Voo 202 De Airblue: Accidente de aviación en Paquistán en 2010

O voo 202 de Airblue era un servizo doméstico regular de pasaxeiros entre o aeroporto de Jinnah e o aeroporto Benazir Bhutto que se esnafrou o 28 de xullo de 2010 preto de Islamabad, a capital de Paquistán, matando os 146 pasaxeiros e 6 tripulantes a bordo.

É o peor accidente de aviación ocorrido en Paquistán ata a data. O avión, un Airbus A321-231 operado por Airblue, esnafrouse na cordilleira Margalla ao norte de Islamabad. Os controladores de tráfico aéreo perderon o contacto co voo durante o seu intento de aterrar entre unha densa néboa e forte chuvia monzónica.

Voo 202 de Airblue
Voo 202 De Airblue: Accidente de aviación en Paquistán en 2010
O avión un mes antes do accidente
Resumo
Data  28 de xullo de 2010
Causa  voo controlado contra o terreo
agravado polo mal tempo e
erro do piloto
Lugar  cordilleira Margalla
Coordenadas  73°03′29″L / 33.739722, 73.058056
Orixe  aeroporto de Jinnah
Destino  aeroporto Benazir Bhutto
Finados  152
Aeronave
Tipo de aeronave Airbus A321-231
Operador  Airblue
Rexistro  AP-BJB
Pasaxeiros  146
Tripulación  6
Superviventes  0

Foi o primeiro accidente con vítimas mortais dun Airbus A321, unha variante longa do Airbus A320. Baseada en Islamabad, Airblue é a segunda aeroliña máis grande de Paquistán, con máis do 30% do mercado doméstico. No momento do accidente a aeroliña operaba sete avións, todos da familia A320.

Avión

O aparello implicado no accidente era un Airbus A321-231, con rexistro AP-BJB. O avión fora construído no ano 2000, e tiña o número de serie 1218. Este foi o primeiro accidente fatal do A321, e a segunda perda do tipo. O avión fora entregado orixinalmente a Aero Lloyd e fora usado por Aero Flight antes de pasar á frota de Airblue en 2006. O aparello acumulaba máis de 34 000 horas de voo nuns 13 500 ciclos. A aeronave fora golpeada por un lóstrego o 30 de decembro de 2008.

Notas

Tags:

201028 de xulloAirbus A321IslamabadPaquistán

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fernando Grande-MarlaskaArxentinaRaquel AtanesSevillaJuan Jacobo Durán LorigaEstíbaliz EspinosaHelena SalgueiroTarragonaManuel Curros EnríquezLO comparativo galegoIrúnAna María Fernández MartínezCarlos Blanco VilaFrancisco Porto MellaMaría do Socorro Ortega RomeroEsther EstévezCogomeloPaleolíticoFerroAtlánticaBambú ProduccionesPampallínRede privada virtualMaría Isabel Castro BarreiroColocación do pronome átono en galegoAlfonso RuedaÁureoCayetana Guillén CuervoGuerras púnicasIsabel PantojaHorteláGheadaLuka ModrićRelación sexual humanaSéculos EscurosErnesto ChaoLista de concellos da CoruñaIria MorgadeMichael DouglasFernando EstesoTotó GarcíaEl laberinto del faunoElla Baila SolaCandela PeñaEstrella GaliciaSeptimio SeveroZarracós, A MercaJosé Luís Valladares FernándezMitoloxía galegaEstadio Municipal de AnoetaXosé Antonio TouriñánToledoAsunta Basterra PortoVigoTranvía de ZaragozaCarl Theodor DreyerGerardo Pardo de VeraMediaWikiPornografíaAccidente de ChernóbilAlberte PagánFederico García LorcaSuleiman ISantiago AbascalFelipe de Marichalar y BorbónGrupo EroskiProxyIvana BaqueroJosé Pablo del Bado RivasHarvey WeinsteinShaquille O'NealXestaXestión de dereitos dixitaisDodecágonoPanteón de Galegos IlustresAgulla (peixe)🡆 More