Sonda Espacial Deep Impact

Deep Impact, coñecida na súa misión estendida como EPOXI (acrónimo de Extrasolar Planet Observations / eXtended Investigation of comets) foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 12 de xaneiro de 2005 mediante un foguete Delta 7925 desde Cabo Cañaveral.

Deep Impact (posteriormente EPOXI)
Sonda Espacial Deep Impact
Deep Impact
TipoSonda espacial
FabricanteBall Aerospace, JPL
OrganizaciónNASA
Destino actualFóra de servizo.
Data de lanzamento12 de xaneiro de 2005, 18:47 GMT
Foguete portadorDelta 7925
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral, rampla 17B
Obxectivo da misiónEstudo cometario e observación de planetas extrasolares.
NSSDC ID2005-001A
Masa650 kg (nave principal), 370 kg (impactador)
Dimensións3,2 x 1,7 x 2,3 m
Potencia620 W

Características

A misión orixinal de Deep Impact era atoparse co cometa Tempel 1 e lanzar un proxectil contra o seu núcleo para estudar os restos exectados, así como o efecto do impacto na súa superficie. A misión extendeuse para sobrevoar o cometa Hartley 2 e facer observacións astronómicas para o estudo de planetas extrasolares, pasando a denominarse EPOXI.

Deep Impact era unha misión do programa Discovery da NASA, seleccionada como tal en xullo de 1999. Constaba de dous elementos:

  • A nave de sobrevoo, cos instrumentos principais e 670 kg de masa, sería a encargada de levar o impactador ata o cometa Tempel 1. Tiña forma de caixa cunha estrutura de aluminio en forma de panel de abella cun escudo Whipple rectangular nun dos laterais para protexer a nave das partículas do cometa durante a máxima aproximación. A nave tiña unha cámara de alta resolución e outra de media resolución para facer fotografías e tomar espectros infravermellos do cometa e dos restos exectados. As dimensións aproximadas da nave eran de 3,2 x 1,7 x 2,3 m e estabilizábase nos tres eixos, usando un sistema de propulsión alimentado por hidracina cunha delta-v total de 190 m/s. As comunicacións con terra usaban a banda X, na frecuencia de 8000 MHz, a través dunha antena parabólica de alta ganancia orientable de 1 m de diámetro e dunha antena fixa de baixa ganancia. As comunicacións co impactador tiveron lugar en banda S. A enerxía eléctrica era proporcionada por un panel solar de 7,2 m2 que producía ata 620 W de potencia no momento do encontro co cometa, e que alimentaba unha batería de hidruro de níquel. O control e comando da nave corría a cargo de dúas computadoras RAD750 con 309 MB de capacidade cada unha para datos científicos.
  • O impactador, basicamente un proxectil feito dun 49% de cobre e un 24% de aluminio para identificalo claramente dos restos do propio cometa e contaminar o menos posible os espectros obtidos polas cámaras. Tiña forma de cilindro curto hexagonal, cun pequeno sistema de propulsión con hidracina para corrixir a traxectoria e acertar no cometa. O sistema de seguimento do cometa consistía nun seguidor de estrelas de alta precisión, algoritmos de navegación autónoma e unha cámara para obter imaxes coas que alimentar o sistema de seguimento. O impactador era alimentado electricamente pola nave de sobrevoo ata a súa separación, en que unha batería proporcionou enerxía na última fase ata o impacto.

Perfil da misión

Sonda Espacial Deep Impact 
Impacto de Deep Impact co Tempel 1

Deep Impact foi lanzada o 12 de xaneiro de 2005 a bordo dun foguete Delta II (modelo 7295) e inxectada nunha órbita heliocéntrica. A nave achegouse a Tempel 1 en xullo de 2005, liberando o impactador o día 3 dese mes, a unha distancia de 880.000 km do cometa. O impacto tivo lugar ao día seguinte, 4 de xullo, ás 5:52 UTC, a unha velocidade relativa de 10,2 km/s, o que vaporizou ao instante o impactador, liberando unha enerxía de 19 gigajoules e exectando gran cantidade de material cometario ao espazo. A nave de sobrevoo atopábase a uns 10.000 km no momento do impacto, obtendo imaxes e espectros ata chegar a uns 700 km do cometa, momento no que se reorientou para protexerse mellor dos restos. A mínima aproximación a Tempel 1 foi de 500 km. Momentos máis tarde, pasada a zona de maior perigo, a nave volveu a orientarse para seguir estudando o cometa. O encontro tivo lugar a unhas 0,89 UA da Terra e a unhas 1,56 UA do Sol. O fin da misión primaria, cun custo de 240 millóns de dólares, tivo lugar en agosto de 2005.

Misión estendida: EPOXI

Coa nave principal en bo estado despois da misión primaria, a NASA proporcionou fondos (40 millóns de dólares en total) para estender os seus obxectivos. A nova misión tería dúas partes:

  • Sobrevoo do cometa Hartley 2 (DIXI, Deep Impact Extended Investigation): orixinalmente a nave debía sobrevoar o cometa Boethin o 5 de decembro de 2008, pero despois da súa aparente desintegración redirixiouse a nave para sobrevoar o cometa Hartley 2 o 4 de novembro de 2010 a unha distancia de 700 km.
  • Estudo de planetas extrasolares (EPOCh, Extrasolar Planet Observation and Characterization): a nave usaría as súas cámaras para estudar estrelas brilantes con exoplanetas coñecidos e caracterizalos o mellor posible. Esta parte da misión comezou o 26 de xaneiro de 2008, durando ata finais de xullo dese ano.

A nave sobrevoou tres veces a Terra (o 31 de decembro de 2007, o 29 de decembro de 2008 e o 27 de xuño de 2010) para poder redirixirse cara ao Hartley 2. Durante os sobrevoos fixo observacións científicas tanto da Terra como da Lúa.

O contacto coa nave perdeuse a principios de agosto de 2013, despois de que un fallo de software a puxera a xirar sen control.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Sonda Espacial Deep Impact CaracterísticasSonda Espacial Deep Impact Perfil da misiónSonda Espacial Deep Impact Misión estendida: EPOXISonda Espacial Deep Impact NotasSonda Espacial Deep Impact Véxase taménSonda Espacial Deep ImpactAcrónimoCabo CañaveralDelta 7925NASASonda espacial

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Chico CésarLuis ZaheraJuan CopaHimno de DaguestánMediasWikiFontao, A TeixeiraMaría GalianaLaura AñónPatricia VázquezTreixadura (grupo musical)CágadoBeatriz DouradoLois DiéguezVigoMoinantePosición do misioneiro invertidaCandorcaPiardaDeportivo da CoruñaAbel CaballeroFran TorresCafés CandelasVertoAzoresMatria (filme)PPriyanka ChopraOXogo da chaveJosé Benito Pardo RodríguezGuerschon YabuseleDugongoÁlvaro CunqueiroJuan Carlos Rodríguez CebriánÁngel García SeoanePenínsula do BarbanzaRaposo comúnA Star Is Born (filme de 2018)Alternativa por ArzúaRequiarioFernando AlonsoMelideToquioRicardo Sánchez VarelaGonzalo DuránAníbal MalvarAmieiroFiúnchoAsa ga KuruPremios da Cultura GalegaXosé Luís Méndez FerrínMatrimonio entre persoas do mesmo sexoA sementeiraCarballo comúnMA Pobra de TrivesEl LuísValentín Alfonsín SomozaBoyanka Kostova (grupo musical)Curuxa comúnSantoalla, Santoalla do Monte, PetínCogomeloBradley CooperMucha e NuchaGalicia estremeiraMarta Fernández-TapiasEusebio Alonso VieitesJohn HughesMoscovaAbel LosadaMofa e BefaGerardo Pardo de VeraAna RomaníDaniel Domínguez🡆 More