Astérix é o personaxe principal da banda deseñada do mesmo nome, creado en 1959 polos franceses René Goscinny (guionista) e Albert Uderzo (debuxante).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Na serie de títulos correspondente, desenvólvese unha visión moi particular e cómica da antiga Galia (Francia no Imperio Romano) na que unha pequena aldea gala loita de diversos xeitos e en diversos lugares contra un invasor presentado como parvo. Para gañaren as pelexas cos romanos, os galos toman unha poción máxica que lles proporciona unha forza sobrehumana. Os orixinais gags cómicos da serie fan que hoxe en día sexa o máis coñecido de todos os cómics franceses. Tras a morte de Goscinny en 1977, Uderzo seguiu adiante coa publicación da serie coa colaboración da súa filla Anna.
Astérix | |
---|---|
Logo de Astérix. | |
Autor(es) | Albert Uderzo (debuxante) René Goscinny (guionista) |
Páxina web | www.asterix.com |
Data de lanzamento | 29 de outubro de 1959 |
Data de remate | En curso |
Editor(es) | Dargaud |
Xénero(s) | Cómico-Satírico |
"Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia foi ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutíbeis galos aínda resiste ao invasor. E a vida non é nada fácil para as gornicións de lexionarios romanos nos campos fortificados de Babaorum, Aquarium, Laudanum, e Petibonum...”
Esta cita é o prólogo de todas as edicións dos libros de Astérix.
O pequeno Astérix, o galo, vive na súa aldea resistindo, cos seus amigos, o dominio romano. Para enfrontaren os centurións, contan coa axuda da poción máxica preparada polo druída Panoramix. Todos os galos toman a poción menos Obélix, que caeu no pote da beberaxe cando aínda era bebé e por iso posúe de seu unha superforza.
Moitos destes nomes son xogos de palabras no orixinal francés:
As historias de Astérix transformáronse en filmes de animación, que foron emitidos na TVG, e filmes con actores, estreados con moito éxito.
Animación
Con actores
Parque temático inaugurado en 1989 en París. Posúe diversas atraccións, como xogos e espectáculos, alén de persoas enfeitadas como os personaxes das historias. A pesar do alusión do heroe nacional, sofre coa concorrencia da EuroDisney, tamén sita en París.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Astérix, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.