Islamabad

A cidade de Islamabad (en urdú ‏اسلام آباد que significa: Cidade do Islam) é a capital de Paquistán.

Está situada ao nordés do país, no Territorio da Capital Islamabad. Historicamente parte do territorio formaba parte da rexión do Punjab e outra parte de Khyber Pakhtunkhwa. Ten unha poboación de 1 151 868 habitantes (resultados preliminares do censo de 2011) .

Modelo:Xeografía políticaIslamabad
اسلام آباد‬‎ (ur) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aIslam e -abad Editar o valor em Wikidata
Localización
 33°41′56″N 73°02′13″L / 33.6989, 73.036973°02′13″L / 33.6989, 73.0369
EstadoPaquistán
División administrativaTerritório da Capital Islamabad (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Paquistán (1966–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.014.825 (2017) Editar o valor em Wikidata (1.120,12 hab./km²)
Xeografía
Superficie906 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude490 m-620 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1960 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoSheikh Ansar Aziz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal44000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico051 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webislamabad.gov.pk Editar o valor em Wikidata

Historia

En 1958 decidiuse escoller unha comisión para elixir unha nova capital do novo estado que substituíra a Karachi a ao ano seguinte decidiuse por unha zona a 15 km ao nordés de Rawalpindi. Un grupo de urbanistas, baixo a dirección do grego Constantinos A. Doxiadis, foi encargado do deseño da nova urbe. O 24 de febreiro de 1960 o goberno paquistaní decidiu darlle o nome de Islamabad e no ano 1961 comezaron as obras.

No ano 1967, Islamabad converteuse xa oficialmente na capital do Paquistán. En 1970 remataron os traballos de construción.

En outubro de ano 2005 a cidade viuse afectada polo terremoto que sacudiu o subcontinente indio.

Xeografía e clima

Islamabad está situada no altiplano de Pothohar, a unha altura entre 457 m e 610 m, ao sur dos Altos de Margalla, a uns 15 km da cidade de Rawalpindi (antiga capital do país entre 1959 e 1968) e tamén cerca da de Gakhar.

O clima está en parte regulado por tres lagos artificiais (Rawal, Simli e Khanpur), mais é con todo un clima extremo, con veráns moi calorosos e con choivas monzónicas en xullo e agosto; os invernos son moi fríos con nevaradas frecuentes sobre os altos e máis raras na cidade. As temperaturas oscilan entre un mínimo de -3,9 °C en xaneiro e un máximo de 46,1 º no mes de xullo.

Demografía

  • Censo de 1981 - 204.364 habitantes .
  • Censo de 1998 - 529.180 habitantes (censo oficial)
  • Cálculos para 2006 - 794.531 habitantes.
  • Resultados preliminares do censo de 2011 1 151 868 habitantes

Turismo

  • Área Azul, o centro financeiro de Islamabad.
  • Avenida da Constitución.
  • Monumento Nacional, preto de Shakarparian.
  • Mesquita de Faisal, un dos monumentos emblemáticos de Islamabad's most; unha grande mesquita, agasallo do rei Faisal da Arabia Saudita.
  • Altos de Margalla, outeiros que arrodean a cidade.
  • Museo Lok Virsa.
  • Museo de Historia Natural do Paquistán.
  • Museo de Islamabad.
  • Galería Nacional de Arte.

Notas

Tags:

Islamabad HistoriaIslamabad Xeografía e climaIslamabad DemografíaIslamabad TurismoIslamabad NotasIslamabad2011IslamPaquistánPunjabUrdú

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lingua latinaFoo FightersIsabel Díaz AyusoDonicelaExostoseGalizaUceiraPili PampínWiki CommonsDavid CiveraEnfermidadeMar CantábricoBanda de Gaitas Lembranzas / Coral Aires de Bergantiños (Fonoteca 92)Estruga maiorSegunda guerra mundialTranscriptase inversaÁreas lingüísticas do galegoJosé Luis GilPorto, PortugalXogos Olímpicos de Pequín 2008Asistencia sanitariaVerínCastro CaldelasBilbaoSantillana del MarMarta EturaParacelsoCSSCurtisAna Rosa QuintanaNicolás MaduroDavid BroncanoGuepardoPaís VascoInmunoglobulina EArquitectura do RenacementoAntón LopoUnión SoviéticaContactorSleim AmmarEdward SnowdenCampos de concentración franquistasPartido Popular de GaliciaCastela-A ManchaCristiano Ronaldo22 de marzoQandeel BalochBiblioteca Nacional da República ChecaCunnilingusAnxo ArcaAlerxiaEspañaEstremaduraBorder CollieMedicinaNoelia ReyPosicións sexuaisMiguel Ángel Zabalza BerazaNicolao de MiraA LamaCosta do MarfilDineínaEstreleiraRío NaviaChantadaMr. TEscociaSelección de fútbol de FranciaRosa ParksPosición do canBarcelona6 de outubro🡆 More