Radiohead Creep

Creep é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, editada como o seu sinxelo de estrea en setembro de 1992.

«Creep»
sinxelo de Radiohead
do álbum 'Pablo Honey'
Lanzamento setembro de 1992
Formato {{{formato}}}
Gravada 1992
Xénero musical rock alternativo
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:59
Discográfica Parlophone, EMI
Produtor(es) Sean Slade e Paul Q. Kolderie
Escritor(es) Thom Yorke, Albert Hammond e Mike Hazlewood
Cronoloxía
«-» «Creep» «"Anyone Can Play Guitar
Miscelanea {{{miscelanea}}}

Posteriormente apareceu no seu primeiro álbum Pablo Honey. "Creep" é un dos temas máis coñecidos da banda, e ten sido usado en varios medios ademais de ser versionada por un feixe de artistas.

Durante a súa edición inicial "Creep" non foi un éxito nas listas. Porén, coa súa reedición en 1993 converteuse nun éxito en todo o mundo. Os asistentes aos primeiros concertos de Radiohead adoitaban a amosar pouco interese polos outros temas do grupo, causando que a banda reaccionase en contra de "Creep" e a tocasen con menos frecuencia de mediados a finais dos 90. En 1998, na metade da súa xira do OK Computer, a banda eliminou a canción de todos os seus setlists. "Creep" non foi tocada ao vivo novamente ata o ano 2001, e dende entón reapareceu varias veces nos seus concertos.

Antecedentes e gravación

Segundo o baixista da banda Colin Greenwood, Thom Yorke compuxo "Creep" metres estudaba na Universidade de Exeter a finais dos anos 80. O guitarrista Jonny Greenwood dixo que estaba inspirada nunha rapaza á que Yorke seguira e que se presentou un día de forma inesperada nun concerto a banda.

En 1992, durante as sesións de ensaio cos produtores Sean Slade e Paul Q. Kolderie, Radiohead espontaneamente tocou "Creep". Yorke describíulles "Creep" aos produtores como "a nosa canción Scott Walker"; Slade e Kolderie, confundidos pola observación do cantante, pensaron que era unha versión. Despois da tensión xurdida debido aos intentos infructuosos de gravar outros temas, Slade e Kolderie procuraron subir a moral pedíndolle á banda que tocase "Creep" novamente. Readiohead gravou a canción nunha única toma; despois da intepretación todo o mundo na sala comezou a aplaudir. Unha vez que o grupo lle asegurou a Kolderie que "Creep" era un tema orixinal, chamou a EMI para propoñerlle a canción como o seguinte sinxelo de Radiohead. Á canción graváronselle uns overdubs mínimos pero a banda non tiña intención de editala, aínda que os produtores quedaron impresionados con ela. Debido ás semellanzas con "The Air That I Breathe", unha canción gravada por The Hollies en 1973, Albert Hammond e Mike Hazlewood están acreditados como co-compositores de "Creep".

Listaxe de cancións

    Edición orixinal británica
  1. "Creep" – 3:55
  2. "Lurgee" – 3:07
  3. "Inside My Head" – 3:12
  4. "Million Dollar Question" – 3:18
    Casete
  1. "Creep" – 3:56
  2. "Faithless, the Wonder Boy"
    Re-edición británica de 1993 (CD)
  1. "Creep" (album version) – 3:58
  2. "Yes I Am" – 4:25
  3. "Blow Out" (remix) -
  4. "Inside My Head" (live) – 3:07
    Re-edición británica de 1993 (vinilo de 12")
  1. "Creep" (acoustic) – 4:19
  2. "You" (live) - 3:39
  3. "Vegetable" (live) - 3:07
  4. "Killer Cars" (live in Japan) - 2:17

Notas

Tags:

1992Pablo HoneyRadioheadRock alternativo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Álvaro MorataFernando Salgado VarelaPello OtxandianoMarçal MolinéLeopoldo RubidoElvira Fernández BalboaHorteláSalgueiro MaiaAmérica LatinaArroazGaliciaLondresO incerto señor Don HamletGeorgia O'KeeffePrestigeTelexornalO Barco de ValdeorrasPadrónSete Sabios de GreciaRamón CabanillasXiros idiomáticos galegosLista de filmes coas maiores recadaciónsLuis Carrero BlancoFelaciónBilbaoFrancisco FrancoMedoDiáspora galegaGrândola, Vila MorenaAs aves na cultura popular galegaLeitzaCarlos CasaresPúrpuraTraxe galegoItxu DíazRamiro CarregalPosición aconchegadaHarry StylesIker MuniainHenrique VIII de InglaterraEva MejutoGalileo GalileiEsperantoXabier DíazIKEAPerífrases verbais galegasÁreas lingüísticas do galegoCouselo (planta)Jude BellinghamOs demostrativos galegosRaffaella CarràGoretti SanmartínUnión AfricanaLedicia CostasTarragonaParafusoAlfabeto galegoSan PetersburgoRoberto VerinoAntónio de Oliveira SalazarRevolución dos CaraveisPosición do misioneiro invertidaGarbiñe MuguruzaLipoproteína de BraunBenito KamelasOs adverbios galegosFoca monxeSubgrupoGheadaPatricia VázquezHarvey WeinsteinBubelaCamilo Nogueira RománDonald Trump🡆 More