Collins Bird Guide

O Collins Bird Guide é unha guía de campo de paxaros do Occidente Paleártico.

Collins Bird Guide
Collins Bird Guide
A capa do libro da edición do 1999 leva unha ilustración dunha curuxa común. A ilustración superior corresponde ó libro The Birds of Asia. Volume 1 de John Gould e HC Richter, publicado entre 1850 e 1883.
Autor/aLars Svensson e Peter J. Grant
Ilustrador/aKillian Mullarney e Dan Zetterström
OrixeReino Unido
Linguasueco, danés, inglés, castelán, alemán, holandés, portugués, francés
Tema(s)ornitoloxía
Xénero(s)guía de identificación
EditorialHarperCollins
Data de pub.1999
ISBNISBN 0-00-219728-6
editar datos en Wikidata ]

Os seus autores son Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterström e Peter J. Grant, e está ilustrado por Killian Mullarney e Dan Zetterström (con dous debuxos de paseriformes norteamericanas proporcionados por Larry McQueen). Foi descrito como "indiscutiblemente a guía de campo de maior calidade nunca producida", e "o último gran libro de paxaros do século XX".

Foi publicado orixinalmente en sueco e danés en 1999, e en inglés en tapa dura no mesmo ano, e máis tarde en tapa branda. Tamén foi producida unha edición inglesa en gran formato, así como unha edición alemá e holandesa. A primeira edición foi traducida a 14 linguas europeas, incluíndo español, portugués, francés, holandés e alemán. Unha segunda edición, revisada e ampliada, foi publicada en xaneiro de 2010. Unha serie de actualizacións e correccións foron feitas en 2015, sen cambio no número de edición.

A cuberta da primeira edición, en tódolos formatos, amosa unha curuxa común. Na segunda edición foi substituído por un carrán ártico.

Once páxinas de material introdutorio está seguido do contido principal do libro: 366 páxinas de texto e debuxos a cor. O texto para cada especie dá notas breves do estado, seguidas dunha sección detallando a identificación, e conclúe cunha sección sobre o canto. Acompañando á maioría das fichas de especies hai un pequeno mapa a cor amosando as zonas de cría, invernada e gama migradora.

A guía tamén está dispoñíbel como aplicación de pago, para dispositivos iPhone e Android. A aplicación inclúe todo do texto e imaxes da edición impresa, así como rexistros de son. Poden mercarse paquetes de datos adicionais por separado; o primeiro paquete é un conxunto de mapas de distribución para 271 especies, do Bird Atlas 2007–11 da British Trust for Ornithology.

Tódalas versións cobren Europa, as illas do Atlántico Norte, gran parte do Norte de África e o Oriente Medio.

A maioría das especies cubertas na parte principal da guía teñen cría regular, invernada ou migración na súa área de cobertura, a pesar de que tamén se incluíu algunha especie accidental. Hai seccións adicionais dando información breve de (a) especies accidentais e (b) especies de crianza introducidas e especies citadas só como escapadas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Game Boy AdvanceSabinaWolfgang Amadeus MozartMarcelino Rodríguez FernándezShaquille O'NealMaría Antonieta de AustriaSinfonía n.º 9 (Beethoven)Confederación Intersindical GalegaPosicións sexuaisNintendo DSÁ lus do candilSito MiñancoHindemburg Melão Jr.Rocco SiffrediRamón Otero PedrayoEuropaSabugueiroSadaDjalminhaSantiago Tirado SerénAna RomaníAnxo Xoán Rajó PazóAmorodoDua LipaVirus do papiloma humanoXeiraLibro de familiaCarlos de Matos GomesRihannaLista de códigos telefónicos internacionaisGalicia LiberalPili PampínTonhito de PoiAlbert Camus1907Jennifer LopezA CoruñaA memoria da choivaLista de ríos de GaliciaRMS TitanicAyrton SennaShinovaEugenio Montero RíosZendayaOurenseTeoFederico García LorcaEstatuto de autonomía de Galicia de 1936MascatoEspañaBrasilHalo (Vigo)O comparativo galegoTenda en liñaPosición do misioneiro invertidaSigüeiro, Oroso, OrosoZíngaroPampillo amareloGuerra de Sucesión EspañolaPoriRizomaWikipediaCruceiroLista de medallistas olímpicos galegosFacebookO Eixo de Abaixo, O Eixo, Santiago de CompostelaOs demostrativos galegosEdgar DegasMártires de CarralBipartito galegoCadela de fradeOrganización para a Seguridade e a Cooperación en EuropaPilar RubioFiúncho🡆 More