Aquilino Sánchez Rodríguez: Perito agrícola e político galego

Aquilino Sánchez Rodríguez, nado en Oseira (San Cristovo de Cea) en 1874 e finado en Vilariño Frío (Montederramo) o 1 de novembro de 1936, foi un perito agrícola e político galego.

Infotaula de personaAquilino Sánchez Rodríguez
Biografía
Nacemento1874 Editar o valor em Wikidata
Oseira, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Vilariño Frío, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde do Carballiño
1936 – 1936
← Felisindo Álvarez XesteiraBernardino González Álvarez → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , perito agrícola Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Perito agrícola destinado no concello de Maside. Propagandista agrario, fundou e foi director do periódico La Torre de Maside en 1921. Durante a Segunda República militou no Partido Radical, pasando despois a Izquierda Republicana, foi concelleiro do Carballiño e foi elixido alcalde do Carballiño o 19 de abril de 1936, logo da dimisión de Felisindo Álvarez Xesteira para facerse cargo da presidencia da Deputación de Ourense.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22 de xullo e trasladado o 2 de agosto en compañía de Joaquín Losada Filgueira cara Ourense. Chegados á prisión provincial incorporóuselles Francisco Paradela Núñez e os tres foron conducidos por un grupo de falanxistas á cadea de Viana do Bolo. Os milicianos deixaron a Aquilino Sánchez na prisión de Trives e continuaron cos outros dous que foron asasinados nas proximidades dos Codos de Larouco (A Pobra de Trives). Xulgado en Ourense en proceso incoado o 15 de setembro por adhesión á rebelión, foi absolto. Foi asasinado o 1 de novembro en Vilariño Frío (Montederramo) con Jacinto Santiago, Fructuoso Manrique Martín e Eligio Núñez Muñoz.


Predecesor:
Felisindo Álvarez Xesteira
 Aquilino Sánchez Rodríguez: Traxectoria, Véxase tamén 
Alcalde do Carballiño
 
1936
Sucesor:
Bernardino González Álvarez

Véxase tamén

Bibliografía

  • Novelle López, Laura; Prada Rodríguez, Julio (2002). "Da axitación republicana á represión franquista. O Carballiño (1930-1942)". Boletín Auriense (Grupo Marcelo Macías ; Museo Arqueolóxico Provincial). XXXII (XXXII): 171–194. 
  • Prada Rodríguez, Julio (2001). "Os mortos daquel outono... Unha aproximación ó proceso e asasinato de Aquilino Sánchez". Ágora do Orcellón (2). 
  • Prada Rodríguez, Julio (2004). Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Sada: Do Castro. pp. 214, 224–225. ISBN 978-84-8485-157-8. 

Ligazóns externas

Tags:

Aquilino Sánchez Rodríguez TraxectoriaAquilino Sánchez Rodríguez Véxase taménAquilino Sánchez Rodríguez1 de novembro18741936MontederramoOseira, San Cristovo de CeaSan Cristovo de CeaVilariño Frío, Montederramo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SardiñaRastro7PontedeumeMadridRichard GereDaniel DomínguezCristovo ColónMiguel MosqueiraNatalia Puente PradoLipoproteína de BraunKTamar NovasBaiuca (banda)SabugueiroCLois DiéguezSan Paio de Abeleda, Castro CaldelasFrancisco Arriví LópezTerra GalegaMiñato comúnFlora invasora de GaliciaTeixoCaralloFentoFran TorresDugongoMártires de CarralAguiño, RibeiraQue me queres, amor?A BañaAlejandra SilvaJosé María Bello ManeiroCicerónLago NessMDornelas, MosAlbaniaLeirón rabudoNacionalismo galegoHadriánRogue (filme)Río MiñoLapa (molusco)Evan EllingsonMáquina comecartosAsexualidadeSésThe Notebook (filme)Pimpín comúnCandorcaProduto interior brutoVigoPepo SuevosPorqueiraAmieiroLista de concellos de OurenseSantuario de Nosa Señora da PenedaIslamPrado, Morgadáns, GondomarSomersby (sidra)Baltar, MelideLíbanoLuciano SobralYCira, SilledaSantisoPedro NimoDeportivo da CoruñaCarles PuigdemontRianxoTamara CanosaMoncha FuentesDepartamentos de ColombiaDaniel Carballo CodesidoA FonsagradaVirulenciaLagarto arnal🡆 More