Cooperativa Do Val: Grupo cooperativo galego

8°12′33.13″O / 43.5586944, -8.2092028

Cooperativa do Val (Sociedade Cooperativa Galega) é un grupo cooperativo en servizos para os socios e clientes con base no Val (Narón). Baseado en produción de produtos de horta.

Cooperativa do Val
Cooperativa Do Val: Historia, Seccións, Véxase tamén
Cooperativa do Val
TipoCooperativa
Fundación1973
MatrizCooperativas de O Val, Sociedade Cooperativa Galega
LocalizaciónVilacornelle, s/n. Estrada C-116, km 5,5. 155541 - O Val (Narón)
IndustriaAlimentación
ProdutosProdución agrícola, servizos, banca
Na rede
http://www.cooperativaoval.com
editar datos en Wikidata ]

Historia

O proxecto naceu na época final da ditadura franquista, da man dun grupo de sesenta persoas, que co tempo se converteron en cen medrando nun plan de cooperación colectivo, aberto ao progreso e ao desenvolvemento social e económico. Ese medrar en Narón estendeuse á comarca e co tempo a toda Galiza, onde vende os seus produtos e servizos.[Cómpre referencia]

Os inicios da Cooperativa do Val están na desaparecida cooperativa de Castro, situación que xera desconfianza entre os labregos o que aínda fai máis difícil os seus inicios. A consolidación da cooperativa vén do conflito do leite. Na maior parte das familias os ingresos pola venda do leite eran a base da súa economía, as ameazas de deixar de recollelo, a pelexa con Leyma para acadar un acordo xusto durou ata o ano 1993. Sector o leiteiro xa desaparecido da economía da zona, situación que xa se vía vir ante a imposibilidade de competir coa cota láctea e o pequeno tamaño das explotacións.[Cómpre referencia]

En 1975 créase a sección de crédito. Nos seus inicios con 600 000 pesetas e xa en 2012 supera os 18 millóns de euros. Sendo a sección que máis beneficios achega á cooperativa. O 75% dos cartos son depósitos dos veciños do Val.

No ano 1995 ponse en marcha a sección de horta, formada por máis de 40 familias que producen tomates, pementos (pemento do Couto), acelgas, leitugas, patacas e outros produtos da horta cunhas vendas dun millón de euros.

No ano 2000 prodúcese a integración coa Cooperativa de Serantes (Ferrol).

En 2002 creouse a Fundación Terra de Trasancos, debido a que a lei obriga ás cooperativas a reinvestir parte dos beneficios en servizos sociais. Dita Fundación ten como obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza, sobre todo a persoas maiores e nenos.

Seccións

Cooperativa Do Val: Historia, Seccións, Véxase tamén 
Fogar de Maiores, obra social.
  • O Val
    • Sección de Crédito
    • Sección de Horta
    • Sección de Agrotenda
    • Sección de Supermercado
    • Sección de Maquinaria
    • Sección de Viveiro de hortícolas
    • Sección de Seguros
    • Departamento de Compras
    • Departamento de Contabilidade
    • Departamento de Control
  • Serantes - Xoane
    • Sección de Crédito
    • Sección de Supermercado
    • Sección de Agrotenda

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Cooperativa Do Val HistoriaCooperativa Do Val SecciónsCooperativa Do Val Véxase taménCooperativa Do ValCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rede privada virtualPriscilianoCarlos II de EspañaPilar AbellaLista de nomes femininos en galegoContactMarta DoviroLiga Feminina de baloncesto 2023-24Domingo García-SabellMar MediterráneoJosé Manuel Rodríguez PuenteGarcía II de GaliciaPanteón de Galegos IlustresPilar Vázquez CuestaLugares de ArteixoAresYolanda DíazOliveira de VigoGuillermo del ToroAbegondoJulio Alén MontesBimba y LolaDeportivo da CoruñaPÁngel CarracedoSunnismoNoelia ReyRibadeoFélix BolañosÁureoParroquias de GaliciaEduardo PondalFingeringGrupo NósChipionaArxentinaDavid MellaBull terrierImmanuel KantCaixa Rural GalegaLingua casteláSuraIvana BaqueroPegsatLista das árbores de GaliciaJosé Luis ValladaresISBNXohán Xabier Baldomir CabanasBergantiños Fútbol ClubHarvey WeinsteinBurroBoyanka Kostova (grupo musical)Mads MikkelsenSupermartesAciñeiraRamón María NarváezMurciaSuso Díaz EstévezLugoXeración NósCarlos SedesCarmen MéndezCouselo (planta)NoiaHLA-DMCádizJosé Castiñeira PardoFariña (serie de televisión)PoboCándido Conde-PumpidoRevolución dos CaraveisThe OffspringSemeXullo🡆 More