Unidade Astronómica: Unidade de distancia en astronomía planetaria

A unidade astronómica (UA) é unha unidade de distancia aproximadamente igual á distancia media (xa que as órbitas son elípticas) entre a Terra e mailo Sol.

É bastante utilizada en astronomía para expresar a órbita dos planetas e outros corpos celestes no ámbito da astronomía planetaria, e equivale aproximadamente a 149 597 870 700 metros.

Unidade Astronómica: Definición, Historia, Véxase tamén
A liña gris indica a distancia terra-sol, que é a media, unha Unidade astronómica (UA)

Definición

É o radio da órbita circular dun planeta de masa desprezable e libre de perturbacións cuxo movemento medio é de “K” radiáns por día á volta do Sol, onde “K” é a constante gravitacional de Gauss, coa unidade de tempo do día solar e a unidade de masa, a masa do Sol. Esa unidade está, entón, relacionada coas dimensións do sistema solar e co movemento da Terra.

En termos prácticos, a unidade astronómica pode ser definida como a distancia media entre a Terra e o Sol.

As súas relacións con outras unidades de distancia utilizadas na astronomía son:

Historia

Foi no século II a. C. cando o astrónomo grego Hiparco tentou facer o primeiro cálculo coñecido da distancia entre a Terra e o Sol, aproveitando as eclipses totais da Lúa. O seu método, porén, era bastante impreciso e deu valores equivocados.

No inicio do século XVII, a determinación da distancia da Terra ao Sol era a máis importante da astronomía, e Edmund Halley propuxo un método baseado na paralaxe da observación de dous astrónomos situados distantes un do outro a observar o tránsito de Venus sobre o disco solar para avaliar mellor esta distancia. Non obstante, dada a infrecuencia do fenómeno, só en 1631 e 1639 ocorreu ese fenómeno e, entón, foi posible aplicar o método de Halley para calculala, dando un valor de preto de 150 millóns de quilómetros.

Actualmente, utilízanse modernos métodos de deflexión de ondas de radio para determinación máis precisa desta distancia (utilizase un radiotelescopio, p. ex. o de Arecibo para emitir unha onda de radio cara a estrela, neste caso o Sol, e calcúlase a distancia segundo o tempo de demora na recepción do sinal de rebote).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Unidade Astronómica DefiniciónUnidade Astronómica HistoriaUnidade Astronómica Véxase taménUnidade AstronómicaAstronomíaMedia (matemáticas)SolTerraÓrbita

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

TRibeiraCarme ForcadellPonteareasAlternativa dos VeciñosDublínWikipedia en malaioOs vellos non deben de namorarseMiguel SantalicesBloque Nacionalista GalegoPortadaLuísa VillaltaMaría Antonieta de AustriaO Alto de Covelo, Covelo, Viana do BoloBenjamin NetanyahuRusiaJosé Calvo SoteloDiego AnidoGabriel García MárquezGerardo Pardo de VeraBambú ProduccionesDeportivo da Coruña FemininoValenciaTaylor SwiftManuel PortasIria MisaVilanova de ArousaSpice GirlsTribadismoOs adverbios galegosGuerra civil españolaMouro (mitoloxía)Agustín Reguera OcampoAWStatsTextos das PirámidesCopretérito de indicativoMaggie SmithCelso Emilio FerreiroRevolución IndustrialArnold SchwarzeneggerDe VacasXogos popularesLuís Pérez BarralRepública Popular da ChinaFrancisco Porto MellaRomaníaFaiaProvincia de OurenseMondariz-BalnearioChimpínLugares do SaviñaoXoán Manuel PintosGoogle ChromeMichelle Clemente EscotetXunta de GaliciaExército Guerrilheiro do Povo Galego CeiveAlfredo García RamosGuillade, PonteareasXabier DíazFilipe V de EspañaContactorCulleredoSéchu SendeSharon StoneCamilo Díaz BaliñoAermacchi MB-326Álvaro CunqueiroMiguel Primo de RiveraLista de ósos do esqueleto humanoProvincia da CoruñaTristán UlloaHugh JackmanBárbaroUxío NovoneyraP🡆 More