Cincenta é un dos contos de fadas máis populares da humanidade, de cuxa historia hai varias versións euroasiáticas, orais e escritas.
Tamén recibe os nomes de Cinsenta ou Cinderella.
Cincenta | |
---|---|
Cincenta nunha ilustración de Carl Offterdinger.. | |
Título orixinal | Cendrillon (Perrault); Aschenputtel (Grimm) |
Autor/a | Charles Perrault, irmáns Grimm |
Ilustrador/a | Carl Offterdinger |
Orixe | Francia |
Lingua | francés, alemán |
Tema(s) | Conto |
Xénero(s) | Conto de fadas, literatura infantil |
Data de pub. | 1697 (Perrault) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa orixe ten diferentes versións. A máis coñecida é a do escritor francés Charles Perrault, de 1697, baseada nun conto italiano popular chamado A Gata Borralleira (en italiano, La Gatta Cenerentola; no orixinal napolitano, La gatta cennerentola). A máis antiga é orixinaria da China, arredor do ano 860 a. C.. Existe tamén a dos Irmáns Grimm, semellante á de Charles Perrault, porén, non hai a figura da fada madriña e quen cumpre o desexo de ir ao baile son os pombos e a árbore. Neste caso, Cincenta coñece palabras máxicas, usadas en imperativo, que producen a transformación dos seus degoiros en realidade. Ao final, os pombos furan os ollos das irmás malvadas, que fican cega. Segundo outras versións a figura da fada madriña é en verdade o espírito da finada nai da propia protagonista que trouxo un vestido do ceo para Cincenta usar no baile.
Psicanalistas ven na historia da Cincenta moito máis ca unha simple trama romántica. Por ter orixe atemporal e ter xurdido en varias civilizacións diferentes, a traxectoria da protagonista traduciría unha especie de arquetipo fundamental, traducindo a arela natural da psique humana en ser recoñecida especial e levada a unha existencia superior. A literatura e o cinema, conscientes diso, utilizaron o seu arco dramático para o desenvolvemento de innúmeras outras obras de interese popular. Alén do famoso filme de animación de Walt Disney en 1950 (Cinderella) - A Disney sempre buscou inspiración nos contos de fadas - cómpre salientar o filme Pretty Woman, protagonizado por Julia Roberts, e que foi éxito de portelo nos anos 1990.
Cincenta era filla dun comerciante rico. . Despois que seu pai morreu, súa madrasta tomou conta da casa que era de Cincenta. Cincenta entón, pasou a vivir coa súa malvada madrasta e mais as súas dúas fillas que tiñan envexa da beleza da Cincenta e puxérana de doncela. Ela tiña que facer todas as tarefas domésticas e aínda era albo de vexames e maldades. O seu acubillo era o cuarto no faiado da súa propia casa e os seus únicos amigos: os animais do bosque.
Un fermoso día, é anunciado que o Rei realizará un baile para que o príncipe escolla a súa esposa de entre todas as mozas do reino. Na invitación, distribuída a todos os cidadáns, había o aviso de que todas as mozas deberían asistir ao baile promovido polo Rei.
A madrasta de Cincenta sabía que ela era a máis bonita da rexión, polo que intentou impedir que esta fose argumentando que non tiña un vestido apropiado para a ocasión. Cincenta, entón, coseu un vestido coa axuda dos seus amigos da foresta. Paxariños, ratiños e esquíos axudárona a facer un vestido de retallos, mais moi bonito. Porén, a madrasta non quería que Cincenta comparecese no baile de forma algunha, pois a súa beleza impediría que o príncipe se interesase polas súas dúas fillas. Polo que, a última hora, esnaquizaron o vestido de Cincenta, escusándose que non tiñan autorizado a Cincenta a usar os retallos que estaban no lixo. Deste xeito impediron que a rapariga tivese tempo para coser outro vestido.
Moi triste, Cincenta foi para o seu cuarto no faiado e ficou par da xanela, ollando para o castelo do outeiro. Chorou, chorou e rezou moito. Das súas pregarias e bágoas, xurdiu a súa fada madriña que confortou a moza e fixo uso da súa máxica para crear un lindo vestido para Cincenta. Tamén xurdiu unha linda carruaxe e os amiguiños da foresta foron transformados en humanos, cocheiro e axudantes de Cincenta. Antes de súa afillada saír, a fada madriña deulle un aviso: a moza debería chegar antes da media noite, ou toda a máxica desaparecería aos ollos de todos.
Cincenta chegou á festa coma unha princesa. Estaba tan bonita, que non foi recoñecida por ninguén, agás pola madrasta, que pasou a noite enteira a lle dicir as fillas que a tal moza lle era familiar, mais non conseguía saber de onde. O príncipe, asemade a viu, convidouna a bailar. Cincenta e o príncipe danzaron e danzaron a noite enteira. Conversaron e riron como dúas almas xemelgas e logo se decataron que estaban feitos o un para o outro.
Acontece que a fada madriña avisara que a maxia só duraría até a media noite e un minuto; polo que, cando o reloxo deu as doce badaladas e un minuto, Cincenta tivo que saír correndo. Foi cando deixou un dos seus zapatiños de cristal na escalinata. O príncipe, moi preocupado por non saber o nome da moza ou como reencontrala, apañou o zapatiño e saíu na súa procura polo reino e noutras cidades. Moitas mozas fixéronse pasar pola dona do zapatiño, mais o pé de ningunha delas encaixaba no obxecto.
Cando o príncipe petou na porta da casa de Cincenta, a madrasta trancou a moza no soto e só deixou que as súas dúas fillas probasen o calzado. A pesar das laidas fillas se esforzaren, o zapatiño de cristal non entrou. Foi cando un axudante do príncipe viu que había unha rapaza na xanela do faiado da casa.
Baixo as ordes do príncipe, a madrasta tivo de deixar a Cicenta baixar do sobrado. A moza entón probou o zapatiño, mais antes de o probar o príncipe xa tiña dentro do seu corazón a certeza de que reencontrara o amor da súa vida. Cincenta e o príncipe casaron nunha linda cerimonia, e anos despois se tornarían Rei e Raíña, famosos polo bo corazón e polo enorme senso de xustiza. Cincenta e o príncipe foron felices para sempre xamais.
O nome galego do conto (Cincenta ou Cinsenta) provén de Cinderella, que á súa vez vén da palabra cinder (borralla ou cinsa en inglés) máis o sufixo diminutivo feminino ella (correspondente ao -ela ou -iña galego: fonte, fontela, fontiña). O nome logo foi inventado polas súas irmás, polo feito de Cincenta estar sempre chea de sucidade, feluxe e borralla no rostro, xa que limpaba a casa e nas horas libres gustaba de ficar fronte á lareira. O nome do conto é moitas veces traducido a A Gata Borralleira, ou mesmo O Zapatiño de Vidro xa que só por causa deste obxecto o príncipe soubo identificar a Cincenta.
A historia da "Cincenta" foi orixe de moitas obras notábeis:
Cinderella estreouse coma pantomima no palco Drury Lane Theatre, en Londres en 1904 e no Adelphi Theatre en Londres en 1905. Phyllis Dare, con 14 ou 15 anos, protagonizou o último. Na versión orixinal da pantomima a escena de abertura é nun bosque cunha cazaría e é aí onde Cincenta atopa o príncipe por vez primeira e a súa man dereita Dandini, cuxo nome e personaxe vén da ópera La Cenerentola. Cincenta confunde Dandini co Príncipe e o príncipe con Dandini. Unha versión estreouse nos EUA no El Portal Theatre en 2010
A versión de Rodgers e Hammerstein tamén foi algunha vez representada en vivo. Unha versión moi exitosa tivo lugar en 1958 no Coliseu de Londres cun elenco que inclúe a Tommy Steele, Yana, Jimmy Edwards, Kenneth Williams e Betty Marsden. Bobby Howell foi o director musical. A versión de 2005 que caracterizou Paolo Montalbán tivo un elenco etnicamente diverso, como a versión de TV de 1997.
Ao longo das décadas, centenares de filmes foron feitos ou adaptados directamente da Cincenta. Case todos os anos, polo menos, hai un novo, sendo a Cincenta unha das obras literarias cun maior número de adaptacións ao cinema.
Floricienta, unha telenovela arxentina que conta a historia de Flor Fazzarino, unha moza honesta e humilde que sufría por mor das bruxas Delfina e Magda. A telenovela axiña vendeu formatos a países como Colombia, Portugal, Chile, Brasil e México. Na telenovela brasileira Cheias de Charme (2012) da Rede Globo tamén poden ser vistas referencias ao conto de fadas.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Cincenta, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.