12°35′57″L / 55.69278, -12.59917
A Sereíña de Copenhaguen, en dinamarqués "Den Lille Havfrue" é unha estatua e un dos símbolos máis característicos e visitados da cidade. Está localizada no parque Langelinie, na baía do porto de Copenhaguen. Representa a personaxe do conto do mesmo nome, A sereíña, de Hans Christian Andersen.
Encargada en 1909 polo empresario Carl Jacobsen (fillo do fundador de Carlsberg), o escultor Edvard Eriksen inspirouse no rostro de Ellen Price, unha bailarina do Ballet Real, aínda que para a parte núa da estatua tivo que convencer á súa propia muller de que posara para el. A estatua foi emprazada na súa localización actual o 23 de agosto de 1913, sobre unha base de penas na beira do mar.
Realizada en bronce fundido, sorprende aos turistas polas súas pequenas dimensións: pesa 175 quilos e mide 1,25 metros de alto. Ao longo da súa historia sufriu diversos danos por mor de ataques vandálicos:
Porén, sempre puido ser reconstruída xa que se conservan moldes de cada unha das súas partes. O concello de Copenhaguen anunciou, como consecuencia destes ataques, que poderían mover a estatua do sitio para protexela.
Segundo unha lenda popular, os homes que navegaban polo mar Báltico eran vítimas de meigallos por mor do canto das sereas. En Copenhaguen, un mariñeiro foi alcanzado por un destes feitizos, e a serea, namorada tamén do mariñeiro, elixiu ter aspecto de muller para conquistar o seu amor renunciando así á súa inmortalidade.
Hans Christian Andersen inspirouse nesta historia popular para escribir en 1837 o relato A Sereíña tal coma se coñece hoxe en día.
Ao longo dos anos, A Sereíña converteuse nun punto de peregrinación para os mariñeiros, que visitaban a estatua ao retornar das súas viaxes para confesar as súas infidelidades e aliviar a súa conciencia.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A sereíña |
This article uses material from the Wikipedia Galego article A sereíña (estatua), which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.