Arthur Leonard Schawlow: Físico estadounidense

Arthur Leonard Schawlow, nado en Mount Vernon, Nova York, Estados Unidos, o 5 de maio de 1921 e finado en Palo Alto, Estados Unidos, o 28 de abril de 1999, foi un físico e profesor universitario estadounidense.

É principalmente recordado polo seu traballo cos láseres, polo que foi galardoado en 1981 co Premio Nobel de Física.

Infotaula de personaArthur Leonard Schawlow
Arthur Leonard Schawlow: Físico estadounidense
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de maio de 1921 Editar o valor em Wikidata
Mount Vernon, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte28 de abril de 1999 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Palo Alto, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toronto
Vaughan Road Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísico Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , profesor universitario , inventor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Columbia Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria

É fillo de Helen Mason, canadense, e de Arthur Schawlow, inmigrante letón. Cando Arthur tiña tres anos, os seus pais trasladáronse a Toronto, Canadá.

Aos 16 anos rematou a educación secundaria e recibiu unha bolsa de estudos en ciencia na Universidade de Toronto. Nesta universidade continuou os seus estudos que foron interrompidos pola segunda guerra mundial. Despois da guerra, comezou a traballar na súa tese de doutoramento na Universidade de Toronto co profesor Malcolm Crawford. Ao rematar a súa tese, traballou como investigador posdoutoral con Charles Townes no departamento de física da Universidade de Columbia en 1949.

En 1951 aceptou un traballo nos Laboratorios Bell que deixou en 1961 para unirse á Universidade Stanford como profesor. Continuou neste posto ata que se retirou como emérito en 1996.

Schawlow morreu de leucemia en Palo Alto, California en 1999.

Investigación científica

A súa carreira investigadora estivo centrada fundamentalmente na óptica, en particular nos láseres e no seu uso na espectroscopia. Con todo, tamén realizou investigacións nos campos da supercondutividade e da resonancia nuclear. Schawlow compartiu o Premio Nobel de Física en 1981 con Nicolaas Bloembergen e Kai Siegbahn polas súas contribucións ao desenvolvemento do láser espectroscópico.

En 1955, xunto con Charles Townes, conseguiu desenvolver o espectroscopio de microondas. Tamén con Townes, disputou, infrutuosamente, a patente do láser con Gordon Gould.

En 1991 a NEC Corporation e a Sociedade Americana de Física crearon un premio: o Premio Arthur L. Schawlow en Ciencia do Láser, que se concede anualmente a persoas que realizaran contribucións destacadas á investigación utilizando láseres.

Premios

Tags:

1921199928 de abril5 de maioEstados Unidos de AméricaFísicaLáserPalo AltoPremio Nobel de Física

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

David SuchetParroquias de GaliciaEva Iglesias Miguéns2003Daniel de la TorreEstanislao FiguerasNacionalismo galegoComarcas de GaliciaXosé Ramón GayosoAC-456Os ÁnxelesAC-312Paparazzi2015Mario CaneiroLiteratura galegaCambadosAC-101BronceXurxo AyánBob DylanPontevedraPornografíaProvincia da CoruñaMucha e NuchaFerroAtlánticaXestaOs vellos non deben de namorarseLeitzaldeaListenbourgAgustín Fernández PazXabier DíazProxyCuarzoMecanismo de AnticiteraLista de exónimos en galegoAvenida da Liberdade (Lisboa)Eva CárdenasEstatua de Che Guevara en OleirosÁngeles VázquezFiúnchoO GroveHindemburg Melão Jr.Áreas lingüísticas do galegoAciñeiraLuís CíliaMexacánManuel MaríaPampallínSonDeSeuXosé Luís Méndez FerrínEsencia de trementinaAndoriñaTransformador Sete SabiosConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesÁcido dipicolínicoCarlos de Matos GomesPortugalGerardo Pardo de VeraNacho VegasPapuxa das amorasCaraveleiraAdolf HitlerHMaruxa MalloO PorriñoArroazOman AirRoberto VerinoIbn al-AbbarXosé Manuel PiñeiroNava Castro🡆 More