Byte

Un byte (pronunciado bait) ou octeto é un dos tipos de datos usados en computación para especificar o tamaño ou cantidade da memoria ou da capacidade de almacenamento dun computador.

Normalmente corresponde con 8 bits (véxanse detalles mais embaixo).

Significados

A palabra byte ten varios significados, todos próximos entre si:

  • Unha secuencia contigua dun número fixo de bits. Nos computadores modernos, un byte consta de 8 bits, ou octeto. Algúns modelos máis antigos usaron bytes de 6, 7 ou 9 bits.

Un byte é sempre atómico no sistema, o que significa que é a máis pequena unidade de memoria enderezable (á que se pode acceder directamente). Un byte de 8 bits pode conter 256 valores posibles (28 = 256) — o suficiente para almacenar ben un enteiro sen sinal entre 0 e 255, ben un enteiro con sinal entre -128 e 127 ou ben un carácter de 7 bits (tal como a ASCII) ou 8 bits.

  • Unha secuencia contigua de bits que constitúe un sub-campo dunha secuencia máis longa chamada word.
  • Un tipo de dados en certas linguaxes de programación. O C, por exemplo, define o byte como sinónimo de unsigned char — un tipo de dados enteiro capaz de almacenar polo menos 256 valores diferentes.

Outras designacións

O byte de 8 bits tamén se chama octeto, especialmente no contexto de redes de computadores e telecomunicacións, reflectindo a cantidade de bits que ten.

Á metade dun byte (4 bits), dáselle o nome de nibble ou semioctecto.

Cantidades

Os prefixos quilo-, mega--, xiga- etc. considéranse potencias de 1024 no canto de potencias de 1000. Isto é así porque 1024 é a potencia de 2 (210) máis preto de 1000. Utilizase unha potencia de 2 porque se traballa nun sistema binario.

Nome Abrev. Factor Tamaño no SI
quilo k 210 = 1024 103 = 1000
mega M 220 = 1 048 576 106 = 1 000 000
xiga G 230 = 1 073 741 824 109 = 1 000 000 000
tera T 240 = 1 099 511 627 776 1012 = 1 000 000 000 000
peta P 250 = 1 125 899 906 842 624 1015 = 1 000 000 000 000 000
hexa E 260 = 1 152 921 504 606 846 976 1018 = 1 000 000 000 000 000 000
zetta Z 270 = 1 180 591 620 717 411 303 424 1021 = 1 000 000 000 000 000 000 000
yotta Y 280 = 1 208 925 819 614 629 174 706 176 1024 = 1 000 000 000 000 000 000 000 000
bronto B 290 = 1024 Yottabytes 1027 = 1 000 000 000 000 000 000 000  000

No 1998 creouse un novo sistema de prefixos para denotar múltiplos binarios pola IEC. Oficialmente, o patrón IEC especifica que os prefixos do SI usaránse só para múltiplos en base 10 e xamais en base 2.

Novo patrón de prefixos IEC
Nome Abrev. Factor
quibi Ki 210 = 1024
mebi Mi 220 = 1 048 576
gibi Gi 230 = 1 073 741 824
tebi Ti 240 = 1 099 511 627 776
pebi Pi 250 = 1 125 899 906 842 624
exbi Ei 260 = 1 152 921 504 606 846 976

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Byte SignificadosByte Outras designaciónsByte CantidadesByte Véxase taménByteBitComputaciónMemoria

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xoán Manuel PintosLista das aves de GaliciaLaxeLugares de PantónMariana EspósitoLista de xentilicios de concellos galegosVitorino NúñezPartidos politicos de España inscritos de 1976 a 1980YouTubeBloggerVerbos galegos ser, estar e irProvincias de EspañaDistritos de PortugalLuísa VillaltaIria MisaLingua galegaBugalloIlíadaHTMLRoisStephen HawkingBenigno Gómez TadínContido libreGuepardoManuel Curros EnríquezOs demostrativos galegosRonaldinhoWikipediaJavier CasqueiroManuel MaríaSharon StoneIñigo UrkulluTrasar de Carballo, Cartelos, CarballedoSempre en GalizaShinovaCedeiraDiego AnidoAbeleiraObxectivos de Desenvolvemento SostíbelRío MiñoPastora VegaOs vellos non deben de namorarseGerhard BergerIrmandades da FalaMadonnaCerdeiraMáquina de vaporCastelaoCopretérito de indicativoAWStatsBarroBaldur BrönnimannPilar AbellaPapuxasCorpus Inscriptionum LatinarumCastro de BaroñaXosé Manuel BeirasMar MediterráneoXela AriasBipartito galegoFelaciónCarme ForcadellRemolachaPoseidónAlejandra SilvaInglaterraÑDavid PerdomoRelación transitivaAlecrínPosicións sexuaisBanda deseñadaFerrolHLA-CFiúncho🡆 More