Teléfono Móbil

Un teléfono móbil, ou simplemente móbil, é un dispositivo de comunicación electrónico con iguais capacidades básicas dun teléfono de liña telefónica convencional.

Ademais, é portátil e non require cables condutores para a súa conexión á rede telefónica.

Teléfono Móbil
Teléfonos móbiles.

A maioría dos teléfonos móbiles actuais conectan coa rede usando unha tecnoloxía sen fíos da transmisión da onda de radio (coa excepción de teléfonos baseados nos satélites). Estes teléfonos móbiles comunícanse por medio dunha rede celular de estacións base, que á vez enlaza coa rede de teléfono convencional. Apareceu a mediados dos anos 80 (xeración 1G). Os teléfonos móbiles anteriores que funcionaban sen unha rede celular (a denominada xeración 0G), como o MTS, datan de 1946. O Motorola DynaTAC 8000X (1983) foi o primeiro teléfono móbil dispoñíbel comercialmente. Ata os últimos anos 80, a maioría dos teléfonos móbiles eran tan grandes que a miúdo foron instalados permanentemente en vehículos como teléfonos do coche. Co avance da miniaturización, a gran maioría de teléfonos móbiles son de man.

Na actualidade o país cun maior número de usuarios de teléfonos móbiles é a China con 593,3 millóns de usuarios.

Saúde

Teléfono Móbil 
Porcentaxe de utilización de móbiles no planeta en 2006.

Actualmente non hai ningún estudo que presente probas concretas que indiquen que os móbiles posúen riscos para a saúde. Os aparellos móbiles, así como outros dispositivos electrónicos como radio, televisión, algúns controis remotos, redes sen fío de computadores etc, utilizan ondas electromagnéticas de radio frecuencia (RF) para comunicación. Esas ondas electromagnéticas están consideradas como radiacións non ionizantes, ou sexa, consideradas seguras nas potencias utilizadas nos dispositivos celulares cuxo funcionamento atende ás recomendacións da International Commission on Non-Ionizing Radiation Protection (ICNIRP) provisionalmente adoptadas pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Diversos estudos se realizaron para se determinar posíbeis riscos de longo prazo á saúde humana polo uso aparellos celulares: a Organización Mundial da Saúde divulgou resultados preliminares dun estudo que suxire que o uso de aparellos móbiles pode estar relacionado cunha predisposición maior a diversos tipos de cancros; en contrapartida un estudo realizado con base nos datos collidos nos últimos 30 anos abranguendo practicamente todos os habitantes da Escandinavia descarta a ligazón de cánceres cerebrais co uso de móbiles. A parte da diverxencia entre os estudos sobre os riscos á saúde do uso de celulares, moitos especialistas e entidades de saúde oficiais teñen recomendado a utilización limitada destes dispositivos, así como o sistema de mans libres. Existe, con todo, un grande consenso sobre os riscos de accidentes provocados polo uso de celulares: o uso deses dispositivos ao guiar un coche ou mesmo camiñando aumentan significativamente o risco de accidentes a través da distracción provocada ao se conversar a través do móbil.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Teléfono Móbil SaúdeTeléfono Móbil NotasTeléfono Móbil Véxase taménTeléfono MóbilCableElectrónicaTelecomunicaciónsTeléfono

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Jesús Vázquez MartínezTimothée ChalametComadres das LetrasStephane LasmeCangas de OnísJosé Pablo del Bado RivasFranciaRock alternativoFaba lobaViñoO imperio do solCristiano RonaldoManuel FragaArturo Fernández (xornalista)14 de setembroSeseoRyan GoslingMiguel HernándezBurgosGame Boy AdvanceAs Pontes de García RodríguezPontevedraPartido Comunista dos Traballadores de EspañaSydney Sweeney25 de agostoRally Comarca da Ulloa de 2014Década de 1930Zlatan IbrahimovićEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Patricia García GonzálezColombiaCampos de concentración franquistasMártires de CarralRepública Popular da ChinaManuel AntonioSeúlFoo FightersXogos Olímpicos de Pequín 2008Provincias de EspañaLeiroDistrito de BragaJesús NavasGuerra fríaÁlex FidalgoReal Sporting de XixónComunismoEthel VázquezGuerra civil españolaMarylandDaniel Vega PérezXosé Manuel PiñeiroTeobrominaAsturiasDineína2000WikiLeaksHistoria de GaliciaEpidauroMiguel de UnamunoNicolao de MiraProvincias e territorios do CanadáJosé Luis GilCruz de BorgoñaBlanco y NegroLugoAzuritaSatélite asteroidalGigi HadidPremio Nobel de LiteraturaWayback MachineEspañaPReino de León🡆 More