Vide: Especie de planta

A vide ou videira (Vitis vinifera) é unha planta rubideira, a máis coñecida do xénero Vitis, da familia das vitáceas, con tronco retorto, vástagos nodosos e flexibles, follas alternas, pecioladas, grandes e partidas en cinco lóbulos puntiagudos, flores verdosas en acios, e cuxo froito é a uva.

vide
Vide: Plantación, Enfermidades, Véxase tamén
Vitis vinifera en Franz Eugen Köhler, 1897
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Vitales
Familia: Vitaceae
Xénero: Vitis
Especie: V. vinifera
Subespecie: V. v. vinifera
Nome trinomial
Vitis vinifera vinifera
L.

Orixinaria de Asia, cultívase en todas as rexións temperadas. Ao conxunto de vides cultivadas nun campo denomínaselles viñedo.

Vide: Plantación, Enfermidades, Véxase tamén
Folla

A vide produce as uvas, froito co mollo do cal se fai o viño. Pola contra as vides salvaxes ou silvestres, non cultivadas, posúen unhas follas máis ásperas, e as uvas son pequenas e de sabor agre.

O cultivo da vide para a produción do viño é unha das actividades máis antigas da civilización, probablemente contemporánea ao comezo desta. Existe evidencia de que os primeiros cultivadores de viñas e produtores de viño, atopábanse na rexión de Exipto e Asia Menor, durante o neolítico. Ao mesmo tempo que os primeiros asentamentos humanos permanentes empezaron a dominar a arte do cultivo e a cativa de gando, así como o da produción de cerámica.

Plantación

Vide: Plantación, Enfermidades, Véxase tamén 
Cepa de viña.

Antigamente os viñedos plantábanse nos peores terreos e esparexidos por estes sen ningún tipo de orde, aproveitándose moi ben o espazo con máis de 4000 cepas por hectárea. Tiñan o inconveniente de requiriren moita man de obra para realizar os coidados e recollida da uva, polo que nas novas plantacións se empezaron a aliñar as cepas, deixando maior espazo entre elas, co obxectivo de poder usar animais para realizaren algúns labores. Coa chegada da maquinaria agrícola os corredores entre as diferentes fileiras tivo que empezar a ser maior, reducindo o número de plantas, pero gañando en comodidade. Os sistemas de emparrado fan máis regular a maduración e permiten ata mecanizar a vendima.

Enfermidades

Algunhas das principais enfermidades que sofren son o mildio, o oídio, e a filoxera.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Vide PlantaciónVide EnfermidadesVide Véxase taménVideAsiaUvaVitisXénero (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista das aves de GaliciaÁlvaro MorataTwitterPrestigeLista de exónimos en galegoBenito KamelasListenbourgMalena AlterioXosé Luís Méndez FerrínRefraneiro galego sobre o panAmérica do NorteYolanda CastañoCarballoTeresa García-SabellSalgueiroFerroAtlánticaAC-141LeitzaDiglosiaAs aves na cultura popular galegaArantzaDaniel BasteiroRosario DúrcalNoelia ReyEmilio Aragón ÁlvarezConcellos de GaliciaPaís VascoEnsaio (literatura)Lista de emperadores romanosLugoDelfínidosPalauCarlos de Matos GomesSegunda guerra mundialVila de CrucesPere Pau Ripollès AlegreParafusoAs Pontes de García RodríguezRamón CabanillasHans ZimmerEva Iglesias MiguénsMoisés Rodríguez PérezFentoCaso Asunta BasterraValentín García GómezDiáspora galegaMúsica tradicional galegaXXX edición dos Premios GoyaReino UnidoMimosaPaparazziPovoaçãoFermin MuguruzaRepública Democrática do CongoLista de episodios de DoraemonScarlett JohanssonVerónica ForquéMiguel de CervantesVómito (grupo musical)DelfínDoenza de Paget de mamaPontedeumeMark Lewis JonesCarrasco (planta)Antiga CartagoGalipediaAgustín Fernández PazLista de castelos de PortugalEscáncerGonzalo MellaProvincia da CoruñaXosé Neira VilasTonhito de Poi🡆 More