Anorgasmia

A anorgasmia é a inhibición recorrente e persistente do orgasmo, manifestada pola súa ausencia tras unha fase de excitación normal, e producida a través dunha estimulación que poida considerarse adecuada en intensidade, duración e tipo.

É, xunto coa falta de desexo, unha das disfuncións sexuais máis comúns da muller. Pode haber anorgasmia no home, pero é menos frecuente e dificilmente diagnosticada, xa que se oculta tras o prexuízo erróneo de que a exaculación é un orgasmo.

Anorgasmia
Clasificación e recursos externos
ICD-10F52.3
ICD-9302.73, 302.74
DiseasesDB23879
eMedicinearticle/295379
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Tipos de anorgasmia

  • Anorgasmia primaria: sófrea quen nunca obtivo o orgasmo, nin a través do coito nin por masturbación, a pesar de poder -ou non- exacular normalmente.
  • Anorgasmia secundaria: sófrea quen, tras unha época de ter orgasmos con normalidade, deixa de experimentalos de forma sistemática.
  • Anorgasmia absoluta: cando non é capaz de alcanzar o orgasmo mediante ningún procedemento (autoestimulación, heteromasturbación etc.).
  • Anorgasmia relativa: cando se é incapaz de chegar ao clímax dunha forma determinada; por exemplo, anorgasmia coital.
  • Anorgasmia situacional: cando pode alcanzar o orgasmo só en determinadas circunstancias específicas.

Causas

Na fisioloxía do orgasmo feminino interveñen máis factores que no masculino, e é, polo tanto, máis complexa. Por iso, os trastornos do orgasmo son moito máis frecuentes nelas. Nelas, o orgasmo vai acompañado dunha serie de contraccións reflexas de certos músculos xenitais localizados na vaxina. Calquera enfermidade ou traumatismo en dita zona, ao igual que a inxesta de calquera droga, e incluso algún fármaco concreto, poden ser causas orgánicas que inhiban o orgasmo.

Orgánicas. Só representan un 5 por cento das causas. Enfermidades endocrinolóxicas (diabetes etc.), neurolóxicas, xinecolóxicas etc.

Psicolóxicas. Son as máis frecuentes. Entre as principais:

  1. condicións culturais negativas
  2. experiencias sexuais traumáticas
  3. factores interpersonais
  4. falta de información sexual
  5. monotonía na falta de concentración, angustia etc.
  6. ambivalencia respecto ao seu compromiso de cara á relación de parella, o temor ao abandono, temor a afirmar a propia independencia, sentimentos de culpa relacionados sobre todo coas relacións sexuais.

Tratamento

A anorgasmia é tratable e ten bo prognóstico, sempre e cando o paciente coopere co terapeuta. O tratamento é efectivo en arredor do 95% dos casos, cifra bastante elevada se temos en conta a magnitude do problema. O tratamento da anorgasmia vai encamiñado, principalmente, a:

  • Eliminar as actitudes negativas e prexuízos arredor da sexualidade en xeral, e do orgasmo en particular.
  • Mellora da relación, a través da comunicación entre a parella.
  • Programa de habilidades sexuais, que consiste nunha serie de exercicios específicos para esta disfunción.

Notas

Tags:

Anorgasmia Tipos de anorgasmiaAnorgasmia CausasAnorgasmia TratamentoAnorgasmia NotasAnorgasmiaAtracción sexualExaculaciónExcitaciónMullerOrgasmoVarón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Posición do canRoko (actriz)Benedicto García VillarTruman CapoteSelena GomezRefraneiro galego sobre o mes de maioO porco de péTeresa CasalJude BellinghamInstagramLeonardo da VinciReal Federación Española de FútbolCaso Asunta BasterraLino LópezKirsten DunstFernando Grande-MarlaskaSunnismoFauna de GaliciaEstripeiroModelo OSICharles MansonCrime de honraRúa das Rodas (Santiago de Compostela)Bibiana FernándezNervoToni KroosBurroMiley CyrusPosicións sexuaisPublicacións impresas da diáspora galegaMiguel Ángel Zabalza BerazaLista de palabras galegas de orixe celtaSantiago AbascalSydney SweeneyManuel OuteiriñoSupremme de LuxeYolanda DíazSexo analLista de estacións de tren de GaliciaLuísa VillaltaBloque Nacionalista GalegoTanxugueirasMariano RajoyLista das aves de GaliciaMichael DouglasSara Vila AlonsoLibrary of Congress Control NumberLogroñoRosalía de CastroMaría PitaXosé Ramón GayosoSimón BolívarDover (banda)Nacionalismo galegoGheadaAfganistánPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Carlos CasaresIria Carreira PazosFranz KafkaPornografíaFélix BolañosJuan Carlos Rodríguez CebriánIrúnMalvares de MoscosoCaralloDjalminhaDonicelaRafael LouzánDía das Letras GalegasTráfico de influenciasMarta DoviroDodroCatherine Zeta-Jones🡆 More