Calcetín: Artigo de roupa para o pé

Un calcetín ou peúgo é unha cuberta para o pé, deseñada co fin de quentalo, absorber a suor, protexelo do lixo e rabuñaduras ou aliviar o frotamento co calzado.

Calcetín: Artigo de roupa para o pé
Calcetines de diferentes cores.

Características

Os calcetíns están deseñados para ser levados co calzado que cobre o pé enteiro, como calzado deportivo, botas ou zapatos de vestir. En ocasións, lévanse con sandalias e zapatillas de casa. Os calcetíns tamén se poden levar sos, xeralmente dentro de casa.

Normalmente, os calcetíns están feitos de algodón, la (cando é groso e de la denomínase carpín ou escarpín), ou nailon. Fabrícanse en cores varias, pero tipicamente son escuros para traxe formal e brancos para traxe deportivo ou ocasional.

A lonxitude dos calcetíns varía, desde cubrir soamente o pé, ata o nivel do xeonllo. Nos Estados Unidos, calcetíns curtos fixéronse populares para o uso con calzado deportivo, especialmente entre os adolescentes e os adultos novos.

Aínda que os calcetíns tipicamente se venden en pares, xeralmente os dous son idénticos, a diferenza dos zapatos. Uns calcetíns que non coinciden denotan alguén distraído ou que busca un toque de orixinalidade ou incorformismo. Con traxe formal ou semiformal, a cor do calcetín debe corresponder coa cor dos zapatos ou os pantalóns. Levar calcetíns brancos cun traxe escuro esta, habitualmente, mal visto, nas sociedades occidentalizadas.

Notas

Tags:

CalzadoLixoPé (anatomía)Suor

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Domingo García-SabellGerardo Pardo de VeraPaula CarballeiraCuruxa comúnJosé Luís Valladares FernándezTito AsoreyMillie Bobby BrownSimón BolívarMaría do Socorro Ortega RomeroSegunda división española de fútbolRiba-roja de TúriaWinston ChurchillPeneEduardo PondalSandroCayetana Guillén CuervoO divino saineteToni KroosPontevedraWill SmithPeníscolaA ira dos mansosAlfonso RuedaPorto, PortugalPRECAlfredo Pérez RubalcabaHLA-DOCirco de los MuchachosCatedral de la Seu d'UrgellThe ArtistFernando Grande-MarlaskaPartido Comunista dos Traballadores de EspañaAlfonso MolinaPilar Vázquez CuestaLista de xentilicios de concellos galegosJosé Galera MorenoGaliciaOs EoasPampallínCastañolaPenélope CruzDani PedrosaRevolución galega de 1846InstagramEduardo Blanco AmorBelugaJosé Luis Rodríguez ZapateroFilipe V de EspañaAntonio Fernández PitaLeymaRusiaDavid SilvaMaría PitaMiguel Anxo BastosHLA-DMNervoTuiManuel Jesús González CapónJuan Constenla CarbónFrancisco PazosBieito RubidoCruceiroA Pena, San Román de Vilaestrofe, CervoÁlex GonzálezSupremme de LuxeModelo OSIPoloniaCandela PeñaAlbert EinsteinEduard del Castillo VelascoLista de programas de Televisión EspañolaLola FloresRepública Popular da China🡆 More