Francisco Paradela Núñez: Comerciante e político galego

Francisco Paradela Núñez, nado en Ourense o 21 de xaneiro de 1898 e finado na Pobra de Trives o 9 de agosto de 1936, foi un comerciante e dramaturgo galego.

Infotaula de personaFrancisco Paradela Núñez
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
A Pobra de Trives, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAngelita Paradela Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Fillo de José Paradela Domínguez e Juana Núñez Cid. Traballador de banca en Ourense, axente de vendas de Ford e viaxante. Foi secretario da sociedade deportiva Victoria F. C., e vicesecretario da sociedade Unión Artística Orensana. En 1930 foi elixido secretario da directiva da "Unión de Automóviles y servicios libres de turismos de alquiler" de Ourense. Grande esmorgante e humorista, foi membro da sociedade Akademos d'Ourens dedicada a investigar sobre a influencia grega na Galicia prerromana, que tiña a súa sede no café La Unión de Ourense. Francisco foi o director das actividades populares do grupo, que representaba cancións escenificadas, tangos orquestrados sen instrumentos, o "carnaval de Roma" e os "remeros do Volga", comedietas eróticas burlescas improvisadas, as "comedias fúnebres de Aladino", ventriloquia sen monecos, xuízos orais, poesías, contos e situacións. Foi autor de números e sketchs de variedades moi celebrados, aínda que non deixou obra publicada.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de xullo. O 2 de agosto xunto con Aquilino Sánchez Rodríguez e Joaquín Losada Filgueira que viñan da prisión do Carballiño, foron conducidos por un grupo de falanxistas á cadea de Viana do Bolo. Os milicianos deixaron a Aquilino Sánchez na prisión de Trives e continuaron cos outros dous que foron asasinados nas proximidades dos Codos de Larouco (A Pobra de Trives). A Francisco Paradela prendéronlle lume e despois metrallárono o 9 de agosto.

Vida persoal

Casou con María Doval Iglesias e foi pai de María, Elisa, Olga e Francisco Paradela Doval.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Francisco Paradela Núñez TraxectoriaFrancisco Paradela Núñez Vida persoalFrancisco Paradela Núñez NotasFrancisco Paradela Núñez Véxase taménFrancisco Paradela Núñez1898193621 de xaneiro9 de agostoA Pobra de TrivesOurense

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PortadaPosición do misioneiro invertidaRelación sexual humanaLista de ríos de GaliciaSomersby (sidra)Matrimonio entre persoas do mesmo sexoUIAFADeportivo da CoruñaLParques eólicos en GaliciaGrupo RompenteAdrián CastiñeirasCarmen ReyVCulleredoO PinoJosé Manuel LageLista de palabras galegas de orixe celtaMalpica de BergantiñosNigránMiniEleccións municipais en CercedaVila de CrucesApp Store (iOS)XoniaIndalecio Tizón ReboredaDeputación de OurenseXestaVilela, Outeiro de ReiBrañaOs mortos van á présaJosé Manuel Pérez PenasDios ke te crewLugoNatalia Puente PradoCarlos SedesAs Pontes de García RodríguezPAsexualidadeÁlex FidalgoLenda das SereasLista de exónimos en galegoLeite CeltaPrado, Morgadáns, GondomarIES Valle InclánManuel CorzoLedicia CostasPíntega comúnEsparragueiraColocación do pronome átono en galegoBaltar, MelideBenigno Lago EstévezO Barco de ValdeorrasPrefectura de ShizuokaDiego AnidoJuan Fernández GarcíaA sementeiraAzoresHorteláLago ComoBradley CooperIdentidade sexualDedaleiraBodystockingJanja Lula da SilvaLa Voz de GaliciaLuciano SobralMúsica tradicional galegaCágadoEl Progreso (xornal)GalegoGaliciaTamara AndrésLonga noite de pedraCelso Emilio Ferreiro🡆 More