Linguas Nórdicas: Póla das linguas xermánicas falada nos países nórdicos

Coñécese co nome de linguas nórdicas ás linguas xermánicas setentrionais ou linguas escandinavas.

Constitúen unha das tres pólas das linguas xermánicas, unha sub-familia das linguas indoeuropeas, xunto coas linguas xermánicas occidentais e mailas linguas xermánicas orientais.

Linguas Nórdicas: Historia, Clasificación, Notas
Linguas nórdicas

Derivan do protonórdico e do nórdico antigo, e son faladas en Dinamarca, Noruega, Suecia, as Illas Feroe, Islandia e Groenlandia, así como por unha significativa minoría sueca en Finlandia e por grupos de inmigrantes en América do Norte e Australia.

Aproximadamente 20 millóns de persoas dos países nórdicos teñen unha lingua escandinava como lingua nai, incluíndo unha significativa minoría sueca en Finlandia.

Historia

Ao redor do ano 200, os falantes do xermánico setentrional fixéronse perceptiblemente distinguibles doutros falantes xermánicos. Entre o 750 e o 1100, os falantes do xermánico setentrional falaban dialectos que correspondíanse cunha lingua coñecida como dinamarquesa, nome usado para esa lingua ata o século XIII en Suecia. Unha inscrición en escritura rúnica documenta os primeiros desenvolvementos desta lingua.

Os colonos escandinavos levaron a lingua dinamarquesa a Islandia e ás Illas Feroe cara ao 800. Das modernas linguas escandinavas, o islandés escrito é o máis próximo a esta lingua antiga. Esta lingua dinamarquesa estaba moi vencellada co inglés antigo, lingua sobre a que os viquingos dinamarqueses exerceron unha grande influencia durante a súa idade viquinga.

Tralos períodos do protonórdico e do nórdico antigo, as linguas xermánicas setentrionais desenvolvéronse en dúas pólas: unha póla escandinava oriental, que se compoñía do dinamarqués e sueco; e unha póla occidental, composta polo noruegués, feroés e islandés. Unha lingua máis, coñecida como Norn, desenvolveuse nas Órcadas e nas Illas Shetland despois de que os viquingos se establecesen alí cara ao ano 800; no entanto, a lingua extinguiuse cara ao 1700.

Na época medieval, os falantes de todas as linguas escandinavas podían entenderse entre eles. Cara ao ano 1600, as pólas oriental e occidental reconfiguráronse dende un punto de vista sintáctico nun grupo insular (islandés e feroés) e un grupo continental (dinamarqués, noruegués e sueco). A división entre escandinavo insular (ö-nordisk/ø-nordisk) e escandinavo continental (Skandinavisk) desenvolveuse, principalmente, debido á distancia xeográfica entre as dúas rexións e está baseada no grao de mutua comprensibilidade entre as linguas dos dous grupos.

Clasificación

Linguas Nórdicas: Historia, Clasificación, Notas 
As linguas xermánicas de Europa están divididas en linguas xermánicas setentrionales e occidentais      Neerlandés (Xermánico occidental)      Alto alemán (Xermánico occidental)      Anglo-frisón insular (Xermánico occidental)      Anglo-frisón continental (Xermánico occidental)      Escandinavo oriental (Xermánico setentrional)      Escandinavo occidental (Xermánico setentrional)      Liña que sinala a división entre as linguas xermánicas setentrionais e occidentais

A lingüística histórica diferenza entre dúas pólas principais: linguas escandinavas occidentais (noruegués, feroés e islandés) e linguas escandinavas orientais (dinamarqués e sueco), todas elas cos seus respectivos dialectos e variedades. As dúas pólas derivan, respectivamente, dos dialectos occidental e oriental do Nórdico antigo. Houbo tamén unha póla denominada Gútnico antigo falada na illa de Gotland. As linguas escandinavas orientais (e o noruegués moderno a través do dinamarqués) foron moi influídas polo medio-baixo alemán durante o período da expansión Hanseática.

Na actualidade, os empréstitos do inglés están influíndo nestas linguas. Un informe do ano 2005 sobre palabras usadas por falantes das linguas escandinavas amosou que o número de empréstitos do inglés empregados nas linguas escandinavas duplicouse nos derradeiros 30 anos e que agora constitúe o 1'2% do seu léxico. O islandés importou un menor número de palabras inglesas que outras linguas escandinavas, malia ser o país no que máis se emprega o inglés.

Existe outro xeito de clasificar as linguas, centrado máis na mutua intelixibilidade cá no modelo arbóreo, que sitúa ao noruegués, dinamarqués e sueco como membros do escandinavo continental e ao feroés e islandés como escandinavo insular. Como resultado, o dinamarqués e mailo noruegués resultan máis intelixibles entre si que cada un respecto do sueco. Debido á longa unión política entre Noruega e Dinamarca, o noruegués estándar Bokmål contén moito vocabulario dinamarqués. Porén, debido a que o dinamarqués desenvolveu unha grande diferenza entre as súas versións oral e escrita, os falantes do sueco e do noruegués adoitan consideran ao dinamarqués difícil de entender. O menor grao de intelixibilidade dase entre o dinamarqués oral e mailo sueco. Amais, por mor da pronunciación do dinamarqués, aos suecos resúltalles máis doado entender o noruegués có dinamarqués. Un aserto humorístico sobre o noruegués, que vén sintetizar as semellanzas e diferenzas entre linguas, di que o "noruegués é dinamarqués dito en sueco". Na lingua escrita, o dinamarqués é relativamente próximo a outras linguas escandinavas continentais, mais o desenvolvemento fonético do dinamarqués falado implica redución e asimilación de consoantes e vogais, así como os trazos prosódicos chamados stød en dinamarqués (lit. "push; thrust"), desenvolvementos que non se deron noutras linguas. Os vencellos entre as tres linguas quedan resumidos no diagrama adxunto.

Linguas Nórdicas: Historia, Clasificación, Notas 
Relación entre o noruegués o sueco e mailo dinamarqués

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Linguas Nórdicas HistoriaLinguas Nórdicas ClasificaciónLinguas Nórdicas NotasLinguas Nórdicas Véxase taménLinguas NórdicasLinguas indoeuropeasLinguas xermánicas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CrimeaViktoryja AzarankaBreixoDobre hélice de ácidos nucleicosShin ChanAustraliaJosé Manuel LageParafiléticoDistritos de PortugalÁcido palmitoleicoAtún listadoTetrabucleLingua xeorxianaCastrelo do ValArco de TitoGran Premio de Singapur de 2018ArolaLingua samoanaTurcoFermentaciónCastro de Punta do BicoCircuíto Ricardo TormoPili PampínTroitaADN polimeraseTrondheimCarlito syrichtaMuxe'Concepción ArenalCallosobruchus chinensisGlícidoForo (contrato)The New York TimesÁcido caprílicoSelenaVilar de BarrioMarçal MolinéBenz Patent-MotorwagenLingua sánscritaSt. Louis1801Arianna d'OttoneEnantiornithesCameloJohn F. KennedyProteína ATMMarcello BertinettiPreposicionalCirrio de chemineaRaleigh, Carolina do NorteCromosoma 15EnciclopediaCryptosporidiumMaruca do MediterráneoÁlxebraGuerra de CroaciaArma nuclearLuca (filme de 2021)Factor intrínsecoNiccolò MachiavelliNational Security AgencyAtaque de denegación de servizoFerraraDonicelaPaís VascoCondado de DalarnaFernando AlonsoJulio IglesiasIndonesiaCélula naiPericarditeWilliam Smith (lexicógrafo)GaravanzoLingua inuktitutPolpa dentaria🡆 More