Xoán Gato: Político galego

Xoán Gato Díaz, nado en Ferrol o 5 de febreiro de 1946, é un político galego, foi coordinador nacional de Terra Galega e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións do 1 de marzo de 2009 por este mesmo partido.

Desde finais de 2010, abandonou esta formación para crear un novo partido chamado Converxencia Galega de corte galeguista e liberal, no que actualmente milita.

Infotaula de personaXoán Gato
Xoán Gato: Biografía e traxectoria, Datos persoais, Notas
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(gl) Xoán Gato Díaz Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1946 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Xoán Gato: Biografía e traxectoria, Datos persoais, Notas Alcalde de Narón
1985 – 2009
← Antonio Martínez AneirosXosé Manuel Blanco → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoConverxencia Galega
Partido Socialista Galego-Esquerda Galega
Agrupación Nacionalista Galega de Narón
Unidade por Narón
Terra Galega
Unidade Galega Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Biografía e traxectoria

Diplomado en Relacións Laborais pola Universidade de Santiago, este antigo traballador do estaleiro ASTANO, foi concelleiro de obras e urbanismo en Narón por Unidade Galega do entón alcalde e ex-sacerdote Antonio Martínez Aneiros durante a primeira corporación municipal da democracia. Na segunda corporación, esta vez na ANGN volve acadar acta de concelleiro, integrándose no PSG-EG ó tempo que Martínez Aneiros era elixido deputado no parlamento galego, en 1985. Naquel momento Xoán Gato toma posesión á fronte da alcaldía de Narón.

Coa integración de Unidade Galega (partido), a sucesora do PSG-EG no BNG, o equipo de goberno do concello de Narón, descontento coa decisión do partido, fundou Unidade por Narón, formación de carácter localista naronés. Con ese partido gobernou en coalición con Esquerda Unida (95-99) e co BNG (99-03), e xa en 2003, acadou a maioría absoluta con 13 concelleiros de 21.

Para as Eleccións Municipais de 2007 presentouse como candidato por Narón de Terra Galega, obtendo 10 concelleiros, e ficando a un da maioría absoluta. Foi un dos membros fundadores desta formación política, no que ocupou o posto de coordinador nacional, presentándose como candidato á presidencia da Xunta. O 20 de xaneiro de 2009 foi substituído como alcalde por Xosé Manuel Blanco, logo da súa dimisión para centrarse nas eleccións galegas, onde non conseguiu os votos necesarios para entrar no Parlamento.

En febreiro de 2010, apoiado por un grupo de empresarios, presenta a súa candidatura a Cámara de Comercio de Ferrol, candidatura que acada 20 dos 25 representantes elixidos. Antes do seu nomeamento prodúcese unha división interna dentro da candidatura que salva coa a súa elección en xuño. Convértese así no 18º presidente da Cámara.

Datos persoais

Está casado e ten tres fillos e catro netos.


Predecesor:
Antonio Martínez Aneiros
 Xoán Gato: Biografía e traxectoria, Datos persoais, Notas 
Alcalde de Narón
 
1985 - 2009
Sucesor:
Xosé Manuel Blanco

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Xoán Gato Biografía e traxectoriaXoán Gato Datos persoaisXoán Gato NotasXoán Gato Véxase taménXoán Gato194620105 de febreiroConverxencia GalegaFerrolTerra GalegaXunta de Galicia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Luís Pérez BarralAlfabeto galegoReal Club Celta de VigoAna Belén FortesMiguel Ángel Zabalza BerazaRaquel Castro MartínezImmanuel KantDoenza de Paget de mamaDeportivo da CoruñaAustraliaHorteláRusiaSonDeSeuAgustín Fernández PazGonzalo LouzaoAliança CatalanaLista de episodios de Shin ChanMimosaAmaia Martínez GrisaleñaDiego González RivasFingeringFerroAtlánticaManuel RicoLeitzaPortugalLorenzo VarelaVietnamAlexandre BóvedaFernando Salgado VarelaLandraGame Boy Advance SPEleccións municipais en SadaVertoBaby ReindeerAmancio OrtegaXiros idiomáticos galegosEl Pueblo GallegoFigueresViacrucisDiego AnidoXosé Manuel PiñeiroProxyClara CampoamorMar MediterráneoThe HivesManuel Gago MariñoBeraJosé Manuel Rodríguez PuenteAs Pontes de García RodríguezGalileo GalileiRomariz, Riós, RiósRamón Otero PedrayoCristiano RonaldoVáknerTonhito de PoiFrancisco AsoreyPalmaPedro SánchezCorzoVilagarcía de ArousaLista de deuses celtasMilánMaruxa MalloMiss Vaca (certame)Bárbara ReyAmérica do NorteXogo da chaveLedicia CostasFernando Salgado GarcíaRoberto BautistaSonsoles Espinosa25 de abrilLista de ríos de GaliciaAC-456Emilio Aragón Álvarez🡆 More