Donald Siegel, nado en Chicago (Illinois) o 26 de outubro de 1912 e finado en Nipomo (California) o 20 de abril de 1991 foi un director e produtor cinematográfico estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1912 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 20 de abril de 1991 (78 anos) Condado de San Luis Obispo, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | Morte natural (Cancro ) |
Lugar de sepultura | California |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Jesus College |
Actividade | |
Ocupación | produtor de cinema , actor , director de cinema , realizador |
Período de actividade | 1942 - 1991 |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Doe Avedon (1957–1975) Viveca Lindfors (1948–1953) |
Fillos | Kristoffer Tabori () Viveca Lindfors (pt) |
| |
Lista |
De orixe xudía, estudou en Nova York e en Inglaterra. Durante un tempo estudou belas artes en París, pero abandonouno aos vinte anos para establecerse nos Ánxeles, atopando traballo na Warner Bros. tras coñecer o produtor Hal B. Wallis.
Na compañía chegou a ser xefe do departamento de montaxe, onde dirixiu escenas coma os títulos de créditos de Casablanca. Dirixiu ademais filmes de todos os xéneros, como Invasion of the Body Snatchers (1956), Flaming Star (1960), con Elvis Presley, ou Harry o sucio (1971), con Clint Eastwood. O filme Sen perdón, de Eastwood, está dedicado "para Don e Sergio".
This article uses material from the Wikipedia Galego article Don Siegel, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.