Acne

A acne é unha dermatose producida pola retención da secreción das glándulas sebáceas, o que causa inflamacións e infeccións no rostro, lombo, peito e ombreiros, máis frecuente na adolescencia, a forma máis común é a acne vulgaris.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Acne
Recreación artística da acne

A acne vulgar ou acne polimorfo xuvenil, vulgarmente coñecida como espiñas, é a enfermidade cutánea máis frecuente pois afecta ó 80% dos individuos entre os 13 e 19 anos[Cómpre referencia] e pode persistir durante a terceira e cuarta década.

Medicamente é unha enfermidade do folículo pilosebáceo, a súa patoxenia implica: aumento da secreción sebácea, dependente dos andróxenos; isto favorece a proliferación da microflora folicular e trastornos da queratinización folicular. Habitualmente está constituído por diversos elementos como son as propias espiñas, pápulas inflamatorias foliculares que poden estar infectadas (formando pústulas e incluso quistes epidérmicos) e deixar cicatrices de pequeno tamaño que quedarán como lesións permanentes cando a doenza desapareza. As localizacións preferentes das lesións son:

  • Cara.
  • Caluga.
  • Lombos.
  • Costas.
  • Peito.

A inflamación e infección pode levar á formación de abscesos dermo-epidérmicos constituíndo unha forma grave da enfermidade, o acne abscesiforme. Así e todo o habitual é que esta enfermidade curse por gromos sucesivos durante meses ou anos, que no verán mellore de forma espontánea e que desapareza entre os 25 e mailos 30 anos de idade.

É máis frecuente no sexo masculino, mais son as mulleres as que máis consultan sobre o problema.

Existen outros tipos de acne:

  • Acne Rosácea: en mulleres preferentemente despois dos 40 anos. Sobre o nariz e as rexión malares e pode chegar a afectar os ollos (conxuntivite e queratite rosácea).
  • Rinofima: en homes adultos, repetición do cadro de foliculite con seborrea abundante que leva a un aumento do volume do nariz.
  • Outras acnes menos frecuentes:
    • Acne necrótica: en adultos de ambos sexos, localizado no bordo de implantación do pelo.
    • Acne nodular: deixan moitas cicatrices.
    • Acne queloidiana: Foliculite crónica na caluga, deixando unha cicatriz antiestética.
    • Acnes profesionais: En traballadores expostos ó cloro, alcatrán e aceites. Afecta ás áreas en contacto coas substancias.
    • Acnes iatorxénicas: Producidos por medicamentos como anticonceptivos, barbitúricos etc.

Notas


Acne 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

AdolescenciaGlándula sebáceaInflamaciónLombo (anatomía)OmbreiroPeitoRostroSecreción

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Beatriz LuengoAlberto Núñez FeijóoDiego González RivasEleccións municipais en SadaRefraneiro galego sobre o mes de maioNarónCaraveleira2024YouTubeAC-141Falange EspañolaSalvador IllaPapuxa das amorasBreogán22 de xulloFentoVómito (grupo musical)Os adverbios galegosVilagarcía de ArousaCabo Norte, NoruegaRamiro CarregalCanle (comunicación)Henrique VIII de InglaterraGrupo RompenteGrupo SargadelosBélxicaConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesEl Pueblo GallegoRevolución dos CaraveisDos arquivos do trasnoJosé Luís Valladares FernándezWikiPosicións sexuaisManuel RivasMergullón cristadoMovimento das Forças ArmadasEcce HomoBenito KamelasRevolución dos caraveisMamen MendizábalPosición do misioneiroAna TurpinOldhamMucha e NuchaLuís Pérez Barral2020VangardasFabiola GarcíaXeración do 36Manuel Curros EnríquezMarmelo (doce)FelaciónGolfiño comúnGalería de imaxes de arañas de GaliciaDe NinghuresAmazonJéssica BouzasScarlett JohanssonXXXTentacionRevolución galega de 1846Lino LópezBárbara ReyLista de nomes masculinos en galegoXestaCamiño de SantiagoTonhito de PoiAntiga CartagoGonzalo MellaMark Lewis JonesAires da miña terraMichael JacksonCaquetáPonte 25 de AbrilTeixugo🡆 More