Catai

Catai ou Cataio ás veces transcrito Katai, é un nome alternativo para China, orixinado da palabra quitai ou khitai (契丹, Qìdān ), nome dun pobo nómade que fundou a dinastía Liao, que dominou a maior parte do norte da China desde 907 até 1125, e que tiña un estado propio (o Kanato de Kara-Khitai) centrado arredor do territorio correspondente ao actual Kirguizistán, durante un século máis.

Orixinalmente "Catai" ou "Cataio" era o nome empregado polos europeos e os asiáticos occidentais e centrais para o norte da China, é dicir, a propia China, onde comezou a civilización chinesa e a etnia Han. O termo estendeuse rapidamente en Europa despois da publicación do libro de Marco Polo que se refería ao sur da China como Manji.

Historia

Unha forma do nome Cathai aparece nun documento uigur maniqueísta de arredor do ano 1000. O nome rapidamente fíxose igualmente coñecido na Asia Central islámica ; cando, en 1026, a corte dos Ghasnevid (en Gasni, no actual Afganistán), foi visitada por enviados do gobernante Liao e foi descrito como un Qata Khan ( Qatā Ḫan ), é dicir, o gobernante de Qaha; Cata ou Quita (Qitā ) aparece tamén nos escritos de Al Biruni e Abu-said Gardezí nas décadas seguintes. O erudito e administrador persa Nizan Almulque (1018–1092) menciona a Quita e a China no seu Libro sobre a Administración do Estado, ao parecer como dous países distintos, (presumibelmente referíndose aos imperios Liao e Songue, respectivamente).

A forma do nome no mundo islámico sobreviviu finalmente á substitución da dinastía Liao Quitai pola dinastía Jin, de orixe jurchem, a principios século XII. Ao describir a caída do Imperio Jin ante os mongois (1234), a historiografía persa describiu o país conquistado como Khitāy ou Djerdaj Khitāy (é dicir, "o Cathay jurchém"). Os propios mongois, na súa Historia Secreta (século XIII), falan tanto de Quitals como de Karakital.

Cando os viaxeiros europeos e árabes comezaron a chegar ao Imperio Mongol, describiron o norte da China controlado polos mongois como "Catai" (tamén "Cathay" e varias outras variantes). O nome apareceu nos escritos de Xoán de Plano Carpini (c. 1180 - 1252) (como Kitaia ), Guillerme de Rubruck (c. 1220 - c. 1293) (como Cataya ou Cathaia ). Rashidadim de Hamadan, Ibn Batuta e Marco Polo referíanse ao norte da China como Cathay, mentres que a parte sur do territorio chamábase Mangi, Manzi, Chin ou Sin.

Nalgunhas linguas, especialmente o ruso, Cathay (Китай, Kitai ) aínda é o nome moderno de China.

Progresión etimolóxica

Esta é a progresión etimolóxica que sufriu o termo ao ser usado en territorios occidentais:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Wittfogel, Karl A. e Chia-Sheng, Feng. History of Chinese Society: Liao (907-1125). en Transactions of the American Philosophical Society (vol. 36, Part 1, 1946). Dispoñible en Google Books.

Tags:

Catai HistoriaCatai Progresión etimolóxicaCatai NotasCatai Véxase taménCatai9071125Kanato de Kara-KhitaiKirguizistánRepública Popular da China

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rebeliom do InframundoSokramBatalla de CovadongaNacho CastañoGame Boy ColorMarilar AleixandreCataluñaPriscilianoTelexornalCangasEstados Unidos de AméricaSérgio TannusLeón, EspañaRosario DúrcalCatedral de OurenseAlcaldes da CoruñaVerínLesión deportivaXoán Manuel Ramos RodríguezDios ke te crewArroazVacaTrackbackParalelismoVichelocregoLois PereiroXosé Luís Franco GrandeOtelo Saraiva de CarvalhoAriadna Fernández GonzálezXabarilRoberto Vidal BolañoUnión EuropeaMaría Xosé QueizánHórreoJoan Manuel SerratEl NiñoÁnxel CasalCromosomaO Pedrouzo, Arca, O PinoPere AragonèsA memoria da choivaCunnilingusStellantisZeca AfonsoPornografíaLingua kusaal20 de setembroMarta DarribaAna María Fernández MartínezThais VillasFozLingua éuscaraMiguel Ángel Zabalza BerazaMiguel Ángel MuñozSantiago de CompostelaLila (planta)FerrolPosición do misioneiroJosé de RiberaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Asalto do bou EvaBenito KamelasCelanovaRonaldoVladimir PutinAlejandra PizarnikPimpín comúnDeportivo da CoruñaIker MuniainGala Murguía de CastroIrene Vallejo Moreu🡆 More