Alcmena: Filla de Electrión e nai de Heracles

Alcmena foi un personaxe mitolóxico, filla de Electrión, rei de Micenas, e esposa de Anfitrión.

Seducida por Zeus, foi a nai de Heracles (ou Hércules); e como precursora dos Heráclidas foi adorada en Tebas e Atenas. Segundo Grimal, Alcmena foi a última muller mortal coa que se deitou Zeus.

Infotaula de personaAlcmena
Alcmena: Antecedentes, Nacemento de Heracles, Infancia de Heracles
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(el) Ἀλκμήνη Editar o valor em Wikidata
Biografía
Lugar de sepulturaTomb of Alkmene at Megara (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CelebraciónMitoloxía grega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnfitrión
Radamantis
ParellaZeus Editar o valor em Wikidata
FillosHeracles
 (Alcmena: Antecedentes, Nacemento de Heracles, Infancia de Heracles) Zeus
Laonome (en) Traducir
 (Alcmena: Antecedentes, Nacemento de Heracles, Infancia de Heracles) Anfitrión
Erythrus (en) Traducir
 (Alcmena: Antecedentes, Nacemento de Heracles, Infancia de Heracles) Radamantis
Ificles
 (Alcmena: Antecedentes, Nacemento de Heracles, Infancia de Heracles) Anfitrión
Hércules
 (Alcmena: Antecedentes, Nacemento de Heracles, Infancia de Heracles) Xúpiter
Gortys (en) Traducir
 (Alcmena: Antecedentes, Nacemento de Heracles, Infancia de Heracles) Tegeates (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiElectrión Editar o valor em Wikidata

Antecedentes

Electrión casara con Anaxo, filla de Alceo, e enxendrou dez fillos, entre eles Alcmena. Un día presentáronse ante el os fillos de Pterelao e reclamaron o reino. Electrión negouse e houbo un enfrontamento no que morreron tanto os fillos de Electrión (agás Licimnio, fillo bastardo) como os fillos de Pterelao (agás Everes). O exército deste logrou fuxir co botín de guerra, que foi recuperado por Anfitrión pero cando este estaba arrecadando o gando roubado, unha vaca intentou escapar e Anfitrión tiroulle unha maza, coa mala sorte que rebotou nun corno e foi dar na cabeza de Electrión, matándoo. Anfitrión foi exiliado de Argos e marchou con Alcmena e Licimnio a Tebas. E como Alcmena fixera a promesa de casar a quen vingase a morte dos seus irmáns, Anfitrión comprometeuse a facelo e organizou unha expedición contra aqueles. Finalmente, Pterelao morreu e Anfitrión logrou conquistar os seus territorios, regresando vitorioso a Tebas.

Nacemento de Heracles

Alcmena: Antecedentes, Nacemento de Heracles, Infancia de Heracles 
Miniatura do século XVI

Aproveitando que o seu home, Anfitrión, estaba na guerra, Zeus adoptou a figura del e, simulando ser Anfitrión, pois coñecía a virtude dela, xaceu con Alcmena. Para prolongar o momento, Zeus fixo que a noite durase como tres, prohibindo a Helios, o Sol, que saíse nese tempo. Cando realmente chegou Anfitrión, sorprendeuse ó ver que Alcmena non lle daba a debida benvida e preguntoulle a razón, e ela contestou que xa dormira con el a noite anterior e que lle contara os detalles da guerra e da vitoria. En todo caso, xaceu tamén co home e quedou embarazada dos dous, de xeito que nacerían os dous fillos cunha noite de intervalo.

Anfitrión nun principio pensou en castigala por infiel: ía queimala no lume pero Zeus mandou unha intensa chuvia. O adiviño Tiresias explicoulle que a unión fora feita con Zeus e el aceptouno como un honor.

"Pero antes de que Anfitrión regresase a Tebas, Zeus presentouse unha noite e, triplicando a súa duración, tras adoptar a figura de Anfitrión, xaceu con Alcmena e contoulle o ocorrido cos Teléboas"
(Pseudo-Apolodoro, II, 4, 8)

Durante o embarazo, Zeus prometeu o trono de Micenas ó primoxénito da estirpe de Perseo, dando por suposto que sería o seu fillo, Heracles. Pero Hera, a celosa esposa de Zeus, atrasou o momento do parto ordenando á súa filla Ilitía (deusa dos partos e, polo tanto, das comadroas) que o detivese, e Ilitía así o fixo, sentando no limiar da porta de Alcmena (do palacio ou da súa habitación) coas pernas pechadas e as mans entrelazadas diante dos xeonllos; á vez que aceleraba o parto de Euristeo, fillo de Esténelo e Nícipe. A serva de Alcmena, Galantis (ou Galántide), frustrou o intento e díxolle a Ilitía que Alcmena xa parira, polo que a deusa soltou as mans e se levantou, e así puido por fin producirse o parto. Irritada polo engano, Ilitía converteu a Galantis en donicela e condenouna a parir pola boca, por ter unha boca mentireira. Pero mentres tanto, naceu Euristeo e recibiu o trono de Micenas.

"A Íole acolleuna Hilo, por orde de Hércules, no seu leito e no seu corazón, e encheulle o seu ventre de nobre semente, cando Alcmena lle dixo así: Que os deuses che axuden e abrevien o transo cando, a piques de parir, invoques a Ilitía, protectora das asustadas parturientes; esta, por compracer a Xuno [Hera] tornouse severa contra min. Pois, chegado o día de parir a este Hércules, sufridor de traballos, e gravitando o sol xa sobre o noveno signo do zodíaco, o peso distendíame o ventre e o que levaba era tan grande que se podería dicir que era Xúpiter o autor da oculta carga, e xa non podía eu soportar as dolores por máis tempo"
(Ovidio: Metamorfosis IX, 273-323)
Alcmena: Antecedentes, Nacemento de Heracles, Infancia de Heracles 
Anfitrión e Alcmena ollan como Heracles esgana as serpes, mural de Pompeia

Infancia de Heracles

Cando Heracles tiña oito meses, Hera, que quería a morte do meniño, mandou ó berce dúas enormes serpes e, mentres Alcmena pedía axuda a Anfitrión, Heracles matounas esganándoas coas mans. Segundo Ferécides, foi o propio Anfitrión quen as puxo, para comprobar cal dos dous era o seu fillo: ó ver que Heracles se enfrontaba con elas mentres Ificles fuxía, comprendeu que este segundo era o seu fillo e Heracles o fillo do deus.

A partir de entón, Anfitrión educou a Heracles como fillo propio.

Vellez e morte

Trala morte de Anfitrión, Alcmena intentou volver á súa terra, Tirinto, con Heracles (que xa rematara os seus doce traballos), Ificles e Iolao, pero Euristeo non o permitiu. Incluso, despois de morrer Heracles, Alcmena e os seus descendentes foron expulsados de Corinto e de Traquis e houberon de fuxir a Atenas. Euristeo esixiu que a botasen da cidade e os atenienses negáronse, polo que lles declarou a guerra, pero Euristeo morreu e entregaron a súa cabeza a Alcmena, que lle sacou os ollos. Eurípides recolleu este episodio como argumento da súa traxedia Os Heráclidas, onde introduce a variante de que Euristeo é capturado vivo e entregado a Alcmena, que decide que o maten.

Alcmena sobreviviu a Heracles e estableceuse en Tebas, cos seus descendentes. Cando morreu, xa a idade avanzada, e foron enterrala, Zeus mandou a Hermes que roubara o corpo e o transportara corpo á Illa dos Benaventurados, deixando unha pedra no seu sitio. Pausanias escribiu que os tebanos afirmaban que se converteu en pedra pero noutra pasaxe di que a súa tumba está en Mégara., pois se afirma que morreu de camiño a Tebas e o oráculo de Delfos aconsellou darlle terra alí mesmo en lugar de regresar a Argos ou continuar ata Tebas.

"Hai tamén [en Tebas] ruínas da casa de Lico e o sepulcro de Sémele, pero non o de Alcmena. Din que, cando morreu, converteuse en pedra, e non concordan cos de Mégara no relativo a ela"
Pausanias IX, 16.7

Unha vez na Illa dos Benaventurados, Alcmena foi remozada e casou con Radamantis (xuíz no Hades e fillo de Zeus e Europa). Cóntase que os que levaban o ataúde notaron que era demasiado pesado, polo que o abriron e descubriron que contiña unha pedra. Entón, deixaron a pedra nun bosque sagrado de Tebas, onde é adorada como deusa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Graves, Robert (2019). Los mitos griegos. Gredos. ISBN 9788424999940.  (en castelán)
  • Grimal, Pierre (1981, 1ª ed; 2017, 7ª reimpr.). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574.  (en castelán)
  • Hesíodo (2013 (3ª ed)). Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen. Alianza Editorial. ISBN 9788420678825.  (en castelán)
  • Hixino: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
  • Ovidio: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].
  • Pausanias (2002). Descripción de Grecia (libros VII-X). Gredos. ISBN 8424926595.  (en castelán)
  • Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Tags:

Alcmena AntecedentesAlcmena Nacemento de HeraclesAlcmena Infancia de HeraclesAlcmena Vellez e morteAlcmena NotasAlcmena Véxase taménAlcmenaAnfitriónAtenasElectriónHeraclesHeráclidasMicenasMitoloxía gregaPierre GrimalTebas, GreciaZeus

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MoldaviaCandorcaQMoncha FuentesFrancisco Fernández del Riego64John Herschel28XabarilLuísa VillaltaProvincia da CoruñaHÁ lus do candilAhí ven o maioMiguel SolísMarínReino de GaliciaChorimaAlfonso LáuzaraLista de nomes masculinos en galegoVictoria PortasAsexualidadeHTTPFreixoMarta DarribaDavid RegadesPonte dos SantosVíctor MosqueiraXoán (nome)Parque Nacional das Illas AtlánticasRichard GereGuamMuxíaAlternativa por ArzúaPíntega comúnAgoladaManuel LourenzoPolbo á feiraEusebio Alonso VieitesVictoria Álvarez Ruiz de OjedaPedra de SconeLista de nomes femininos en galegoÁngel García SeoaneCarrizo (paxaro)FerreiriñoLista de palabras galegas de orixe celtaXosé MonteagudoA Pobra de TrivesCaldas de ReisCompromiso por GaliciaEscáncerHard GZTamar NovasProvincia de PontevedraLingua inglesaNatalia Puente PradoCalendario gregorianoParques eólicos en GaliciaDiego AnidoCarmen Martín GaiteASan Paio de Abeleda, Castro CaldelasAvefríaJesús Vázquez AlmuíñaXosé Luís Franco GrandeLenda das SereasFontao, A TeixeiraAsa ga KuruEleccións municipais en RibeiraMarta Fernández-TapiasOs mortos van á présaMartin SheenAlbaniaDinhoTreixadura (grupo musical)España🡆 More