteriormente foi dirixido por Eduardo Blanco Amor. Entre os seus colaboradores estaba Ramón Suárez Picallo, que foi secretario de redacción.

Inclúiu crónicas e noticias das súas actividades así como información interna da Federación (informes da xunta executiva, consello federal, asembleas, debates, disensións internas etc.); información local galega e da propia colectividade (na que se critica o papel das autoridades consulares); artigos de carácter político, nos que se reflexiona sobre a situación galega e española dende unha perspectiva agrarista (mesmo recollendo ou facendo chamamentos á mobilización agraria). Tamén aparecen traballos cunha temática moi variada sobre a instrución, a cooperación, o antiimperialismo etc.

A publicación foi evolucionando, ao mesmo tempo que as correntes dentro da propia Federación, dende unha perspectiva socialista a ter unha orientación nacionalista, o que provocou numerosas controversias na mesma e rematou coa ruptura da Federación, continuando a publicación como voceiro do sector nacionalista ata o ano 1930.

Foi substituído por Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

1922 El Despertar Gallego Historia e características1922 El Despertar Gallego Véxase tamén1922 El Despertar Gallego

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rocío JuradoCharles LeclercMela CasalNatureza mortaSabuguido, Vilariño de ConsoAna de Gran BretañaCharadriiformesIllas CanariasLista de castelos de PortugalTermodinámica dos ácidos nucleicosMelbourne Grand Prix CircuitRick and MortyTeoría de conxuntosPorto RicoEmma StoneIsabella BirdEvoluciónPalabraIlla de NadalReggaeIstambulCarolina do SurÁcido behénicoCristina TapiasEdward R. MurrowAsemblea Xeral de IowaWikipediaRaleigh, Carolina do NorteDinastía MingInstrumentalAnxiospermasÁcido docosahexaenoicoMullerAparello dixestivoCrónica troianaLista de concellos de OurenseCopia por contactoSegunda guerra mundialRastroDacota do NorteAbdul KalamEurocopa de FútbolArolaIphigénie en Tauride (Gluck)Masturbación coas mamasGuepardoMax VerstappenVilar de SantosPietro BadoglioWilliam Smith (lexicógrafo)Retrato de Adele Bloch-Bauer IEstadio Municipal de RiazorFentoDictionary of Greek and Roman Biography and MythologyAmeixónBisexualidadeSanta Lucía, CaribeReiquiavikVilariño de ConsoCasa de PlantagenetRevolución Rusa de 1917Carlos GardelBrasilChamaeleo chamaeleonPortugalAeroporto de Beauvais-TilléMaroon 5Dryophytes versicolorCelanovaTinamidaeVilar de BarrioFactor intrínsecoConcellos de Galicia🡆 More