Amable Veiga: Lingüista galego

Amable Veiga Arias, nado en Triacastela o 17 de abril de 1929 e finado en San Pedro de Benquerencia (Barreiros) o 22 de abril de 1994, foi un lingüista galego especializado en estudos clásicos e fonoloxía.

Os seus estudos sobre esta rama foron pioneiros na lingüística galega.

Infotaula de personaAmable Veiga
Biografía
Nacemento17 de abril de 1929 Editar o valor em Wikidata
Triacastela, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de abril de 1994 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
San Pedro de Benquerencia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Director de teseManuel Díaz Díaz Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , profesor de ensino secundario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 895446

Traxectoria

Fixo os seus estudos de bacharelato en Lugo e Estudou os primeiros anos de Filoloxía clásica na universidade de Santiago de Compostela e despois marchou a Madrid onde se licenciou pola Universidade Central, presentando a súa tesiña de licenciatura "El estilo indirecto en el libro IV de Tito Livio" en 1957.

Nos anos seguintes foi profesor de latín en bacharelato, catedrático da mesma materia e director no Instituto Masculino de Lugo (actualmente IES Lucus Augusti) desde o ano 1962. Tres anos despois comezou a publicar na revista Grial os resultados das súas investigacións sistemáticas sobre fonoloxía da lingua galega, traballos que foron recollidos en libro en 1976.

En 1980 leu a súa tese de doutoramento (Algunas calas en los orígenes del gallego) na Universidade de Santiago de Compostela, dirixida polo profesor Manuel Díaz y Díaz, e cualificada con sobresaliente cum laude, na que trataba sobre fenómenos seleccionados de fonética primitiva no galego altomedieval, estudo de grande importancia para fixar a fonética histórica do galego (caída de /n/ e /l/ intervocálicos, formación de ditongos, tratamento evolutivo de consoantes xeminadas etc.) que realizou a partir da documentación medieval publicada entón dispoñíbel (e que era sen dúbida escasa con relación á actualidade; baste indicar que non puido case utilizar a rica documentación do mosteiro de Sobrado, que pouco despois daría a luz José María Ramos Loscertales).

Nos anos seguintes Veiga Arias publicou diversos estudos en revistas.

Publicacións

Libros

  • Fonología gallega: fonemática. Valencia. Bello. 1976, 150 páxs ISBN 84-212-0038-0
  • Algunas calas en los orígenes del gallego. Vigo. Galaxia. 1983, 312 páxs (tese doutoramento) ISBN 84-7154-423-7
  • (póstuma) en colaboración con María Rosa Pérez e Alexandre Veiga, Estudios lingüísticos. Sada. Ed. do Castro. 1998, 121 páxs ISBN 84-7492-883-4

Artigos (selección)

  • "Fonología gallega: fonemática: el sistema vocálico", Grial, Vigo, 10 (1965), páxs. 390-403.
  • "Il corre...que..", Grial, Vigo, 14 (1966), páxs. 492-493.
  • "Dominancia y redundancia en lingüística", na revista Verba, Santiago, 11 (1984), páxs. 3-64.
  • "Touca-toca", CEG, Santiago, t. 35, nº 100, 1984-1985, páxs. 677-686.
  • "Oter de Selas", revista Lucus, Lugo, 35 (1985), páxs. 48-49.
  • "Patronímicos en -ez y otros estudios de onomástica gallega", na revista Verba, Santiago, nº 16 (1989), páxs 5-30.
  • "Reaproximación estructural a la lenición protorromance", na revista Verba, Santiago, 15 (1988), páxs. 17-78.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alonxo Montero, X. (1995): "Amable Veiga Arias, 1929-1994: retrato dun lingüista excepcional", en Moenia. Revista lucense de lingüística e literatura, vol. I.

Outros artigos

Tags:

Amable Veiga TraxectoriaAmable Veiga PublicaciónsAmable Veiga NotasAmable Veiga Véxase taménAmable Veiga17 de abril192922 de abrilBarreirosFonoloxíaGaliciaSan Pedro de Benquerencia, BarreirosTriacastela

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pili PampínFernando Álvarez LamelasThibaut CourtoisFascismoTristán UlloaXureloHarvey WeinsteinXurxo SoutoPosición aconchegadaXohán Xabier Baldomir CabanasPampallínMarina CastañoSara Vila AlonsoPaís VascoXosé FortesMarraxoEuphoria (serie de televisión)Francisco Castro VelosoEduard del Castillo VelascoDolores IbárruriGalería de imaxes de arañas de GaliciaCuruxa comúnCMSAlexia PutellasOs EoasClint EastwoodXabier FortesNormandíaRepública Popular da ChinaApp Store (iOS)BubelaLekunberriFelipe GonzálezVladimir PutinDe NinghuresJosé Luis ValladaresRoberto VerinoLupus eritematoso sistémicoCastelo de PambreReino suevoLista de WikipediasSíndrome do aceite tóxicoRocco SiffrediOtelo Saraiva de CarvalhoFerrolFiúnchoEduardo Blanco AmorIsabel PantojaJosé Manuel Rodríguez PuenteTamara CanosaLista de cidades de IsraelInternetDolores O'RiordanNordés (vento)Bull terrierFala de EstremaduraAgrupación Cultural AbrenteMuralla de LugoManuel Lugrís FreirePanteón de Galegos IlustresCarballo comúnForo (contrato)Clara CampoamorAlejandra MurguíaTeixeiro, Curtis, CurtisHannah ArendtLingua casteláUnión Europea de RadiodifusiónEva MejutoMarie CurieAccidente de ChernóbilLuís Menor1890Julio Alén Montes🡆 More