A Sereíña

A sereíña é un conto de fadas escrito polo escritor e poeta dinamarqués Hans Christian Andersen (1805-1875), célebre polos seus contos infantís.

Foi publicado por vez primeira o 7 de abril de 1837.

A sereíña
A Sereíña
A sereíña, ilustración de Anne Anderson (1874-1930).
Título orixinalDen lille havfrue
Autor/aHans Christian Andersen
OrixeDinamarca
Lingualingua dinamarquesa
Tema(s)Conto
Xénero(s)Conto de fadas
EditorialIgnác Leopold Kober
Data de pub.7 de abril de 1837
editar datos en Wikidata ]

Resumo do conto

A sereíña cumpriu a idade necesaria para poder subir á superficie. Na súa primeira incursión, salva a un príncipe de afogar no mar, e queda namorada del. Pero, aínda que fía unha serie de sacrificios, incluíndo a aceptación do pacto cunha meiga de perder a voz a cambio dun corpo humano, o príncipe finalmente namórase doutra muller. A sereíña tivo entón a oportunidade de volver á súa vida baixo o mar, pero para iso debía facer dano ó príncipe, escolleu sacrificarse por el. Cando cre que xa chegou o seu final, unhas fadas lévana a vivir ó ceo.

Publicación

O conto de A sereíña foi escrito en 1836, e publicado por primeira vez por C.A. Reitzel en Copenhaguen o 7 de abril de 1837 na colección Contos de fadas contados para nenos. Tercer volumen. 1837 ( Eventyr, fortalte for Børn. Første Samling. Tredie Hefte. 1837.). Foi reeditado o 18 de decembro de 1849 na colección Contos de fadas (Eventyr. 1850), e de novo o 15 de decembro de 1862 en Contos e historias de fadas. Primeiro volumen. 1862 (Eventyr og Historier. Første Bind. 1862.).

Adaptación de Disney

O 17 de novembro de 1989, Walt Disney Pictures estreou o primeiro filme de animación d' A sereíña (The Little Mermaid) baseado no conto de Andersen. Pero existen algunhas diferenzas entre o texto orixinal e a produción de Disney, entre as que se poden destacar:

  1. Andersen non lle puxo nome propio a A sereíña (no filme chámase Ariel).
  2. A meiga orixinal ten un papel moi secundario, e non é unha personaxe maligna, senón en certo modo neutral.
  3. No conto, o príncipe está namorado doutra princesa dende o principio.
  4. Os finais son completamente distintos. No conto, A sereíña non consegue o amor do príncipe, namentres que no filme o amor entre eles acaba triunfando fronte ás adversidades.

A sereíña (estatua)

A estatua d' A sereíña, sita na baía do porto de Copenhague, é un dos símbolos máis característicos e visitados desta cidade. Representa á personaxe do conto de Hans Christian Andersen.

Foi encargada en 1909 polo empresario Carl Jacobsen (fillo do fundador de "Carlsberg") ao escultor Edvard Eriksen, que se inspirou nunha bailarina do Ballet Real e na súa muller para realizar a obra. A estatua foi emprazada no seu lugar actual o 23 de agosto de 1913, sobre unha base de penas na beira do mar.

Aínda que ao longo da súa historia sufriu numerosos ataques vandálicos, sempre puido ser reconstruída xa que se conservan moldes de cada unha das súas partes.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

A Sereíña Resumo do contoA Sereíña PublicaciónA Sereíña Adaptación de DisneyA Sereíña A sereíña (estatua)A Sereíña NotasA Sereíña Véxase taménA Sereíña

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Michael JacksonCouselo (planta)OurenseLista de estacións de tren de GaliciaFelaciónTotó GarcíaValentín García GómezMar MediterráneoÁcido dipicolínicoPaís VascoNightmare Alley (filme de 2021)Universidade de ManchesterBloque Nacionalista GalegoConcellos de GaliciaCanle (comunicación)Momia de ManchesterAna Belén FortesFrancisco PazosBob DylanMaría Xosé QueizánDos arquivos do trasnoReal Club Celta de VigoHelsingin JalkapalloklubiWikiRefraneiro galego sobre o panDía das Letras GalegasÁlbum de la CaridadFoca monxeC++Ricardo BeirasDiáspora galegaDaniel BasteiroLista das aves de GaliciaAeroporto de VigoMaría JamardoLondresNava CastroTeoRevolución dos caraveisEleccións municipais en SadaRataPorno suaveLingua inglesaVerónica ForquéUnión AfricanaEscudo de GaliciaEmilio Pérez TouriñoGalipediaFran AlonsoCandela PeñaO Barco de ValdeorrasPoesíaDavid PerdomoComarcas de GaliciaFederico Jiménez LosantosAdrenalinaO GroveMadridGuillermo Alonso BarciaJulio Iglesias Redondo2024Moisés Rodríguez PérezIgantziBeraXosé Luís BernalO porco de péSuízaAC-312System of a DownVáknerHolocausto🡆 More