Ximnasia

A ximnasia ou ximnástica é un deporte no que se executan secuencias de movementos que requiren forza, flexibilidade e axilidade.

Ximnasia
Lanzador de disco. Discobolo, copia romana de orixinal grego de s. V a.C

Historia

A pesar do que se poida pensar, non foron os gregos os primeiros en coñecer e utilizar a mecanoterapia. Antes deles, os indios e os chineses practicaron o tratamento mecánico como o proba o Kung-Fu chinés. Os Brahmas apoderáronse deste método que mesturaron con certas fórmulas máxicas para que o pobo crese que a curación era debida ós deuses. Desde tempos moi remotos empréganse na China exercicios musculares asociados a inspiracións profundas para fortificar os músculos, facer que desaparezan os cambras, dores reumáticos, desviacións da columna vertebral etc. Na India o tratamento mecánico usado desde a antigüidade leva o nome de shamposing.

A palabra ximnasia aplicouse nun principio ó xogo dos atletas que corrían, saltaban, loitaban e guindaban o disco e a barra. Máis tarde, os recintos plantados de árbores ou os locais cubertos dedicados ós xogos atléticos foron o punto de cita de cantos querían cultivar a súa intelixencia e a súa forza.

Mentres que en Grecia os dorios, raza conquistadora e brutal, dedicábanse á Ximnástica con fins guerreiros, os atenienses buscaban naqueles exercicios a saúde do corpo e do espírito, a harmonía e a graza. Con todo, os xogos atléticos chegaron a ser monopolio de certos individuos que se exhibían ante a multitude como os acróbatas dos nosos días, o cal non era o mellor medio de soster a Ximnasia grega.

Os romanos da República dedicáronse con entusiasmo á marcha, á equitación e a outros exercicios ximnásticos. Non poucas veces, logo dun exercicio violento guindábanse ó Tíber coma os espartanos ó Eurotas. Plutarco refire que César conseguiu curarse unha neuralxia facendo que un escravo amasara os seus músculos. Con todo, os romanos non practicaron nunca a verdadeira Ximnástica, a de Atenas. Só tomaron de Grecia os exercicios nos circos, adaptando ó seu carácter cruel ós exercicios gregos e transformando así en combates de gladiadores os xogos dos atletas gregos.

A Idade Media non coñeceu a Ximnástica. Unicamente, algúns aristócratas continuaron exercitándose en xustas e torneos baixo o seu armadura de ferro, no que non se poden considerar exercicios ximnásticos.

O cristianismo, tan hostil á nudez corporal, nada fixo para realzar ou establecer os exercicios corporais. A verdadeira ximnástica foi defendida polos filósofos reformadores Lutero, Zwingli, Melanchton e Roussene.

Disciplinas

A ximnasia moderna, regulada pola Fédération Internationale de Gymnastique ou FIG componse de seis disciplinas.

As disciplinas de rítmica e artística son as máis coñecidas por formar parte dos Xogos Olímpicos de verán. A modalidade de trampolín forma parte dos Xogos Olímpicos desde Xogos Olímpicos de Sydney 2000

Ximnasia xeral

A ximnasia xeral é unha disciplina na que participa xente de todas as idades en grupos desde 6 ata 150 ximnastas que executan coreografías de xeito sincronizado. Os grupos poden ser dun só xénero ou mixtos.

Ximnasia artística

A ximnasia artística é aquela que por medio de movementos do corpo empregando cabeza, brazos e pernas crea unha forma de expresarse con música e ata cun acompañante e aparellos e componse de diferentes modalidades segundo as categorías masculina e feminina.

Ximnasia rítmica

A ximnasia rítmica é unha disciplina na que só existe a modalidade feminina. Execútanse cinco rutinas con cinco aparellos diferentes: pelota, cinta, aro, mazas e corda. Os exercicios realízanse sobre un tapiz. Á hora de puntuar faise sobre un máximo de vinte puntos valorándose máis a estética que as acrobacias.

Ximnasia aeróbica

A ximnasia aeróbica, antes coñecida como aeróbic deportivo, é unha disciplina da ximnasia na que se executa unha rutina de entre 100 e 110 segundos con movementos de alta intensidade derivados do aeróbic tradicional ademais dunha serie de elementos de dificultade. Esta rutina debe demostrar movementos continuos, flexibilidade, forza e unha perfecta execución nos elementos de dificultade.

Ximnasia acrobática

A ximnasia acrobática tamén coñecida como acro-sport é unha disciplina de grupo na que existen as modalidades de parella masculina, parella feminina, parella mixta, trío feminino e cuarteto masculino.

Trampolín

A disciplina de trampolín consiste de catro modalides: minitramp, dobre minitramp, trampolín e tumbling.

Notas

Tags:

Ximnasia HistoriaXimnasia DisciplinasXimnasia NotasXimnasiaDeporteForza

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Perífrases verbais galegasBojan KrkićLuís Pérez BarralRaffaella CarràGonzalo LouzaoDoenza de Paget de mamaMadridGame Boy Advance SPHenrique VIII de InglaterraConceyu BableOTANGeorgia O'KeeffeJava (linguaxe de programación)TarragonaEduardo IndaXosé Manuel BeirasBeteluAs leis de CelavellaRoko (actriz)Reino de GaliciaMManuel RicoO Barco de ValdeorrasVichelocregoPortolamoso, Curtis, CurtisXosé Manuel PiñeiroAntónio de Oliveira SalazarWikipediaMaruxa MalloO divino saineteItxu DíazFrancisco Varela OuroConcellos de GaliciaOtelo Saraiva de CarvalhoLiteratura infantilAliança CatalanaMiss Vaca (certame)AsteraceaeCessna T-37 TweetVoleibolArmando BlancoHorteláEuropaRefraneiro galego sobre o mes de maioAC-141VigoEduardo PondalMedalla CastelaoVento feridoAntón LamazaresCoordenadas xeográficasRicardo BeirasTECOR societarioGalaicosSalgueiro MaiaPablo PicassoAvenida da Liberdade (Lisboa)Carrasco (planta)MoscovaGaliciaRebel MoonJavier CasqueiroRafael NadalFelaciónMamen MendizábalMartín SarmientoLeitzaldeaFermin MuguruzaAs dúas MaríasFigueresEmilio Pérez TouriñoPaís Vasco (rexión histórica)Cristiano RonaldoMaría Xosé Queizán🡆 More