Cánabo: Xénero de plantas

O cánabo é o nome de varias plantas da familia Cannabaceae que se corresponde coas especies Cannabis rudelaris, Cannabis indica e Cannabis sativa.

Este artigo trata da Cannabis rudelaris.

Non confundir coa marihuana, na que o contido de Tetrahidrocannabinol (THC) é superior ao do cánabo, a pesar da similitude da especie.

É tamén o nome dun tecido obtido a partir das fibras desta planta. Alén de roupas, é utilizado na fabricación de papel e como forraxe animal.

Cultivo

Moi cultivado en varias partes do mundo, inclusive en Europa, onde a Unión Europea o legalizou e autorizou en 1998, e mesmo subsidiou ao liño de cánabo.

Hai limitacións canto ao seu cultivo: permítese só en terreos de máis dunha hectárea, segundo normas da comisión agrícola europea.

Utilización

A planta é integralmente utilizada para diversos fins, mais destaca especialmente a súa fibra, tamén chamada filaza, moi usada na industria da pel, pois unha hectárea de cánabo produce o mesmo que catro hectáreas de eucaliptos, nun período de vinte anos.

A industria téxtil tamén é un bo mercado para o cánabo, por este ser cinco veces máis resistente que o algodón, e cos seus longos feixes de ata 4,5 m é usado para fabricar cordas e amarras de navíos pois son bastante resistentes.

Da semente extráese un Aceite moi usado na industrias de cosméticos como base para cremas, xampús, aceites hidratantes etc; na industria mecánica para vernices, lubrificantes, combustíbeis, tinturas e outros usos, así como para a alimentación humana en aceites, margarina, flocos de cereais, petiscos e outros.

Produtores

Actualmente os maiores produtores son:

  • A China, considerada o maior exportador mundial de téxtiles e papel de cánabo;
  • Francia, que en 1994 recolleu máis de dez mil toneladas, con crecente aumento da produción.

No que se refire a ampliación de sementeira agrícola, no ano 1999 pódese observar o crecemento na área de cultivo nalguns países como:

  • Romanía, que nese ano sementou 15.000 hectáreas
  • Canadá, 12.000 hectáreas
  • Reino Unido, con apenas 1.500 hectáreas , mais con moi boas perspectivas de crecemento para os anos seguintes.

Os valores en 2005 permanecen case constantes.

Ligazóns externas

  • [1] Documento do Goberno Portugués, que iniciou a legalización do cánabo en Europa pola Unión Europea

Tags:

Cánabo CultivoCánabo UtilizaciónCánabo ProdutoresCánabo Ligazóns externasCánaboCannabis sativa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ulpiano VillanuevaEra da informaciónUNVIFrancisco Miguel Llanos TrápagaAnálise numéricaTeixugoSupremme de LuxeHindiGoogleLista de episodios de Dragon Ball Z KaiAníbal MalvarEivisaXosé Manuel PiñeiroAtol Bora BoraVolta ao País Vasco 2018Robert OppenheimerManuela ReyUnión do Povo GalegoMasculino e feminino en galegoDaniel de la SotaCaso Asunta Basterra28 de marzoPacto Molotov-RibbentropSimón BolívarContactNapoleón I de FranciaMacizo GalaicoDinastía watásidaFonoteca 92Miguel de MiguelPocholo Martínez-BordiúSegunda guerra mundialMaría do Socorro Ortega RomeroLatitudeFrei Basilio Río BrenllaAraceli GestidoRakel WinchesterLionel MessiNatalia JunqueraRegina García GarcíaIllas CanariasRonaldinhoLista de filmes con versión en galego/CCorea do NorteSilvia SuperstarCatalán ribagorzanoEspañaHeptosaRubén Lois GonzálezO IrixoLímite matemáticoGhaleb Jaber IbrahimMesopotamiaGalicia estremeiraLingua galegaCarqueixaKu Klux KlanMelatoninaEurocopa de FútbolCélula pancreática acinarBragaLista de palabras galegas de orixe celtaCaptain Fantastic (filme)Isabel Díaz AyusoMichelle ObamaA VeigaCreative CommonsMisa (música)Sulfato de cobre (II)EsvásticaVilagarcía de ArousaOurenseContactorAntolín Faraldo🡆 More