Atlántico Diario: Xornal galego

Atlántico Diario é un xornal rexional da área metropolitana de Vigo.

Atlántico Diario
Atlántico Diario: Historia, Suplementos, Equipo humano
Fundación14 de xuño de 1987
Lingualingua castelá
Na rede
https://www.atlantico.net/
Twitter: atlanticodiario Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

En 1986 un centenar longo de investidores, na súa maioría de Vigo, constituíron a sociedade anónima Rías Baixas Comunicación, presidida polo cirurxián Juan Mosquera Luengo e con José Luis Outeiriño como conselleiro delegado. Deste proxecto nacería ó ano seguinte Atlántico Diario, un periódico concibido como unha nova alternativa informativa para o sur de Galicia e coa área metropolitana de Vigo como centro de referencia.

O primeiro número editouse o 14 de xuño de 1987, froito do traballo de corenta persoas ás ordes do xornalista Luis Rodríguez García. O rotativo presentábase como “diario independente de Galicia” e proclamaba a liberdade e o pluralismo, a defensa da economía libre, Galicia como unha vocación universal e Vigo como compromiso. O novo xornal entraba na vangarda tecnolóxica do momento ó ser o primeiro de Galicia en incluír páxinas en cor. Imprímese na rotativa do diario La Región en Ourense, a primeira de España en introducir diariamente a cor e en incorporar o offset. Con Atlántico Diario nace o seu primeiro suplemento, Motor, que máis adiante cambiou o seu nome por Autovía.

A primeira remodelación tivo lugar en 1989. A cabeceira multicor pasa a ser unicamente azul e cambia toda a maquetación do periódico, que se fai máis gráfica. En 1990 comeza a andaina do suplemento Vida, que se centrará na vida social viguesa. En 1991 nace o suplemento Universitas, para o público universitario. En 1994 aparece o suplemento Atlántico Azul, que durante anos será unha importante referencia para o mundo do mar.

En 1993 José Luis Outeiriño, editor e presidente de La Región, é nomeado presidente de Rías Baixas Comunicación, e Alfonso Sánchez Izquierdo conselleiro delegado. En 1996 houbo unha gran renovación estética e informática, coa incorporación do sistema editor Edicomp 4.000 da firma española Protec. Créase o arquivo fotográfico informatizado.

Tamén en 1996 aparece o suplemento económico Euro, en cor salmón. En 1999 ponse en marcha o suplemento Celtismo, para a afección do Real Club Celta de Vigo. No 2000 nacen o suplemento dominical La Revista e o suplemento Xornal Escolar, dedicado ó mundo do ensino.

En 2001 comeza un redeseño gradual de Atlántico, que modifica o seu aspecto e reorganiza contidos. Inclúese un editorial diario. O suplemento Vida acada os 500 números. Atlántico saca por primeira vez unha edición vespertina, con motivo dos acontecementos do 11-S en Estados Unidos.

En 2004 ponse en marcha o Foro Atlántico, un marco de debate polo que pasan relevantes personalidades de diversas áreas temáticas. Todo o periódico empeza a ser arquivado en formato dixital. 2005 Atlántico implanta a súa páxina Web corporativa.

No ano 2010 Atlántico Diario renovou de novo a súa estrutura e aspecto.

Suplementos

  • Euro: dominical de 24 páxinas de fácil lectura e comprensión, que recolle información da actualidade económica, mercados, empresas e negocios da contorna empresarial. Abrangue unha ampla variedade de seccións entre as que destacan: novos produtos financeiros, consellos, entrevistas, reportaxes, mercado bolsista e laboral, turismo, e unha ampla relación de ofertas de emprego.
  • Vida: dominical de 32 páxinas no cal se reflicte de forma gráfica a vida social de Vigo e provincia. As forzas vivas da súa sociedade, opinións dos cidadáns, eventos, recomendacións, festas, celebracións, entrevistas etc.
  • Autovía: semanal de 8 páxinas, dedicadas ó mundo do motor. Unha publicación que cada mércores informa das tendencias e novidades do sector: probas, competicións, novas, mercado de ocasión etc.
  • Celtismo: publicación mensual de 32 páxinas que se centra no Real Club Celta de Vigo. Entrevistas ós xogadores, crónicas dos partidos, fichaxes, desprazamentos e declaracións, fotografías e información especializada acerca do club, a afección, as peñas e todo canto rodea ó club.
  • Xornal Escolar: suplemento de 24 páxinas que se publica os mércores durante o curso escolar, con información sobre o mundo escolar e artigos sobre videoxogos, espectáculos e cultura.
  • Universitas: centrado nos campus da Universidade de Vigo. De 8 páxinas, publícase cada xoves durante o curso académico e inclúe reportaxes, entrevistas e diversas informacións de utilidade para a comunidade universitaria, sen esquecer o mundo do deporte.
  • La Revista: dominical de 16 páxinas no que se inclúen reportaxes en profundidade, entrevistas, seccións fixas, páxinas da historia e un repaso polos temas que foron actualidade ó longo da semana.

Equipo humano

Atlántico Diario contaba en 2005 con 81 persoas empregadas, o 52 % das cales eran mulleres.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Atlántico Diario HistoriaAtlántico Diario SuplementosAtlántico Diario Equipo humanoAtlántico Diario Véxase taménAtlántico DiarioVigoÁrea metropolitana

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Joan de NovoaTrackbackContactorCando petan na porta pola noiteXosé Manuel BeirasApollo 11Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo BSão PauloPatacas frixidasLista de palabras galegas de orixe celtaA derradeira leición do mestreLípidoGralla cereixeiraEscola Universitaria Politécnica de FerrolPartido dos Socialistas de GaliciaGalaicosChanfaina galegaJosé Pablo del Bado RivasXornalismoEuropaMarzo na cultura popular galegaCacheiras, TeoBorja VereaAlejandro Mon Landa LandaCantigas de Santa MaríaAWStatsLiga do PeloponesoSenegalCachotaríaAgricultura ecolóxicaEspañaPaspallásLabirintos de pedra na Illa Bolshoi ZayatskyCalendario persaRebentaboisXosé BallesterosAndorraChinche das camasElvis PresleyPolígonoLista de voces dos animaisSenén PousaYves MontandXogos OlímpicosJosé Luis Sanmartín MatoAlexandre BóvedaAgustín Fernández PazSingapurTVGMarta DacostaCharles BronsonCobreLista de nomes femininos en galegoJavier LosadaUnión EuropeaHéitor PicalloCalendario gregorianoCasinoCondónO CarballiñoTimeTomas K. DeLoreyLingua árabePardo de CelaAtol FangataufaUnión Deportiva LanzaroteCarlos Fernández CastroAníbal MalvarCartas dos indios CamarõesManuel Curros EnríquezPanteón de Galegos IlustresO MariscalMitoXabier DíazSantiago Amor🡆 More