Cianuro De Hidróxeno: Composto químico

Xeral

Propiedades

Nome Cianuro de hidróxeno
Fórmula química HCN
Aparencia líquido incoloro

Físicas

Peso molecular 27,0 uma
Punto de fusión 260 K (-13 ̊C)
Punto de ebulición 299 K (26 ̊C)
Densidade 0,7 ×10³ kg/m³
Solubilidade moi soluble

Termoquímica

?fH0gas 135,14 kJ/mol
?fH0líquido 109 kJ/mol
?fH0sólido 100 kJ/mol
S0gas, 1 bar 201,82 Jmol-1K-1
S0líquido, 1 bar 113,01 Jmol-1K-1
S0sólido ? Jmol-1K-1

Riscos

Inxestión Extremadamente tóxico. Síntomas temperáns: náusea, vómitos e dor abdominal.
Inhalación Extremadamente perigoso.
Pel Crese que é posible o envelenamento a través da pel.
Ollos Meniñas dilatadas é un síntoma de envelenamento.
Máis información Hazardous Chemical Database (En inglés)

O cianuro de hidróxeno é un composto químico cuxa fórmula é: HCN. A solución de cianuro de hidróxeno en auga é chamada ácido cianhídrico. O cianuro de hidróxeno puro é un líquido incoloro, moi velenoso e altamente volátil, que ferve aos 26 °C. Ten un lixeiro cheiro améndoas amargas, que algunhas persoas non poden detectar debido a un trazo xenético. O cianuro de hidróxeno é lixeiramente ácido. Os seus sales son coñecidos como cianuros.

O cianuro de hidróxeno prodúcese en grandes cantidades en todo o mundo pola industria química. É usado en tinxiduras, explosivos, produción de plásticos etc. Pode ser producido provocando a reacción entre un cianuro e un ácido forte, ou directamente de amoníaco e monóxido de carbono.

As froitas que teñen unha semente grande, como o aguacate ou o albaricoque, xeralmente teñen pequenas cantidades de cianuro de hidróxeno na súa semente. As améndoas amargas, das que se extrae o aceite de améndoa, tamén o conteñen. Algúns miriápodos úsano como medio de defensa. Tamén pode atoparse nos gases producidos por motores de vehículos, no fume do tabaco e no fume da combustión de plásticos que conteñen nitróxeno.

Unha concentración de 300 partes por millón no aire é suficiente para matar a un humano en cuestión de minutos. A súa toxicidade débese ao ión cianuro CN-, que inhibe a respiración celular. Por esta razón, o cianuro de hidróxeno era moi usado na Alemaña nazi como método de execución en masa.

Referencias exteriores

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xosé RepresasNintendo 64CToniña comúnSérgio TannusIrene MonteroGalería de imaxes de flores de GaliciaOllos de augaThe Good DoctorRosario Porto OrtegaXesús Alonso MonteroMarcos PereiroNúmero piGonzalo Torrente BallesterXosé Luís BernalNacho CastañoTeresa RiberaEmilia Pardo BazánMexacánCódigo QRRibadeoPremio Nacional de Literatura de EspañaLista das árbores de GaliciaEstados Unidos de AméricaFidel CastroDr. Jekyll e Mr. HydeFerroLingua portuguesaHistoria de EspañaAWStatsO incerto señor Don HamletRacing Club de FerrolBenito VicettoLugoAna TurpinProsobranquiosMatriz cadradaFávila (duque)Nomes de fumeAndorraStellantisNocelloArgimiro Marnotes FernándezLista de paísesEva Iglesias MiguénsMoción de confianzaLista de prefixos e sufixosSalvador IllaBlogDodroDemocracia OurensanaBenito KamelasGinger RogersJorge BermelloFundación WikimediaJ. K. RowlingArroazA Mesa pola Normalización LingüísticaLingua éuscaraDepartamento de ApurímacFacebookFillas de CassandraA Bandeira, Manduas, SilledaPimpín comúnAC-211Diego González RivasOs EoasNintendo Entertainment SystemValenciaSobreiraRenfe Operadora🡆 More