Afonso De Lanzós

Afonso de Lanzós ou Alonso de Lanzós, foi un nobre e dirixente irmandiño.

No ano 1467, dentro da Gran Guerra Irmandiña, uniuse aos vasalos facendo súas as reivindicacións destes e dirixiu xunto a Pedro Osorio e Diego de Lemos un auténtico exército popular. Lanzós ergueuse contra a casa dos Andrade, aos que servira, por afrontas á súa propia familia. Logrou vencer todas as súas fortificacións, agás a de Moeche, aínda que finalmente foi preso por Fernán Pérez Parragués e rematou nun calabozo dos Andrade.

Afonso de Lanzós
Cabaleiro
Afonso De Lanzós
Castelo dos Andrade

Nome completoAfonso de Lanzós e Castro
Outros títulosSeñor da casa e torre de Lanzós e Vilousaz, de Louriñá, Medín, Ois, As Mestas, Vilamourel e Vigo
Nacemento1420?
Betanzos
Falecemento1480/1492?
A Coruña
RexenteHenrique IV
Cónxuxe/sConstanza Vázquez de Insua?
María de Castro e de Montaos
DescendenciaDa 1ª muller: María de Lanzós
Da 2ª: Inés, Leonor, Xoana e Isabel
ProxenitoresXoán Freire de Lanzós
Isabel de Castro

Escudo de Afonso de Lanzós

Traxectoria

Afonso de Lanzós era un cabaleiro galego orixinario de Betanzos, un fidalgo modesto que entón tiña vinte homes de a cabalo e catrocentos vasalos. Serviu ao seu curmán Fernán Pérez de Andrade para despois pasar á casa dos Gómez Pérez das Mariñas. En 1465, foi a Castela para solicitar a protección do rei Henrique IV.

Segunda revolta irmandiña (1467 a 1469)

A revolta iniciouse en Santiago de Compostela e estaba formada por 80.000 homes armados e dirixida por:

Nos inicios a revolta fíxose co territorio destruíndo máis de cen castelos e os nobres fuxiron a Portugal, Asturias e Castela. En 1468, Lanzós derrotou os baróns feudais. En 1469 Pedro Madruga, fuxido nos inicios da revolta, iniciou a ofensiva dende Portugal coa axuda de parentes e amigos da cabalería portuguesa ao mando dun exército armado con arcabuces, e percorreu o traxecto Tui-Pontevedra-Padrón-Santiago, encontrándose con Fonseca e Pimentel cerca de Santiago de Compostela. Un segundo exército dirixido polo arcebispo Fonseca veu dende Salamanca, acompañado de Juan Pimentel, irmán do conde de Benavente, así como de Pedro Vega e outros cabaleiros. Pedro Álvarez xuntouse con eles en Balmalige preto de Santiago. O terceiro exército chega dende Castela, co conde de Lemos, que avanza dende Ponferrada ata Monforte de Lemos con Pedro Pardo de Cela. O exército irmandiño descoñecía as armas de fogo. Empregaban só béstas, ondas e catapultas. Pedro Madruga gaña batalla tras batalla e Afonso de Lanzós tense que retirar cos seus homes ao castelo dos Andrade en Pontedeume. Por entón Pedro Osorio e Diego de Lemos réndense, deixan a revolta e pásanse ao inimigo. Sabedor da crueldade do señor dos Andrade e da imposibilidade de continuar a loita, decide renderse ao bispo de Santiago, Afonso de Fonseca II e entrega Pontedeume. Cando se retiraba foi feito preso e entregado a Fernán Pérez de Andrade en 1470.

Últimos anos

Afonso De Lanzós 
Escudo do concello de Maceda coas armas dos Lanzós.

Afonso de Lanzós perdeu as súas posesións a mans do conde de Lemos e Diego de Andrade en vinganza:

  • A casa forte de Lanzós, e outras
  • Os coutos de San Sadurniño, Ferreira, e San Martiño con todos sus vasallos, señorío e jurisdiçión çevil e creminal.
  • Os padroados e beneficios de Lanzós, San Sadurniño, O Deveso, San Cristovo de Ferreira, San Xiao de Ferrol, San Xurxo da Mariña, San Xoán de Esmelle, Santa Uxía de Mandiá e San Mateo (actual Narón).

Fixo testamento o 21 de maio de 1480 na cidade da Coruña, na casa do mercador Juan de Dios onde se atopaba recollido e prostrado de enfermidade; mandou ser enterrado no convento de San Francisco da Coruña onde di que descansaban os seus devanceiros. A súa viúva en 1492 preitea pola recuperación dos bens.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Afonso De Lanzós TraxectoriaAfonso De Lanzós NotasAfonso De Lanzós Véxase taménAfonso De Lanzós1467CalabozoCasa de AndradeCastelo (fortificación)Castelo de MoecheDiego de LemosGran Guerra IrmandiñaIrmandiñosNobrezaPedro OsorioVasalaxe

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Marta Fernández-TapiasGondar, SanxenxoSegunda división española de fútbolGerardo Pardo de VeraShaquille O'NealManuel AntonioAranoMelgachoRaquel AtanesIsmael RamosFascismoKarmaBambú ProduccionesComarcas de GaliciaTelevisión de GaliciaCatedral de Santiago de CompostelaFerroAtlánticaPedro MadrugaEstrella GaliciaErros e TánatosAMaría Xosé QueizánMiguel Ángel Zabalza BerazaDepartamento de ApurímacManuel Fernández DoalloO Amenedo, Grixalba, SobradoMartiño de DumioJosé Galera MorenoCetáceosAnxo QuintanaOliveira de VigoCarrie (filme)TeoLugares de ArteixoLareiraÑuEsther F. CarrodeguasCastelo de PambreIslandiaThe ArtistMJosé Manuel Rodríguez PuenteMartina Aneiros BarrosBóvedaGoogleJosé Luis Rodríguez ZapateroXurxo GonzálezDios ke te crewOctavio AugustoAraitzPilar AbellaLingua inglesaEstíbaliz EspinosaGame Boy AdvanceXulloIrmandiñosCoordenadas xeográficasCristiano RonaldoFingeringO comparativo galegoPaco JémezSonsoles EspinosaSexo analMaría ReimóndezAbraham PérezMontse DopicoGhaleb Jaber IbrahimSobreiraBalurosJosé Ramón Soraluce BlondJosé Luis ValladaresPirámide de necesidades de Maslow🡆 More