As categorías son unha das formas de organizar tematicamente os artigos da Galipedia.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2018) |
Axuda de edición |
---|
Antes de comezar |
Como editar unha páxina |
Creando un artigo |
Como crear unha páxina Como trocar o nome (1) (2) O libro de estilo Como citar as fontes (3) Como categorizar Como mellorar a ortografía Ligazóns interlingüísticas Como engadir imaxes (4) Non asine os textos (5) |
Clases de artigos |
Os espazos de nomes Listaxe de modelos Redireccionar unha páxina |
Usando MediaWiki |
Como facer táboas Etiquetas TeX Como facer modelos Palabras máxicas |
Máis axuda |
Os trebellos Onde colaborar Revisión ortográfica |
Recursos |
Recursos no dominio público |
Unha categoría é unha agrupación de páxinas que comparten algún tema en común. Nunha analoxía co sistema de ficheiros dun ordenador, as categorías cumpren a mesma función que un directorio. O proceso de incluír unha páxina nunha categoría denomínase categorización, e realízase editando unicamente a páxina que se desexa categorizar. As categorías facilitan a busca de información dentro de Wikipedia, e permiten ver as páxinas contidas en cada unha delas, ou ben navegar a través delas, grazas á súa ordenación xerárquica. Unha páxina non categorizada considérase tan orfa coma unha sen ligazóns internas. Antes de facer uso das categorías, é conveniente que lea Wiki: Categorías. Outras formas complementarias de clasificación e organización de artigos inclúen as listas e as caixas de navegación.
Todos os artigos da Galipedia deberían estar en, polo menos, unha categoría. As categorías son temas xerais que poden resultar útiles para quen lea o artigo. Un exemplo é o seguinte:
A decisión sobre a utilidade ou conveniencia de que existan determinadas categorías pode ser en determinados casos un tema suxeito a debate.
Ao colocar un artigo nunha categoría, automaticamente aparece listado dentro desa categoría, sen necesidade de máis nada.
Todas as categorías pertencen a outra categoría superior, dependendo todas elas de Categoría:Índice. Así, Categoría:Son é unha subcategoría de Categoría:Acústica e esta de Categoría:Física, que, pola súa vez, é unha subcategoría de Categoría:Ciencia.
Ao colocar un artigo nunha categoría que é subcategoría doutra, automaticamente aparece listado dentro desa subcategoría e esa subcategoría aparece listada dentro da categoría, sen necesidade de máis nada. Realmente non existe máis diferenza entre categorías e subcategorías que o feito de que estas "están incluídas" naquelas, polo que habitualmente fálase de categorías, a non ser que se queira facer especial referencia á estrutura.
É posíbel que un artigo estea en dúas ou máis categorías. Por exemplo, Tjóðveldisflokkurin está nas categorías Categoría:Illas Feroe e Categoría:Partidos políticos, ningunha das cales é subcategoría doutra. Cando se coloca un artigo nunha categoría, hai que ser o máis específico posíbel: non tería sentido colocar Toutón, Mondariz en Categoría:Europa, Categoría:Unión Europea, Categoría:España, Categoría:Galicia, e así sucesivamente. A categoría Categoría:Mondariz resulta axeitada para acceder a calquera deses outros espazos políticos e xeográficos, polo que é a única na que hai que colocar este artigo.
O código que permite que unha páxina pase a pertencer a unha categoría colócase ao final da páxina, antes das ligazóns interwiki e faise así:
[[Categoría:Satélites naturais]]
Ao colocar esta etiqueta, a páxina aparece listada na páxina da categoría correspondente automaticamente e aparece unha ligazón no fondo da páxina, que está no espazo de nomes "Categoría". As páxinas pódense incluír en máis dunha categoría simplemente engadindo máis etiquetas deste tipo. Por norma xeral inclúense en liñas separadas ó final do artigo. Móstranse sempre na orde na que aparecen no artigo.
Para introducir unha ligazón a unha páxina de categoría dentro do texto (como se pode ver nesta mesma páxina de axuda), hai que colocar dous puntos antes de "Categoría". Exemplo:
[[:Categoría:Música galega]]
Se non se ten claro a que categoría corresponde un artigo, convén colocar de todas maneiras o marcador {{sencat}}, que automaticamente coloca a páxina na lista de páxinas sen categoría, ou ben facelo mediante [[Categoría:Wikipedia:Páxinas sen categorías]]
Unha páxina dunha categoría consiste en:
Como exemplos pódense ver Categoría:Electromagnetismo ou Categoría:Imaxes de Ferrol.
Unha páxina existe realmente cando se crea a súa páxina de categoría. Para crear unha, faga o seguinte:
Xa non é preciso nada máis, os artigos aparecerán automaticamente conforme se vaian asignando a esta categoría. Para a súa ordenación na páxina, hai que ter en conta que se segue a orde Unicode, que fai que os primeiros caracteres sexan os seguintes:
!"#$%&'()*+,-./0123456789:;<=>? @ABCDEFGHIJKLMNOPQRSTUVWXYZ[\]^_ 'abcdefghijklmnopqrstuvwxyz{|}~?
Isto é, Z aparece antes de a, por exemplo. Obviamente, no caso de nomes de persoas, o sistema non é quen de ordenalos por apelidos. Por iso pode resultar útil mellorar os marcadores dentro de cada páxina reescribindo o nome segundo o queiramos ver nas listas alfabéticas, así:
[[Categoría:Escritores en lingua galega|Alcala, Xavier]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega|Aldao, Lucia]]
Ou mellor aínda, así:
{{ORDENAR:Alcala, Xavier}} [[Categoría:Escritores en lingua galega]]
{{ORDENAR:Aldao, Lucia}} [[Categoría:Escritores en lingua galega]]
É aconsellábel seguir unhas convencións para facilitar o traballo dos bots:
Pode verse un espallamento maior (con categorías non oficiais) e con outro formato en Wiki: Wikiproxecto Categorías/Índice temático de categorías, e unha lista total actualizable aquí.
Volver á páxina de axuda. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Axuda:Categorías, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.