Apartamento

Un apartamento, tamén chamado departamento, ou piso é unha unidade de vivenda que comprende unha ou máis habitacións deseñadas para proporcionar instalacións completas para un individuo ou unha pequena familia.

A principal diferenza existente entre este tipo de vivendas e outras, como casas unifamiliares, casaríos etc., é a superficie que ocupa, normalmente menor que as anteriores, e o seu posible uso, moitas veces de vacacións ou temporal.

Apartamento
Edificio de apartamentos en Suecia, deseñado polo arquitecto Ralph Erskine.

Un edificio de apartamentos é unha solución económica, que se realiza mediante o aproveitamento en común de zonas de circulación, tanto verticais como horizontais. Tamén se verifica esta economía nas instalacións complementarias de auga, drenaxe e luz eléctrica. A estrutura, con elementos comúns, supón outra economía. Pode tamén obterse mellor servizo e economía, mediante caldeiras, incinerador, etc. A solución colectiva dun edificio de apartamentos permite ter outros elementos comúns, como cocheiras, cuartos de servizo, lavadoiros, tendedeiras, espazos para xogos de nenos etc.

Historia

Apartamento 
Apartamentos en Zanzibar.

En 1802, Benito Bails no seu Dicionario de arquitectura civil definía apartamiento como o conxunto de pezas que forman unha habitación cabal, dentro das cales se distinguían:

  • O apartamento servizal, referido ao uso diario
  • O apartamento de decencia, referido ao decoro.
  • O apartamento de aparello, referido á ostentación.

Ademais diferenciaba:

  • Apartamento dobre, o que colle todo o fondo dun edificio ou o seu corpo principal e está dividido case por medio na dirección da súa lonxitude en dous cuartos sendo as pezas dun case iguais ás do outro.
  • Apartamento semidobre, o que está divido en dous cuartos sendo as pezas dun grandes e pequenas as do outro.
  • Apartamento sinxelo, o que colle todo o fondo do edificio entre as dúas paredes de fachada sen parede algunha de travesa na dirección da súa lonxitude.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Apartamento HistoriaApartamento NotasApartamento Véxase taménApartamentoCasa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Moción de confianzaXosé Neira VilasCaquetáNormativa oficial do galegoCristina MaróItxu DíazLugoAntónio de SpínolaCarlomagnoMovimento das Forças ArmadasFederico García LorcaAsteraceaePaspallásFrancisco Varela OuroTeixugoO Pedrouzo, Arca, O PinoIndonesiaMaría Xosé QueizánDodecágonoÁreas lingüísticas do galegoWayback MachineLista de nomes masculinos en galegoShōgunÁlvaro Porto DapenaFingeringTeoA EstradaCFlora invasora de GaliciaFentoJohn Forbes NashBrasilCarles PuigdemontRusiaNacho VegasPablo EcheniquePanteón de Galegos IlustresMíster EspañaVincent van GoghReal Academia GalegaOtelo Saraiva de CarvalhoRetorno a Tagen AtaOldhamMercedes QueixasCamilo Nogueira RománCharles WhiteAntonio López FerreiroAmérica LatinaXosé Luís Méndez FerrínEva MejutoCromosoma homólogoHomosexualidadeListenbourgSystem of a DownVómito (grupo musical)BubelaNoelia ReyNordés (vento)AFala de EstremaduraLista de deuses celtasWikipediaConceyu BableLongueirón (molusco)BronceLista de estacións de tren de GaliciaSobreiraManuel RivasSangueEduardo IndaElena CandiaFederico Jiménez LosantosOs ÁnxelesTribadismo🡆 More