Bésta

A bésta é unha arma antiga que se difunde en Europa no século X como evolución e perfeccionamento do primitivo arco e seta.

Bésta
Bésta trazada por Leonardo da Vinci, c. 1500

Historia

Puido ser inventada polos chineses e foi coñecida polos romanos. Nun principio foi utilizada para a caza e adaptouse para a guerra durante a Idade Media. Desprezada polos cabaleiros, foi prohibida pola Igrexa contra os cristiáns, o que non impediu a súa utilización. A palabra tería sido sincopada do italiano balestra, que á súa vez deriva do latín tardío ballistra ou arcuballistra.

O arco de madeira foi substituído por un potente arco metálico formado por unha ou varias láminas metálicas unidas. A corda vexetal ou de tripa trenzada foi substituída finalmente por arame. E a frecha de vara vexetal foi substituída por unha seta curta e metálica, capaz de perforar as coirazas. Agregóuselle perpendicularmente ao arco un carril acanalado no que se aloxaba a seta e sobre o que se desprazaba violentamente a corda impulsora ou arame. Para flexionar o arco metálico e vencer a súa potente resistencia realizábanse diversas manobras. As primeiras consistiron en poñer o arco en terra e tensar o arame con ambas mans ou o pé ata trabalo nun gancho; máis tarde montáronse mecanismos diversos sobre o carril central. O máis exitoso e usado foi o tensado mediante torniquete a manivela. O arame poderosamente tensado e suxeito por unha traba, disparábase cun gatillo.

Bésta 

Esta arma mellorou radicalmente a eficacia do arco e frecha, pola súa gran potencia (o proxectil metálico perforaba unha loriga a 350 metros), precisión (ao poderse apuntar como un rifle) e eficiencia (era certeiro a maior distancia que a frecha, disparábase corpo a terra, a pé ou a cabalo e non precisaba tanta destreza como o arco para darlle ao branco). A súa lentitude de recarga era a principal desvantaxe. Nisto tomoulle vantaxe un novo arco aparecido por ese tempo en Gales (Illas Británicas): mentres o besteiro disparaba unha seta por minuto, no mesmo tempo un hábil e rexo arqueiro galés co seu enorme arco de 1,80 metros, lograba disparar dez frechas a case 300 metros de distancia.

Bésta 
Cabaleiro francés do século XVI armado cunha bésta

A resistencia das armaduras fora aumentando co progreso da siderurxia, o que obrigou a aumentar o poder da bésta coa creación do arco de aceiro a comezos do século XIV, que substituíu os arcos de madeira e aos mixtos (madeira, tendóns e corno). A bésta constituíu o anticipo máis equivalente das armas de fogo. Como nestas, a bésta gatillábase e apuntábase acercando o ollo ao extremo do carril da frecha para aliñalo co branco ao que se tiraba. A a súa efectividade a distancia só foi superada pola pólvora. Os soldados que portaban esta arma chamábanse "besteiros".

A bésta revolucionou as posibilidades individuais de dar morte ao inimigo: calquera inexperto podía matar a distancia un consumado guerreiro. Isto resultou tan novidoso e ameazador que mereceu unha bula papal onde se prevía á cristiandade contra o seu uso polo "perigo que representaba para a humanidade unha arma semellante".

A bésta utilízase na actualidade como deporte, se ben non ten a categoría de deporte olímpico, como si o ten o tiro con arco.

Tamén se denomina bésta a arma empregada na pesca submarina.

Notas

Tags:

Arco (arma)ArmaEuropaSetaSéculo X

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Radio VaticanaJagoba ArrasateHolocaustoBiblioteca Básica SalvatLas Torres de CotillasAirbus A35022ª edición dos Premios Mestre MateoCaliforniaLondresNoelia ReyJosé Luis GilMarcos PereiroMetabolismoFinados en 2024Froufe, O IrixoManuela ReyWorld Wide WebBenito VicettoIsabel PerónFútbol americanoCopa LibertadoresMaribel VerdúPobo triquiPontecesoCarlos III do Reino UnidoDiscoverer EnterpriseGerardo Pardo de VeraCarlismoKu Klux KlanMario Vargas LlosaIlyushin Il-76Ludwig van BeethovenMitocondriaRobin WilliamsRamiro CarregalDistritos de PortugalLista de WikipediasFerrolFelaciónAndorraPartido Comunista ItalianoIsabel Díaz AyusoCebadaRenda básica universalViggo MortensenArboMacedonia do NortePataca.geLista de ríos de GaliciaPotaToledoJSONJoaquin PhoenixA EstradaHomeroRaquel AtanesEl tiempo entre costuras (serie de televisión)Idade MediaHargeisaAna BucetaLSDCarlos II de InglaterraHerculanoBoyanka Kostova (grupo musical)Vómito (grupo musical)Dominio públicoOleirosAustraliaFrei Basilio Río Brenlla🡆 More