Época Vitoriana: Período da historia do Reino Unido

A época vitoriana da historia do Reino Unido marcou a cúspide da súa Revolución Industrial e do Imperio Británico.

Aínda que esta expresión úsase comunmente para referirse ó extenso reinado de Vitoria I (20 de xuño de 1837 - 22 de xaneiro de 1901), algúns académicos anticipan o comezo do período, caracterizado polos profundos cambios ocorridos nas sensibilidades culturais e nas preocupacións políticas, á promulgación da Acta de Reforma de 1832. Historicamente, esta etapa foi precedida pola Rexencia e continuada polo período eduardiano.

Época Vitoriana: Período da historia do Reino Unido
A raíña Vitoria no quincuaxésimo aniversario do seu ascenso ó trono.

A raíña Vitoria, con 64 anos no trono, tivo o reinado máis longo até entón na historia dos monarcas británicos (logo superado polo da súa tataraneta Isabel II coroada en 1953), e os cambios culturais, políticos, económicos, industriais e científicos que tiveron lugar durante o seu reinado foron extraordinarios. Cando Vitoria ascendeu ó trono, Inglaterra era esencialmente agraria e rural; á súa morte, o país atopábase altamente industrializado e a maioría do seu territorio xa estaba conectado por unha rede ferroviaria que seguía expandíndose. A transición non foi suave. As primeiras décadas do reinado de Vitoria foron testemuñas de varias epidemias (especial gravidade revestiron as de tifo e cólera), serios problemas na produción e distribución de alimentos básicos e os consecuentes colapsos económicos. Tamén se produciron disturbios sociais causados pola inequidade da configuración do dereito de sufraxio e en protesta pola derrogación das leis agrícolas (Corn Laws), aprobadas durante as guerras napoleónicas.

Etapas

Esta época divídese en tres etapas:

  • Vitorianismo temperán (1837-1851), co ascenso ó trono da raíña Vitoria, que conforma a fase de asentamento da sociedade nada trala Revolución Industrial.
  • Vitorianismo medio (1851-1873). A Grande Exposición, celebrada no Crystal Palace de Londres, considérase o comezo dun longo período de estabilidade interna, propiciado pola hexemonía que obtivo o Reino Unido ó ser o primieiro estado que culminou exitosamente o proceso industrializador característico deste século en Occidente.
  • Vitorianismo tardío (1873-1901). Agudízanse os problemas con Irlanda (territorio que non obtería a súa independencia ata o ano 1921), e coas colonias, e simultaneamente, radicalízase o movemento obreiro e sindical.

Notas

Tags:

190120 de xuñoImperio BritánicoReino UnidoRevolución IndustrialVitoria do Reino Unido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Foca monxeReino UnidoAC-456David MellaPúrpuraSalvador IllaMark Lewis JonesBrasiliaMoulin RougeMergullón cristadoSegunda guerra mundialProvincias de EspañaJuan CorralOldhamTelexornalMoscovaAciñeiraMecanismo de AnticiteraMoisés Rodríguez PérezEduardo Blanco AmorAmieiroManuel Curros EnríquezCalorCoco (bacteria)CaquetáCarlos CasaresEva CárdenasEcce HomoFrancisco PazosSerés, Serés, CastroverdeVictoria Núñez LópezMadridListenbourgPecados capitaisContactPosición do misioneiro invertidaAsteraceaeRusiaJude BellinghamUcraínaClara CampoamorGolfiño comúnCarlos de Matos GomesOrdesLontreiraPedro SánchezDe NinghuresInglaterraCharles WhiteCarles PuigdemontLeymaVladimir PutinXestaAna TurpinSecretaría Xeral de Política LingüísticaFauna de GaliciaLuís SeoaneCRembrandtXeración do 36Comarcas de GaliciaAsunta Basterra PortoCarballoCinema pornográficoEstatua de Che Guevara en OleirosMondoñedoMauro ScaloniZeca AfonsoVila de CrucesHomosexualidadeLista de filmes coas maiores recadaciónsDepartamento de ApurímacDomingo🡆 More