Arroaz Pinto

O arroaz pinto, Lagenorhynchus acutus, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos.

Arroaz pinto
Lagenorhynchus acutus
Arroaz Pinto
Lagenorhynchus acutus

Comparación do tamaño co dun humano
Comparación do tamaño co dun humano

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Familia: Delphinidae
Subfamilia: Delphininae
Xénero: Lagenorhynchus
Especie: L. acutus
Nome binomial
Lagenorhynchus acutus
(Gray, 1828)
Distribución do arroaz pinto
Distribución do arroaz pinto

Distribución do arroaz pinto
Sinonimia
    Véxase texto

Trátase dun golfiño de coloración característica, branca e negra, como a de todos os seus conxéneres, que vive nas augas temperadas e frías do océano Atlántico norte.

As áreas de máis alta poboación son as costas de Terra Nova e o Cabo Cod, e o triángulo formado entre o Reino Unido, Islandia e o mar do Norte. Accidentalmente pode chegar ás augas de Francia, Portugal e España.

Taxonomía

A especie Lagenorhynchus acutus foi descrita por Gray en 1828, na súa obra Original figures and short systematic descriptions of new and unfigured animals. Spicilegia Zoologica Part 1, na que lle adxudicou o nome de Delphinus (Grampus) acutus.

O nome específico, acutus, vén do latín e refírese á forma da súa aleta dorsal.

Sinonimia

Ao longo do tempo, a especie coñeceuse por varios sinónimos:

  • Delphinus acutus Gray, 1828
  • Delphinus eschrichtii Schlegel, 1841
  • Delphinus leucopleurus Rasch, 1843
  • Electra acuta Gray, 1868
  • Lagenorhynchus gubernator Cope, 1876
  • Lagenorhynchus leucopleurus Gray, 1866
  • Lagenorhynchus perspicillatus Cope, 1876
  • Leucopleurus arcticus Gray, 1846

En 1846 Gray describiu o xénero Lagenorhynchus, (nome que derivou do grego antigo λαγήνος lagénos "botella" e ‘ρύγχος rhýnchos "fociño", é dicir, "co fociño en forma de botella".), no que incluíu en 1866 esta especie, como Lagenorhynchus leucoplerus. Máis tarde foi reclasificada co seu nome actual, cando se comprobou a identidade de L. leucoplaurus con Delphinus acutus.

Na actualidade, é un dos seis golfiños oceánicos do xénero Lagenorhynchus.

Descrición

Arroaz Pinto 
Golfiño pinto nadando preto da costa de Cape Ann, Massachusetts.

Este golfiño é notabelmente máis longo do que outros golfiños oceánicos. Ao naceren os golfiños pintos miden un metro de lonxitude, e alcanzan aproximadamente 2,80 m en estado adulto os machos e 2,50 m as femias. O peso total varía entre os 200 e os 230 kg para un exemplar totalmente desenvolvido.

A característica distintiva do Lagenorhynchus acutus é a súa mancha (parche, que din os cetólogos) branca o de cor amarela pálida a cada lado do tronco, baixo a aleta dorsal. As variacións de cor do animal son únicas, dentro da gama de mesturas de branco, gris e azul comúns a outros cetáceos peláxicos. O resto do corpo presenta unha coloración ben definida, coa garganta, barbela e ventre de cor branca, o dorso e as aletas de cor de gris escura a negra, coa excepción do parche. Tamén hai un borroso parche branco debaixo da aleta dorsal, sobre unha banda gris clara que corre desde o fociño, baixo os ollos, e que baixa até o nacemento da aleta caudal.

Bioloxía

Alimentación

Das análises de contido estomacal dedúcese que se alimentan principalmente de peixes como arenques, sardiñas e xardas, e tamén de luras.

Conduta

O golfiño pinto é alegre e acróbata, e moi sociábel, xa que interactúa cos barcos, aínda que non tanto como outras especies da familia.

Os grupos varían segundo a rexión, con agrupacións que promedian 60 exemplares cerca das costas da illa da Terra Nova, e máis pequenos ao leste de Islandia.

Reprodución

As femias alcanzan a madurez sexual entre os 6 e os 12 anos, e os machos entre os 7 e os 11 anos. O período de xestación é de 11 meses, e a lactación dura case un ano e medio. Sábese de individuos que viviron até os 22 anos, os machos, e até os 27, as femias.

Hábitat e poboación

Arroaz Pinto 
Golfiños pintos nun selo de correo das illas Feroe.

A especie é endémica do océano Atlántico norte. As zonas con maior densidade de poboación son as costas de Terra Nova e o Cabo Cod, a rexión triangular de mar entre o Reino Unido, Islandia e Groenlandia, e o mar do Norte.

Crese que a poboación total é da orde de entre 200.000 e 300.000 exemplares.

Estado de conservación

Na actualidade calcúlase a súa poboación total oscila entre os 200 000 e os 300.000 individuos, polo que a situación actual da especie, segundo a UICN, e de pouco preocupante.

Interacción co home

Arroaz Pinto 
Golfiños pintos mortos nun porto das illas Feroe produto da caza. Imaxe do ano 2006.

Historicamente o Lagenorhynchus acutus foi cazado en expediciósnes desde Terra Nova e Noruega, que hoxe xa non se efectúan.

Pero aínda teñen lugar nunha área máis reducida, ao redor das illas Feroe, onde se cazan uns 1.000 exemplares cada ano. A especie ten unha carne moi apreciada para o consumo.

Non se sabe o efecto a longo prazo desta política sobre o océano circundante, e que podería supoñer un perigo sobre o que chamaron a atención os conservacionistas, aínda que en grande escala a supervivencia da especie non se encontra ameazada.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
  • Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.
  • Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Arroaz Pinto TaxonomíaArroaz Pinto DescriciónArroaz Pinto BioloxíaArroaz Pinto Hábitat e poboaciónArroaz Pinto Estado de conservaciónArroaz Pinto Interacción co homeArroaz Pinto NotasArroaz Pinto Véxase taménArroaz PintoCetáceoDelfínidosEspecie (bioloxía)Familia (bioloxía)Odontoceto

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Celestino Fernández de la VegaLuísa MerelasFrancisco Fernández del RiegoCertame de Narración Curta Ánxel Fole1961Panteón de Galegos IlustresSuomen JääkiekkoleijonatVangardasAvesSaramago86MaioOuroBillardaÓscar García PatiñoLista de castelos de PortugalRubén Fernández GarcíaAlexandra Fernández GómezAdolfo GacioÁlvaro CunqueiroParadigmas dos verbos irregulares galegosImpresión dixitalEleccións municipais en ArteixoMarcial SuárezSerbiaCedeiraAdvanced Encryption StandardRamón Otero Pedrayo92Fran AlonsoFerrolLingua árabeAWStatsGuerra de CoreaTrasar de Carballo, Cartelos, CarballedoPenerbosa, Negrelos, RodeiroCaxade (grupo)Irmandiños1999Normativa oficial do galegoCarlos MourizGXosé Luís BernalVladimir GudeljIES PerdouroMiñocaEva CárdenasVacaMoecheLugoCondónO derradeiro libro de Emma Olsen8Ana María Fernández MartínezMichael JacksonBenito KamelasA Ponte Maceira, Portor, NegreiraPepe Domingo CastañoFuxan os VentosAntonio López DíazCastiñeiroOs pronomes persoais galegosJaime Fraiz FernándezAmesContigo Pódese45ArandoGolfo de CádizXabier DíazLista de WikipediasPazos, VerínFrancisco Pérez DuránTahuataResistencia (libro)Reino de GaliciaTPBSLiechtenstein79🡆 More