Arquidiocese Católica Latina De Riga

A arquidiocese de Riga é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina.

En 2010 tiña 220.000 bautizados sobre unha poboación total de 1 230 000 habitantes. O seu arcebispo dende 2010 é Zbigņev Stankevičs.

Modelo:Xeografía políticaArquidiocese católica latina de Riga
Arquidiocese Católica Latina De Riga
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 57°00′N 24°06′L / 57, 24.124°06′L / 57, 24.1
Província eclesiástica católica (pt) TraducirEcclesiastical province of Riga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.201.975 (2017) Editar o valor em Wikidata (50,96 hab./km²)
Lingua usadalingua letoa Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Diocese (Ecclesiastical province of Riga (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Superficie23.587 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación25 de outubro de 1923 Editar o valor em Wikidata
CatedralCatedral de São Tiago (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webkatolis.lv… Editar o valor em Wikidata

Territorio

A arquidiocese abrangue a parte nororiental de Letonia, que corresponde coa rexión histórica da Livonia. A sé arcebispal é a cidade de Riga, onde está a Catedral de Santiago.

O territorio está organizado en 73 parroquias.

Historia

Sé medieval

Arquidiocese Católica Latina De Riga 
Mapa do principado eclesiástico de Riga en 1260 (en marelo).

En 1186 foi erixida a diocese de Üxküll (en letón, Ikšķile), onde san Meinardo construíra a primeira igrexa da Livonia; e orixinariamente a diocese era sufragánea da arquidiocese de Hamburgo-Bremen. O segundo bispo de Üxküll, o cisterciense Bertoldo, trasladou a sé episcopal a Riga, e a diocese mudou o seu nome polo de diocese de Riga en 1202. No mesmo ano, Albrecht von Buxthoeven fundou a orde de cabalaría da Milicia de Cristo de Livonia co propósito de cristianizar a rexión, daquela terra de fronteira entre pobos cristiáns e pagáns.

Nos anos seguintes cedeu territorios en varias ocasións para erixir novas dioceses: Lihula (1211), Curlandia (1219), Wierland (1220), e Ösel-Wiek (1228). En 1251 incorporou o territorio da suprimida Semigalia.

O 20 de xaneiro de 1255, coa bula Primatuum cathedras, o papa Alexandre IV elevou a Riga ao rango de arquidiocese metropolitana.

Logo da Reforma protestante, Letonia adoptou o luteranismo en 1561, o principado eclesiástico foi secularizado e a arquidiocese foi suprimida. No momento da súa supresión, a metrópole de Riga tiña as seguintes sés sufragáneas: Chełmno, Curlandia, Ösel-Wiek, Pomesania, Sambia, Dorpat, Reval e Varmia.

Sé restaurada

A diocese foi restaurada o 22 de setembro de 1918, en territorios até entón parte da arquidiocese de Mahilioŭ. Inicialmente, a súa xurisdición abranguía case a totalidade do territorio da república de Letonia.

En 1920 ampliou a súa xurisdición aos territorios da diocese de Samoxicia que estaban en territorio letón.

O 25 de outubro de 1923 foi elevada ao rango de arquidiocese co decreto Quum dioecesis Rigensis da Congregación Consistorial. Esta decisión era consecuencia do concordato entre o goberno letón e a Santa Sá do 30 de maio de 1922. O mesmo acordo estebeleceu que correspondía ao goberno letón proporcionar á diocese unha catedral e dun inmoble adaptado para ser a sé do arcebispado.

Logo dun referendo celebrado nos días 1 e 2 de setembro de 1923, a igrexa luterana de Santiago foi cedida á Igrexa Católica, e pasou a ser a nova catedral da arquidiocese.

O 1 de novembro de 1924 cedeu parte do seu territorio para erixir a administración apostólica de Estonia.

O 8 de maio de 1937 cedeu outra parte do seu territorio para erixir a diocese de Liepāja, e pola bula Plurimum sane do papa Pío XI foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana.

No período soviético, a arquidiocese de Riga pasou un longo período de sé vacante, entre 1958 e 1991.

O 2 de decembro de 1995 cedeu novamente territorios para erixir a diocese de Rēzekne-Aglona.

Episcopoloxio

Sé orixinal

Sé restaurada

Tags:

Arquidiocese Católica Latina De Riga TerritorioArquidiocese Católica Latina De Riga HistoriaArquidiocese Católica Latina De Riga EpiscopoloxioArquidiocese Católica Latina De Riga2010Igrexa Católica Latina

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

VillarrobledoPaporroiboCangas, Cangas, CangasCaliforniaDavid (Donatello)AviónLista de nomes masculinos en galegoTorre EiffelO val escuroCentro penitenciario de TeixeiroO divino saineteJavier CasqueiroXosé Luís Méndez FerrínPadrónMamen MendizábalOurense Club de FútbolLila (planta)LugoXogos Olímpicos de Inverno de 1988Kristen StewartIñaki de Juana ChaosMela CasalCinema de GaliciaCarles PuigdemontO CarballiñoVirxe MaríaPablo Iglesias TurriónGoretti SanmartínSeseoAmieiroManuel MurguíaDiego Rivas RegoBieito RubidoPenélope CruzFelaciónDonicelaTariku NovalesVigoPartido Comunista dos Traballadores de EspañaBatalla de LepantoAmorodoByteMarta Mariño RegueiroCristiano RonaldoMia KhalifaXurxo AyánGrupo RompenteSexo oralAlcaldes da CoruñaRefraneiro galego sobre o viñoNiñodaguia, Niñodaguia, BaltarSéculos EscurosAdolfo SuárezRamón Otero PedrayoOs EoasLingua indonesiaJesús Vázquez AlmuíñaRelación sexual humanaCamila BossaSantiago de CompostelaLista de WikipediasAEntamoeba coliFeixónRosario Porto OrtegaZakat al-FitrCristina Fernández DavilaElvira Fernández BalboaRochoA crueldade de abrilUral Español Club de FútbolNon sen a miña fillaSimón BolívarRenda básica universal🡆 More