Alfa-Lactoalbumina

149750

Alfa-Lactoalbumina
Lactoalbumina, alfa PDB 1a4v
Alfa-lactoalbumina
Identificadores
Símbolo LALBA
Entrez 3906
OMIM

RefSeq NP_002280
UniProt P00709
Outros datos
Número EC 2.4.1.22
Locus Cr. 12 q13.11

A alfa-lactoalbumina, tamén chamada lactoalbumina, alfa e abreviada como LALBA, é unha proteína presente no leite dos mamíferos, que nos humanos está codificada polo xene LALBA do cromosoma 12. É unha das proteínas do soro lácteo (formado unha vez que se eliminou do leite a caseína).

Función

A α-lactoalbumina é unha proteína presente no leite de case todas as especies de mamíferos, incluída a humana. Nos primates, a expresión da alfa-lactoalbumina é regulada á alza en resposta á hormona prolactina e incrementa a produción do azucre lactosa.

A α-lactoalbumina non ten actividade encimática de seu, pero pode unirse a outros encimas. Forma a subunidade regulatoria do heterodímero da lactosa sintase (LS), mentres que a β-1,4-galactosiltransferase (ou beta4Gal-T1) forma o seu compoñente catalítico. Xuntas, estas proteínas fan que a lactosa sintase sexa operativa e produza lactosa ao transferir residuos de galactosa á glicosa. Como multímero, a alfa-lactoalbumina únese fortemente aos ións calcio e cinc e pode posuír actividade bactericida ou antitumoral. Unha variante de pregamento da alfa-lactoalbumina humana que se pode formar en ambientes ácidos como o estómago, chamada HAMLET (do inglés human alpha-lactalbumin made lethal to tumor cells), probablemente induce a apoptose en células tumorais e inmaturas.

Alfa-Lactoalbumina 
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Cando forma o mencionado complexo coa galactosiltransferase GAL-T1, a α-lactoalbumina, multiplica a afinidade do encima pola glicosa aproximadamente por 1000, e inhibe a capacidade de polimerizar múltiples unidades de galactosa. Isto dá lugar a unha vía de formación de lactosa ao converter a Gal-TI na lactosa sintase.

Propiedades físicas

O peso molecular desta proteína é 14178 Da, e o punto isoeléctrico está entre 4,2 e 4,5. Unha das principais diferenzas estruturais que presenta coa beta-lactoglobulina (non presente no leite humano) é que non ten ningún grupo tiol libre que poida servir como punto de comezo para unha reacción de agregación covalente. Como resultado, a α-lactoalbumina pura non forma xeles por desnaturalización e acidificación.

Evolución

A comparación das secuencias da α-lactoalbumina con outros encimas mostra unha forte semellanza coa dos lisozimas, especificamente co c-lisozima que se liga ao Ca2+. Isto indica que a historia evolutiva que puido seguir foi a dunha duplicación xénica do xene da c-lisozima seguida dunha mutación. Así, na evolución, a lactoalbumina perdeu a súa actividade de tipo lisozima e adquiriu unha nova función, a de modificar a acción doutro encima para que funcionase na síntese de lactosa . O xene ancestral precedeu ao último antepasado común de mamíferos e aves, e a súa orixe pode datarse en hai aproximadamente 300 millóns de anos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Alfa-Lactoalbumina FunciónAlfa-Lactoalbumina Propiedades físicasAlfa-Lactoalbumina EvoluciónAlfa-Lactoalbumina NotasAlfa-Lactoalbumina Véxase taménAlfa-Lactoalbumina

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BidueiroSoutomaiorQBetanzosQue me queres, amor?Catedral de Santiago de CompostelaLenda das SereasMartin SheenÁreas lingüísticas do galegoMiguel SolísSantoalla do Monte, PetínAmanda LearMichelle JennerLucía VeigaBioluminescenciaTribadismoProvincia de OurenseJanja Lula da SilvaCarles PuigdemontVerínAnniken HuitfeldtAlbaniaAdiós, MaríaLonga noite de pedra19Valentín Alfonsín SomozaAntonio Muñoz MolinaLipoproteína de BraunCharlie ChaplinÁ lus do candilFiúnchoDominic ThiemEl LuísTeixoCoia, VigoAlfonso LáuzaraWikiDinahostingSexo analCeutaTamara AndrésVictoria PortasAsexualidadeHidrografía de GaliciaMártires de CarralGran Premio de Acerbaixán de 2023Xosé Ramón GayosoMiniTamar NovasPrefectura de GifuManuel LourenzoRubiáCarallo27ArañasHomosexualidadeA Pobra de TrivesPortadaBubelaClaudio Garrido MartínezLuis ZaheraJesús Vázquez AlmuíñaDinhoBisexualidadeVagalumeAbraham BobaVíctor MosqueiraBenito KamelasDaniel BasteiroMichelle PfeifferO Barco de ValdeorrasÁreas sanitarias de GaliciaCPosición do canProvincia da CoruñaCoalición Galega🡆 More