Economía De Moldavia

A economía de Moldavia, tradicionalmente agrícola, comezou despois da caída da Unión Soviética en 1991, do mesmo xeito que a maioría dos territorios ex-soviéticos, un acelerado proceso de industrialización, especialmente alimentaria (viño e azucre refinado).

A produción de refrixeradores, confección, materiais de construción e maquinaria agrícola é tamén significativa. O país é un dos países máis pobres da Europa, a pesar do recente crecemento da súa pequena economía.

Economía de Moldavia
Moeda Leu moldovo (MDL)
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, GUAM, CEFTA
Datos estatísticos
PIB 12,56 mil millóns (2012)
Posición do PIB 148ª no mundo
Crecemento do PIB 3% (2012)
PIB per cápita 3 500 (2012)
PIB por sector agricultura 16.2%; industria 20%; servizos 63.8% (2012)
Inflación 7.6% (2011)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 1.216 millóns (2011)
Forza de traballo por sector agricultura 40.6%; industria 16%; servizos 43.3% (2005)
Desemprego 6.2%% (2011)
Industrias {{{Industrias}}}
Parcerías comerciais
Exportacións $2,56 mil millóns (2012)
Produtos de exportación alimentos, téxtiles, máquinas
Principais mercados Rusia 23.77%, Italia 14.11%, Romanía 12.74%, Alemaña 6.92%, Turquía 6.08%, Belarús 5.38% (2009)
Importacións $5,39 mil millóns (2012)
Principais produtos importados produtos minerais e combustibles, máquinas e equipamentos pesados para construción, produtos químicos, téxtiles
Principais mercados Ucraína 20.2%, Rusia 19.7%, Romanía 14.3%, Alemaña 7.9%, Italia 5%, Belarús 4.2% (2008) (2009)
Finanzas públicas
Débeda externa $5 167 millóns (31 de decembro de 2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

A agricultura emprega máis de 1/3 da súa forza de traballo. Sendo aínda un importante motor económico, perdeu peso por mor da acelerada industrialización. Con todo, conseguiu florecer de novo ante a crise do seu sector industrial. Actualmente, un 40% da poboación activa da República de Moldavia aínda se dedica á agricultura.

A produción agrícola moldova é variada: xirasol, tabaco, cereais, vide, hortalizas, remolacha azucreira e pataca. A gandaría é pouco significativa, e é principalmente bovina e porcina, ademais da cría de aves de curral.

Economía De Moldavia
PIB por sectores de Moldavia

Existe en Moldavia petróleo, aínda que en pouca cantidade, e extráese sal dalgunhas minas. É unha das ex repúblicas soviéticas máis pobres en recursos do subsolo explotados.

Como sucedeu no resto das antigas repúblicas que formaron a Unión Soviética, a economía moldova sufriu un forte retroceso tras a independencia. O conflito da República de Moldavia coa zona rebelde de Trans-Dniéster ou Transnistria agravou aínda máis a situación.

Moldavia mantén unha actividade comercial relativamente elevada con outros países europeos como Rusia, Ucraína, Italia, Alemaña ou Romanía.

Importacións e exportacións

Exportacións a Importacións de
País Porcentaxe País Porcentaxe
Economía De Moldavia  Rusia 32.9 % Economía De Moldavia  Ucraína 20.9 %
Economía De Moldavia  Italia 12.7 % Economía De Moldavia  Rusia 15.1 %
Economía De Moldavia  Ucraína 9.5 % Economía De Moldavia  Romanía 13.1 %
Economía De Moldavia  Romanía 6.7 % Economía De Moldavia  Alemaña 8.3 %
Economía De Moldavia  Alemaña 4.5 % Economía De Moldavia  Italia 6.6 %
Outros 33.7 % Outros 36 %

Notas


Economía De Moldavia 
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

1991AgriculturaAzucreEuropaIndustrializaciónMoldaviaUnión SoviéticaViño

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ruxe RuxeXenebra, SuízaCampo da RataXeaPorscheRonnie ThompkinsApril AshleyLucía Rodríguez VázquezPremio Espasa de EnsaioPanteón de Galegos IlustresEduardo Blanco AmorAlcaldes da CoruñaTelescopioAustriaManuel Gago MariñoA derradeira leición do mestreIrene GonzálezNacionalidade históricaAdolfo GacioTECOR societarioMicciónMáquina comecartosEva MejutoLugoBLingua galegaReino UnidoLaura FalcóEncoro do EumeResistencia (libro)José Luís Valladares FernándezCristiano RonaldoIsmael RamosHeorhiy NarbutEstripeiroXureloJosé Miñones BernárdezVaca1Elisa LoncónEstrutura terciaria das proteínasChaira abisalParadigmas dos verbos irregulares galegosJuan José BallestaQueixo1963Ana RomaníAustraliaFútbol americanoCalorPepe CoiraLista de monarcas de Galicia97Boyanka Kostova (grupo musical)ElopidaePaspallásLoxosceles reclusaBarbadosEugenia OsterbergerMarc MárquezLista de palabras galegas de orixe celtaMiñocaMasculino e feminino en galegoAníbal MalvarJesús Vázquez AlmuíñaIsabel I de InglaterraBubelaCamiño de SantiagoNavarraDécimas ao Apóstolo SantiagoNaira🡆 More