Os Xogos Olímpicos de 1924 foron realizados en París, en Francia, entre o 20 de abril e o 27 de xullo, coa participación de 2956 atletas, entre eles 136 mulleres, representando 44 países, un récord até entón, para felicidade e gloria de Pierre de Coubertin, que vía os Xogos volver á súa terra natal, após vinte anos, coa presenza de 1000 xornalistas e a primeira transmisión radiofónica das probas.
Estes foron os últimos Xogos organizados baixo a presidencia do Barón de Coubertin.
Nome oficial | Spiller vun der VIII. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Lema | Méi séier, méi héich, méi staark |
Composto por | Ginástica nos Jogos Olímpicos de Verão de 1924 la canne at the 1924 Summer Olympics Tiro nos Jogos Olímpicos de Verão de 1924 + ../... 24 |
Número de participantes | 44 3.088 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 126 |
Localización | Estádio Olímpico Yves-du-Manoir (pt) (Colombes) 48°55′53″N 2°14′59″L / 48.93145, 2.249612°14′59″L / 48.93145, 2.24961 |
País | Francia |
Intervalo de tempo | 4 de maio de 1924 – 27 de xullo de 1924 |
Número de edición | 8 (1924) |
Aberto oficialmente por | Gaston Doumergue |
Xuramento feito por | Georges André (pt) |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Ó contrario dos primeiros e fracasados Xogos na cidade, en 1900, desta vez París preparou un suntuoso complexo olímpico para hospedar os diversos deportes, en particular o confortable e moderno Estadio Olímpico de Colombes, con capacidade para 60.000 persoas, onde os nomes dos campións olímpicos destes Xogos foron gravados en mármore nas súas paredes. Foi tamén a primeira vez que os atletas se instalaron nunha pequena vila olímpica, formada por varias pequenas casas de madeira.
Foi nesta edición dos Xogos nos que por primeira vez foi empregado o lema olímpico Citius, Altius, Fortius , ou, máis rápido, máis alto, máis forte, cuñado en latín por un monxe francés, Frei Henri Didon e no que as tres bandeiras, olímpica, do país anfitrión e do próximo país en recibir os Xogos, foron izadas lado a lado na cerimonia de clausura.
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Estados Unidos | 45 | 27 | 27 | 99 |
2 | Finlandia | 14 | 13 | 10 | 37 |
3 | Francia | 13 | 15 | 10 | 38 |
4 | Reino Unido | 9 | 13 | 12 | 34 |
5 | Italia | 8 | 3 | 5 | 16 |
6 | Suíza | 7 | 8 | 10 | 25 |
7 | Noruega | 5 | 2 | 3 | 10 |
8 | Suecia | 4 | 13 | 12 | 29 |
9 | Países Baixos | 4 | 1 | 5 | 10 |
10 | Bélxica | 3 | 7 | 3 | 13 |
A proba dos 100 m lisos foi gañada por un inglés, Harold Abrahams, poñendo fin a unha longa imbatibilidade norteamericana na máis popular das probas do atletismo. A historia desta proba e do seu campión foi levada ó cinema en 1981 no filme Chariots of Fire, que conquistou catro Óscars, entre eles o de mellor filme, e transformou o seu tema musical, do grego Vangelis, no himno de todos os corredores do mundo.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Xogos Olímpicos de 1924, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.