Un testamento é o documento mediante o cal o testador (persoa que outorga testamento) expón a súa vontade de establecer o futuro das súas propiedades mortis causa (expresión latina que quere dicir por causa da morte) e explica a forma en que se ha de dividir a súa herdanza e a quen se lle ha de entregar cada parte.
No testamento, o testador debe designar ós herdeiros, persoas que ademais de recibir unha porción das propiedades do defunto, xestionan a sucesión. Ademais de todo o dito, o testador ten a posibilidade de asignar a herdeiro ou a cada legatario unhas cotas, de tal forma que reciban unha parte das propiedades sen especificar cales.
En España o Dereito civil común establece (á marxe dos testamentos especiais) tres clases de testamentos:
Outros testamentos, non recoñecidos polo dereito sucesorio común, son:
O Código civil establece unha serie de testamentos que considera especiais debido ás circunstancias nas que se outorgan:
Estes tipos de testamento só poden ser utilizados cando concorran as circunstancias especiais para os que están previstos. Este tipo de testamento exixe ademais a mesma capacidade ao testador que nos comúns, así como a constancia dunha auténtica vontade testamentaria detrás dos actos constitutivos do seu outorgamento.
Cando se outorga testamento notarial, deben acudir dúas testemuñas ó outorgamento cando:
En España están impedidos para testar, entre outros, os menores de 14 anos e os que non están en pleno uso das súas facultades mentais. Non obstante, o feito de que os menores de idade poidan testar é bastante pouco común, sendo o límite máis común o da maioría de idade.
Son aquelas persoas ás que o testador encarga na escritura testamentaria o feito de levar a cabo, tanto administrativa como realmente, as disposicións incluídas no testamento. Non tódalas figuras están recoñecidas por tódolos sistemas de dereito de sucesións, nin todas poder ter cabida en tódolos tipos de testamentos. Entre eles cóntase:
Os testamenteiros son persoas ás que o testador encarga no testamento que realicen determinadas funcións á súa morte, tales como paga-lo enterro e o funeral, se o houber, sufraga-los legados en metálico, contactar cos herdeiros etcétera.
O testador pode establecer con respecto ó cargo de testamenteiro:
Asemade, en previsión de que o testamenteiro abandone renuncie ó seu cargo, ou sexa cesado, pode determinar unhas persoas como substitutas. En todo caso, aínda sendo voluntario exercer de testamenteiro, o que renuncie perderá os seus dereitos na herdanza, excepto disposición en contrario do testador.
A caducidade do testamento supón a súa ineficacia nos casos que prevé o art. 743 do Código civil de 1889.
Caducarán os testamentos, ou serán ineficaces en todo ou en parte as disposicións testamentarias, só nos casos expresamente previstos neste CódigoArtigo 743
Caducarán polo simple transcurso do tempo os testamentos outorgados en circunstancias especiais, e de xeito excepcional, cando unha vez desaparecidas estas circunstancias que xustifican a forma especial, non foran substituídos por forma ordinaria: o outorgado en inminente perigo de morte, o outorgado en epidemia, os testamentos militares e marítimos ordinarios e os extraordinarios.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Testamento, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.