Voo 213 De Bhoja Air: Accidente de aviación en Paquistán en 2012

O voo 213 de Bhoja Air era un servizo regular doméstico de pasaxeiros operado pola aeroliña paquistaní Bhoja Air.

O 20 de abril de 2012 o Boeing 737-236A que operaba a ruta esnafrouse con mal tempo durante a súa aproximación ao aeroporto Benazir Bhutto, en Islamabad. Os 121 pasaxeiros e 6 tripulantes morreron no accidente. Este era o voo inaugural do segundo servizo diario de Bhoja Air nesa ruta.

Voo 213 de Bhoja Air
Voo 213 De Bhoja Air: Accidente de aviación en Paquistán en 2012
O avión accidentado co anterior operador
Resumo
Data  20 de abril de 2012
Causa  cizalladura de vento
Lugar  Rawalpindi, Paquistán
Coordenadas  72°59′07″L / 33.6627, 72.9852
Orixe  aeroporto Jinnah
Destino  aeroporto Benazir Bhutto
Finados  127
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-236A
Operador  Bhoja Air
Rexistro  AP-BKC
Pasaxeiros  121
Tripulación  6
Superviventes  0

Foi o segundo accidente de aviación con máis vítimas mortais en Paquistán, superado polo accidente do voo 202 de Airblue en 2010 onde morreron as 152 persoas a bordo, e é o cuarto peor dun Boeing 737-200.

Avión

O aparello era un Boeing 737-236, con rexistro AP-BKC e número de serie 23167, que voara por vez primeira o 13 de decembro de 1984 e fora entregado a British Airways o 7 de xaneiro de 1985 (co rexistro G-BKYI). Posteriormente foi adquirido para operacións con código compartido por Comair (con rexistro ZS-OLB) en xuño de 1999. O avión operou rutas domésticas en Suráfrica ata finais de 2010, cando Comair retirou a súa frota de 737-200, e foi vendido a Bhoja Air en xaneiro de 2012.

Accidente

O avión estaba operando un servizo regular doméstico entre o aeroporto Jinnah de Karachi e o aeroporto Benazir Bhutto de Islamabad, que era o primeiro voo da noitiña da aeroliña en case 12 anos (Bhoja Air pechara anteriormente entre dificultades financeiras no ano 2000, pero reiniciara as súas operacións en marzo de 2012). Había 6 tripulantes e 121 pasaxeiros a bordo. O voo engalou de Karachi ás 17:00 PST (12:00 UTC) e tiña que aterrar en Islamabad ás 18:50 (13:50 UTC). Ás 18:40 PKT o avión esnafrouse a 5,6 km da pista, preto da vila de Hussainabad, Rawalpindi. As 127 persoas a bordo morreron. A aterraxe intentouse no medio dunha forte chuvia e unha tormenta. Os informes iniciais suxerían que os pilotos intentaron aterrar no medio de fortes ventos e chuvia, o avión puido voar cara a unha cizalladura inesperada que o mandou contra o chan debaixo súa. Porén, testemuñas dixeron que o avión puidera ser golpeado por un lóstrego antes do accidente, describíndoo como unha "bóla de lume". Un voo Airblue aterrou sen problemas despois do accidente.

O aeroporto pechouse durante tres horas despois do accidente debido á falta de bombeiros. Os servizos de emerxencia baseados no aeroporto foron ao lugar do accidente para axudar os bombeiros que traballaban alí. Os voos afectados polo peche foron desviados ao aeroporto Allama Iqbal, en Lahore. A pesar de que o accidente ocorreu nunha área residencial, non houbo vítimas en terra.

Notas

Tags:

20 de abril2012Boeing 737Islamabad

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

LareiraReal Club Celta de VigoMasculino e feminino en galegoRakel WinchesterAnxo QuintanaGran Guerra IrmandiñaLingua casteláTransexualidadeDecembroLa Voz de GaliciaGhaleb Jaber IbrahimÁlex AnguloMoisés Rodríguez PérezFernando Suárez BarciaFélix BolañosAciñeiraAntolín FaraldoXurxo ChirroGuernica (cadro)José Ernesto Díaz NoriegaPegsatHard GZMarta Fernández-TapiasPartido Comunista de EspañaAlfonso Basterra CamporroSegunda guerra mundialFernando EstesoIsaac Díaz PardoPontevedraReal Sociedad de FútbolDavid PerdomoFrancisco FrancoAgustín Fernández PazCristina Pérez HerraizMela CasalAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoA EstradaBergantiños Fútbol ClubPosición aconchegadaEva MejutoMarraxoMaría PitaFrancisco Porto MellaPratos combinadosTea Rooms. Mujeres obrerasSalvador García-BodañoRusiaNormandíaÁlex FidalgoFerroAtlánticaCarme ChacónJuan CorralNoelia ReyDía do LibroBóvedaOvidio RodeiroCarlos García BayónAgrupación Cultural AbrentePastora Dominga González ViéitezJude BellinghamLeopoldo RubidoFernando GuillénFidel CastroBurroTuiCastelo de PambreLista de programas de Televisión EspañolaFrancisco AsoreyBelugaAriadna GilCaralloMáquina comecartosPedro ChoscoM🡆 More