Conferencia De Berlín

A Conferencia de Berlín, celebrada entre o 15 de novembro de 1884 e o 26 de febreiro de 1885 na cidade de Berlín, foi organizada polo Chanceler de Alemaña, Otto von Bismarck, coa fin de resolver os problemas que suscitaban a expansión colonial en África e resolver a súa repartición.

Conferencia De Berlín
Representación da época.

Historia e características

Conferencia De Berlín 
Repartición do continente en 1914.

Catorce Estados foron representados: o Imperio Alemán, o Imperio Austrohúngaro, Bélxica, Dinamarca, o Imperio Otomán, España, Estados Unidos, Francia, Reino Unido, Italia, Países Baixos, Portugal, Rusia e Suecia. Nela proclamouse a libre navegación marítima e fluvial polos ríos Congo e Níxer, a liberdade de comercio no centro do continente africano e as condicións impostas aos países desenvolvidos para colonizalo.

O proceso de colonización realizouse seguindo as grandes vías fluviais, como os territorios do Níxer, que foron explorados entre os anos 1788 e 1830; a conca do Nilo e a rexión dos Grandes Lagos Africanos, entre 1854 e 1859; o Zambeze, entre 1841 e 1873.

A exploración do río Congo motivou as rivalidades entre varios países, polo que o chanceler Bismarck actuou como árbitro da Conferencia, onde se estabeleceu o Estado Libre do Congo (actualmente República Democrática do Congo), baixo soberanía da Asociación Internacional do Congo e propiedade privada do rei dos belgas Leopoldo II, e un Congo francés, ambos con saída ao mar; a libre navegación polos ríos Níxer e Congo, así como o principio do dereito á posesión do interior a partir dun enclave costeiro.

Así, a costa mediterránea africana quedou en mans de Francia e o Reino Unido; a costa oriental dividiuse entre os alemáns ao sur e os británicos ao norte. A costa occidental ficou no poder dos belgas, franceses e británicos. Os italianos conseguiron Somalia e os portugueses, Angola e Mozambique. Mais, pronto estouraron conflitos pola posesión das zonas máis estratéxicas ou máis ricas, como no caso de Tunisia, Exipto ou Marrocos.

Tags:

15 de novembro1884188526 de febreiroBerlínChanceler de AlemañaOtto von BismarckRepartición de ÁfricaÁfrica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

A Sexta AngustiaMonte ApoArqueasArco da vellaTrackbackMónica González CondeBugalloDios ke te crewTutankhamonPaporroiboMagnitude aparenteÓpera de SydneyClint EastwoodMario CaneiroMadridCohesiónBrieva, ÁvilaCambio climáticoPenélope CruzDía das Letras GalegasA memoria da choivaMaría José Gómez RodríguezFrancisco Castro VelosoÁcido oleicoO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoOsiris (deus)Bambú ProduccionesDeportivo da CoruñaEstrella GaliciaVerbos galegos ser, estar e irPaulo CarrilXosé Neira VilasKeanu ReevesMediaWikiRoberto Fernández RicoOs demostrativos galegosEmblema de AfganistánDaniel BasteiroSuraPontevedraA CoruñaFelipe GonzálezProvincia da CoruñaRoberto Carlos da SilvaNúmero piXornalistaMiranda de EbroFlorentino PérezOVacaSica RomeroDonicelaMaría LadoBorder CollieEva MejutoRSSYongzhouEuropaAlberto CarpoTrue Detective (tempada 1)Carlo AncelottiJosé María AznarParadigmas dos verbos irregulares galegosAdwareRochi NóvoaTalavera de la ReinaBreogánJorge LorenzoCuarzo163Federico García LorcaInfolibreCórcores, Córcores, AviónPrimeira cruzadaImperio Romano🡆 More